Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: o empate no Pinguel deixa ó Mazaricos só á fronte

2ª Galicia: o empate no Pinguel deixa ó Mazaricos só á fronte
Queda só á fronte da tabla o Mazaricos, como único equipo que suma por vitorias todos os seus partidos, pois o Ponteceso igualou co Muxía e cedeu os seus primeiros puntos. O Corme venceu o Monte Louro e segue os pasos do líder, completando ese cuarteto de cabeza. Na zona baixa o Lira non levanta cabeza e caeu con contundencia ante un rival directo como é o Buño, o Ameixenda caeu derrotado ante o Volantes e o Cee o sábado en Cerqueda. CORME C.F. 3 - U.D.  MONTE LOURO 0 FOTO EDU OLVEIRA CORME CF: Illote, Jesús, Javi Peón, Pandi, Eloy Villar, Manu Bermúdez, Adrián Doldán, Alejo, Brais Pombo, Toniño e Brais Torrado. Tamén xogaron Samu Costa, Alejandro, Angel e Fabián. UD MONTE LOURO: Fer, Abel, Pedro, Manolo Chouza, Borja, Yeray, Pesco, Dani Corniños, Dani de SAhorta, Juan de Celia e Sambade. Tamén xogaron Geiko, David, Samuel e Pablo Vidal. GOLES: 1-0 31´Alejo   2-0 63´Adrián Doldán   3-0 70´Toniño FOTO EDU OLVEIRA Levouse o Corme o seu encontro co Monte Louro mostrando unha gran pegada cara a gol. Os de Louro saíron respondóns, tiveron ocasións iniciais de Pesco e Juan de Celia. Pero o que fallaron os de Louro non o fixo Alejo, que anotou o primeiro tanto coa súa pericia habitual. Reclama o Monte Louro un penalti de Illote a Geiko, e unha boa contra do Corme serviu para anotar o segundo tanto. Baixou os brazos o Monte Louro e recibiu o terceiro tanto por medio de Toniño. PUENTECESO S.D. 0 - MUXÍA C.F. 0 PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Moscoso, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Recarey, Juanma, Mendieta, Ismail, Luca e Charro. Tamén xogaron Iván, Eloy Trigo, Eloy Alvarez e Aday. MUXÍA CF: Hugo, Tomás, Michael, Brais Mouzo, Conguito, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Gora, Manu Nogueira, Mauro e Santi. Tamén xogaron Mario, Julián, Isma Pose e Toja Partido de moita intensidade no Pinguel. O Ponteceso fixo un bo primeiro tempo pero atopouse co meta visitante Hugo. No segundo tempo o Muxía igualou un pouco o partido e as ocasións de gol, pero as defensas e os gardametas estiveron acertados e a igualada inicial non se moveu. C.D. MUROS 0 - C.D. BAÍÑAS 4 CD MUROS: Xandre, Banana, Paki, Yerai, Nieto, Gael, Alex Siaba, Eloy, Xavier, Alvarito e Daniel. Tamén xogaron Berni, Gabo, Xoaquín e Bruno. CD BAÍÑAS: Jacobo, Rodri, Naya, Ramón, Luis Alvite, Mayor, Canosa, Pablo Muíño, Javi Souto, Oreiro e Toño. Tamén xogaron Víctor, Capote, Samuel e Paulo GOLES: 0-1 52´Pablo Muíño   0-2 67´Luis Alvite   0-3 83´Paulo   0-4 84´Víctor Despois dun primeiro tempo igualado e con reparto de opcións de gol, o encontro sentenciouse no segundo acto. Foi Pablo Muíño o que abriu a lata no Eleuterio Balayo. A partir dese gol o encontro foi dominado polo Baíñas, e Luis de disparo de falta anotou o segundo. A anécdota da xornada veu co gol de Paulo, gardameta visitante que nesta ocasión ocupou posto na dianteira e foi quen de anotar o terceiro tanto. O cuarto, para redondear a goleada, foi de Víctor. U.D. CERQUEDA 2 - U.C. CEE 0 UD CERQUEDA: Diego Dourado, Martín Añón, Dani, Javi Souto, Marcos Pensado, Michel, Lorenzo, Manu Guillamet, Dieguito, Javi Pazos e Molinos. Tamén xogaron Méndez, Jonathan, Gonzalo e David Dourado. UC CEE: Maikel, Dani Freire, Pablo, Berto, Aitor, Carlos Leis, Brais, Esteban, Chema, Luis Lojo e Iván. Tamén xogaron Jon, Martín e Leo. GOLES: 1-0 39´Manu Guillamet   2-0 90´Dieguito Partido igualado o xogado o sábado en Xaviña, con un Cee con mala sorte de cara á porta rival, e un Cerqueda moi compacto, que vai hacia arriba en xogo e resultados. No primeiro tempo dous paos, un por cada equipo, e un gol, o de Manu Guillamet, para irse ós vestiarios. No segundo tempo o Cee atacou pero o Cerqueda defendeu ben a vantaxe e sentenciou ó final co gol de Dieguito. LIRA C.F. 0 - BUÑO S.D. 4 LIRA CF: Raúl, Jano, Cristian, Jose, Porto, Badara, Gabri, Oliver, Sieira, Cristian Caamaño e Toni. Tamén xogaron Borja, Chema e Manuel. BUÑO SD: Brais, David Alvarez, Eloy, Fran, Borja Gándara, Zinho, Alexander, Posiño, Pablo, Matías e Juan Antelo. Tamén xogaron Petis, Miguel, Manuel e Emilio. GOLES: 0-1 13´Juan Antelo   0-2 27´Borja Gándara   0-3 86´Posiño   0-4 89´Zinho Mala tarde do Lira en Lombáns. O inicio foi prometedor para os locais pero unha boa xogada de Borja Gándara asiste a Antelo para facer o primeiro da tarde. O propio Borja Gándara, destacado nos visitantes, anota o segundo. O Lira protesta unha xogada de penalti que o colexiado saca fora da area. O segundo tempo foi igualado, co Buño controlando sempre o ritmo do partido ó seu antollo. Nos últimos minutos redondeou a goleada, quizais algo abultada, pero xusta vitoria do Buño. S.D. AMEIXENDA 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 4 SD AMEIXENDA: Bruno, Deme, Samu, Javichu, Camacho, Chucho, Castreje, Bicho, Tomás, Piquero e Susiño. Tamén xogaron Saulo, Adán, Juanfran, Pablo e Cristian. VOLANTES DE BAÑO FC: Marcos, Dani, Mou, Thiago, Cajulo, Pardelo, Raúl, Santi, Godo, Pesco e Jose. Tamén xogaron Juan do Sivil, Rachón, Rapante e Tico. GOLES: 0-1 2´Pesco   0-2 47´Pesco   0-3 53´Pesco   1-3 80´Castreje   1-4 89´Rapante Xusta vitoria do Volantes empañada pola lesión de Jose Rama no xeonllo producida antes do descanso. No aspecto deportivo o Ameixenda pagou a ausencia de Riolo, e tivo que poñer a un xogador de campo de porteiro, Bruno. Na primeira xogada Pesco anotou o tanto inicial, e os locais xa foron a remolque. Aínda así, con garra e bo fútbol, o Ameixenda creo ocasión para igualar pero non o lograron. Pesco sentenciou o encontro na reanudación, aínda que Castreje acortou distancias, non houbo reacción do Ameixenda ante un superior Volantes. SPORTING ZAS 3 - S.D. SAN LORENZO 0 SP. ZAS: Adrián Vázquez, Fabián, Miguel, Amado, Josito, Juan Lois, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes e Manu Fuentes. Tamén xogaron Santi Casas, Rubén, Alvaro e Pablo Vidal. SD SAN LORENZO: Benjamín, Fidalgo, Rudi, Luciano, Pablo Díaz, Yago Varela, Alex Fernández, Mario, Fuentefría, Jose e Diego Varela. Tamén xogaron Brais Cancela e Dani Cotelo. GOLES: 1-0 75´Manu Fuentes   2-0 78´Dani Mato   3-0 89´Manu Fuentes Primeira parte igualada en San Andrés con reparto de ocasións de gol. Juan Lois estrelou unha falta na cruceta, na máis clara dos locais. Os visitantes tiveron unha boa ocasión de Mario e outra nun saque de banda peinado por Diego Varela que entre Adrián e o pao evitaron o gol. No segundo tempo marrou Fuentefría un man a man co meta local, e o Zas non perdoou nos últimos intres. Manu aproveitou un disparo de Dani Mato para transformar o rexeite, e o propio Dani cun gran disparo anotou o segundo. Manu sentenciou co tempo cumplido, cando xa o Zas xogaba con 10 por expulsión de Pablo Fuentes. MAZARICOS C.F 4 - S.C.D. MALPICA 0 MAZARICOS CF: Miguel, Cutu, Borja, Danis, Roberto, Oreiro, Pereiro, Mario, Ricardo, Barbeira e Estéfano. Tamén xogaron Raúl, Yago Dosil, Chiki e Alvite. SCD MALPICA: Toni, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Migueliño, Marcos, Gonzalo Vilariño, Alberto, Dani Casal e Martín. Tamén xogaron Aitor, Andy e Roberto. GOLES: 1-0 58´Estéfano   2-0 76´Yago Dosil   3-0 86´Raúl   4-0 87´Chiki Aguantou o Malpica o fútbol local o primeiro tempo, pero o segundo tempo foi un recital dos locais, o líder da competición, que anotou o primeiro tanto de dende ahí foi un ciclón ante un Malpica impotente para conter o fútbol dun Mazaricos pletórico de forza e moral. Destacar que nos momentos previos ó encontro o Mazaricos quixo apoiar a reivindicación de Alcoa para que non se cerre a planta de Coruña.

Comentarios