Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: o Muxía vence no partido de favoritos

2ª Galicia: o Muxía vence no partido de favoritos
Vaia xornada a desta semana na Liga da Costa. Partidazos en case todos os campos, encontros que semellan finais cando non fai máis que empezar a pelexa, e goles a mansalva. POnteceso e Mazaricos non fallaron e quen sí o fixo foi o Corme, nun partidazo en Muxía. Buño e Cerqueda firmaron un derbi de locos, con goles e alternancias, así como Volantes e Lira. Malpica, SAn Lorenzo e Cee aproveitaron a vantaxe de campo para imporse nos seus encontros. MUXÍA C.F. 2 - CORME C.F. 1 MUXÍA CF: Hugo, Michael, Brais Mouzo, Conguito, Pereira, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Santi, Isma Pose, Tomás e Mauro. Tamén xogaron Toja, Gora, Gerardo e Víctor Alcaina. CORME CF: Suso, Jesús, Eloy, Manu Bermúdez, Adrián Doldán, Alejo, Lucas, Toniño, Javi Peón, Fabián e SAmu Costa. Tamén xogou Sergio Sueiro. GOLES: 1-0 17´Manu Nogueira   2-0 24´Conguito   2-1 70´Alejo Foi expulsado Pereira 60´ Vaia partidazo o vivido en Arliña entre dous dos mellores equipos da categoría. Dominio inicial do Muxía, que saíu moi forte e metido no encontro, e así ó cuarto de hora Manu Nogueira adiantou ós locais no marcador. Pouco despois un gran disparo de Conguito significou o segundo gol do encontro. Despois do descanso foi cando vimos ó Corme que todos coñecemos, dominador, atacante e favorecido pola expulsión de Pereira acosou a meta de Hugo. Acortou diferencias Alejo e Lucas mandou unha falta ó pao, pero o marcador xa non se movería ata o final. C.D. BAÍÑAS 1 - PUENTECESO S.D. 3 CD BAÍÑAS: Paulo, Naya, Ramón, Luis Alvite, Mayor, Canosa, Esteban, Pablo Muíño, Víctor, Hermida e Toño. Tamén xogaron Rodri, Oreiro, Javi Souto, Samu e Capote. PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Martín Puente, Moscoso, Luca, Dani Cotelo, Eloy Trigo, Recarey, Charro, Iván Rodríguez, Moreira e Ismail. Tamén xogaron Matías, Luis, Iago e Aday GOLES: 0-1 30´Recarey   0-2 36´Luis Alvite en pp   1-2 44´Pablo Muíño   1-3 79´Iago Foi expulsado Esteban no 58´ Gran vitoria dun Ponteceso imparable ante un Baíñas que no da atopado o seu mellor fútbol. Á media hora Alberto Recarey aproveita un balón morto na area para anotar o primeiro tanto. E pouco despois unha desafortunada xogada para os locais, na que tras un disparo que dou no pao o balón bate en Luis Alvite e introdúcese na portería, significa o segundo gol pontecesán. Pablo Muíño mandou un balón ó pao pouco antes de anotar o 1-2 co que se chegou ó descanso. No segundo tempo a expulsión de Esteban e o terceiro gol de Iago tras unha indecisión da defensa local foi demasiado lastre para un Baíñas peleón, que tivo opcións nas botas de Pablo Muíño para acercarse no marcador pero que cedeu os puntos ante un gran Ponteceso. U.C. CEE 3 - C.D. MUROS 1 UC CEE: Maikel, Jorge, Pablo, Berto, Aitor, Carlos Leis, Brais, Esteban, Chema, Luis Lojo e Patera. Tamén xogaron Samuel e Alex CD MUROS: Xandre, Berni, Juachy, Yerai, Gael, Pedro, Alex Siaba, Ra, Xavier, Pelos e Alvarito. Tamén xogaron Dani, Nieto, Gabo e Bruno. GOLES: 1-0 20´Patera   2-0 40´Berto   2-1 56´Xavier   3-1 89´Luis Lojo Foron expulsados Patera 77´e Pelos 89´ Vitoria balsámica do Cee ante un rival directo que llo puxo moi difícil, nun tenso encontro que acabou cun expulsado por bando. Adiantouse o equipo local por medio de Patera e a pouco do descanso Berto aumentou a conta. Reduciu distancias o Muros nada máis saír do descanso e ó quedar o Cee con 10 homes acosaron na busca do empate. Pero o gol de Luis Lojo case contra o final sentenciou o encontro. BUÑO S.D. 5 - U.D. CERQUEDA 5 BUÑO SD: Brais, David Dourado, David Alvarez, Eloy, Fran, Borja Gándara, Zinho, Alberto, Simón, Posiño e Juan Antelo. Tamén xogaron Matías, Manu, Miguel Dourado e Alexander. UD CERQUEDA: Diego Dourado, Marcos Pensado, Martín Añón, Dani, Javi Souto, Dieguito, Michel, Molinos, Xulián, Lorenzo e Martín Castro. Tamén xogaron Méndez, Manu Guillamet, Bastón, Jonathan e David Dourado. GOLES: 1-0 20´Zinho   2-0 30´Juan Antelo de pti   3-0 36´Borja Gándara   3-1 51´Javi Souto   3-2 58´Dieguito   3-3 65´Manu Guillamet   4-3 78´Alexander   4-4 86´Dieguito   4-5 87´David Dourado 5-5 89´Zinho Locura en Xaviña. O derbi malpicán entre Buño e Cerqueda, equipos que comparten campo para adestrar, convertiuse nunha oda ó fútbol de ataque e un festival de goles, con xiros impredecibles e igualada final que non deixa contento a ningún dos dous equipos. Nun primeiro tempo cheo de efectividade o Buño foise ó descanso con 3 tantos de vantaxe merced ós goles de Zinho, Juan e Borja Gándara. Pero non é o Cerqueda un equipo que baixe os brazos, e nun incrible arranque de segundo tempo remontou o encontro. O treito final foi de locos, a cada gol do Buño respostou o Cerqueda e viceversa nun encontro dos que creíamos esquecidos no fútbol costeiro. VOLANTES DE BAÑO F.C. 3 - LIRA C.F. 3 VOLANTES DE BAÑO FC: Marcos, Mou, Thiago, Cajulo, Pardelo, Raúl, Godo, Pesco, Iván, Miguel e Saúl. Tamén xogaron Daniel, Riki, Rapante e Yeray. LIRA CF: Raúl, Jano, Jose, Porto, Badara, Gabri da Anchoa, Oliver, Cristian, Deme, Borja e Toni. Tamén xogaron Sieira e Manu Maceiras.  GOLES: 1-0 10´Cajulo   1-1 16´Jano   2-1 44´Thiago   2-2 46´Cristian   2-3 60´Cristian   3-3 85´Pesco Igualaron Lira e Volantes nun amigable derbi, que acabou en empate gracias a un gol de Pesco a pouco do final, frustrando as aspiracións dun Lira que posiblemente no computo global fora superior ó seu rival. Aínda así tivo que ir sempre a remolque dos de Sil, que se adiantaron por duas veces no marcador, pero Cristian con dous tantos no segundo tempo remontou o encontro, antes do definitivo tanto de Pesco que repartía os puntos en xogo. S.D. SAN LORENZO 3 - S.D. AMEIXENDA 1 SAN LORENZO: Rubén, Rudi, Luciano, Diego Varela, Jose, Fuentefría, Mario, Alex, Brais Cancela, Pablo Garrido e Pablo Díaz. Tamén xogaron David Lorenzo, Yago Varela, Fidalgo, Dani Cotelo e Alberto. SD AMEIXENDA: Oscar Riolo, Adan, Po, Samu, Javichu, Camacho, Chucho, Castreje, Bicho, Piquero e Susiño. Tamén xogaron Tomás, Yago, Juan e Cristian. GOLES: 1-0 29´Fuentefría   1-1 44´Susiño   2-1 63´David Lorenzo   3-1 90´Dani Cotelo Partido moi entretido en Verdillo, onde o Ameixenda foi quen de competir ata os intres finais nos que sentenciou o San Lorenzo. Dominou o San Lorenzo de inicio e tras un par de ocasións un centro lateral foi rematado por Fuentefría a gol. Buscou o empate o Ameixenda e atopouno antes do descanso nun córner rematado por Susiño. Nun segundo tempo de alternancias foi o San Lorenzo o que atopou o gol nun erro do Ameixenda que aproveitou David Lorenzo. Os locais defendéronse ben e sentenciaron o encontro con gol de Dani Cotelo case que co tempo cumplido. S.C.D. MALPICA 3 -SPORTING ZAS 1 SCD MALPICA: Toni, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Migueliño, Marcos, Gonzalo, Brais Lado, Dani Casal e Martín. Tamén xogaron Alberto, Jorge, Roberto e Andy. SP. ZAS: Adrián Vázquez, Josito, Juan Lois, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo, Alex, Fabi, Manu Fuentes e Santi Casas. Tamén xogaron Miguel, Estefan, Rubén, Daniel Suárez e Alvaro. GOLES: 0-1 2´Santi Casas   1-1 37´Mante   2-1 55´Dani Casal   3-1 82´Dani Casal Foron expulsados Estefan e Daniel Suárez polo Zas no 90´e Jorge polo Malpica. A pesar de adiantarse na primeira xogada, o Zas non foi quen de manter a vantaxe e caeu derrotado en Malpica polo cadro local. Tras o gol de SAnti Casas o Malpica dominou o encontro, e Dani Casal e Brais Lado tiveron ocasións boas, mentras que Rubio disparou alta unha falta na mellor dos visitantes. Mante ó rematar un córner logrou a igualada. O Malpica foi mellor no segundo tempo, e un disparo de MArtín bateu no pao tras tocalo Adrián Vázquez. Dani Casal de córner directo e nunha contra sentenciou o encontro. A dureza que imperou no encontro tivo o seu desenlace no final do partido, nunha tangana na que foron expulsados tres xogadores. U.D. MONTE LOURO 0 - MAZARICOS C.F. 3 FOTO EDU OLVEIRA UD MONTE LOURO: Fer, Pablo, Abel, Manolo Chouza, Borja, Adrián, Ivi, Yeray, Geiko, Pesco e Sambade. Tamén xogaron Dani de Sahorta, Gelo, Dani Corniños, Minos e Isma. MAZARICOS C.F.:  Miguel, Cutu, Amoedo, Ricardo, Barbeira, Estéfano, Oreiro, Piki, Danis, Chiki e Raúl. Tamén xogaron Mario, Roberto, Carreira, Yago Dosil e Alvite. GOLES: 0-1 29´Piki   0-2 36´Chiki   0-3 79´Barbeira de pti Vitoria do Mazaricos ante un Monte Louro moi condicionado polas baixas no que ata o porteiro suplente Isma tivo que saír de dianteiro os últimos minutos, ante a plaga de lesións que sufren os de Oscar Leis. Os de Louro deron guerra na primeira media hora, ben plantados e complicándolle a vida ós de Amoedo. E incluso se puideron adiantar cun par de ocasións de Adrián e Geiko. Foi o Mazaricos o que no perdoou e con tantos de Piki e  Chiki deixou o partido sentenciado antes do descanso. Os de Louro tiveron opcións de meterse no partido cun disparo de Gelo que bateu no pao, pero o Mazaricos defendeu ben e de penalti Barbeira anotou o definitivo terceiro tanto. FOTO EDU OLVEIRA    

Comentarios