Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Carnota campión, Cerqueda na Fase e Coristanco fóra da loita

3ª Autonómica: Carnota campión, Cerqueda na Fase e Coristanco fóra da loita

A falta de unha xornada para o final, e coa avalancha de partidos máis grave superada coma se fosemos profesionais disto, que diría Manuel Varela, o Carnota puido cantar o alirón ao aproveitar o empate do Outes en Cabana, e ao ter o golaverage individual a favor.

Así, a única loita aberta, pero xa case decidida, para a derradeira xornada serán as 2 prazas de ascenso, unha vez que o Cerqueda rubricou a súa presencia na Fase de Ascenso tras vencer en Lira. O que queda fóra defintivamente é o Coristanco (descansa na última xornada) que non podía pasar do empate no trascendental partido co Volantes.
Así, a vindeira semana Volantes, Montelouro e un sorprendente polo seu sprint final Porteño xogaranse todo na última xornada. Os dous equipos muradáns téñeno de cara pois reciben ao Pereiriña e ao Muxía, dous equipos desauciados que non se xogan nada. O Porteño esperará un erro sempre que gañe ao Laxe.

Carnota - Independiente (6-1)

  • CARNOTA: Peipo, Manolo, Sergio, Pedro, David (Boni, min.70), Manuel Luís (Gabriel, min.72), Jacobo (Andrés, min.60), Rodrigo, Tono da Caixa, Casti (Urko, min.65) e Manoliño.
  • INDEPENDIENTE: Dani, Javier, Yuni, Carlos, Gustavo, Moreno, Cholo, Rafa, Brais, Roberto e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.15: Tono da Caixa; 2-0, min.35: Manoliño, de penalti; 2-1, min.55: Gustavo; 3-1, min.65: Tono da Caixa; 4-1, min.70: Manolo Chouza; 5-1, min.80: Casti; 6-1, min.85: Manolo Chouza.
Paseo para o Carnota que non atopou resistencia nun oponente que non atopa xente para poder xogar e presentouse con tan só 11 xogadores e sen porteiro. O golaverage a favor do equipo de Cambeiro co Outes dálle o título de liga a falta dunha xornada para o final.

Camelle - Soneira B (4-1)

  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Adrián, min.50), Mauri, Manuel, Valiña, René (Diego, min.75), Tedín (Buri, min.60), Jose (Alvaro Pantera, min.70), Sergio (Coruña, min.80), Barreiro e Mario
  • SONEIRA B: Toniño, Chans, Chuchi (Pichón, min.60), Alberto, Curra, Héctor, Cristian de Cereixo, Dani, Félix, Cristian de Carantoña e Richi.
  • Goles: 1-0, min.15: Jose; 2-0, min.30: Barreiro; 3-0, min.35: Mario; 3-1, min.60: Cristian de Cereixo, de penalti; 4-1, min.75: Sergio.
  • Expulsión: Un xogador local (min.90)
Sen nada en xogo e cos locais moi enchufados neste treito final de liga os puntos quedaron en Camariñas.

Atl. Pereiriña - Montelouro (1-4)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Javichu, Fandiño, Grille, Mateo, Adán (Javi, min.75), Alex, Víctor, Néstor, Rafa e Poki.
  • MONTELOURO: Isma, Bolo, Chema, Canelo, Pablo (Dani, min.75), Fernando, Denís, Pesco (Raúl, min.65), Rico (Jose, min.80), Mingos e Geico (Jaro, min.70).
  • Goles: 1-0, min.10: Néstor; 1-1, min.44: Geico; 1-2, min.60: Geico; 1-3, min.75: Rico; 1-4, min.83: Dani.
Pasouno mal o Montelouro na primeira metade, pero na segunda soubo repoñer e certificou unha vitoria que practicamente lle certifica a clasificación para o playoff. Para a semana, unha vitoria fronte ao Muxía dálle a clasificación, un empate non lle chegaría si o Porteño lle gaña ao Laxe e o Volantes puntúa co Atl. Pereiriña, pois o equipo de Canelo e Edu teñen o golaverage perdido cos da Ponte.

Xaviña - Porteño (0-1)

  • XAVIÑA: Pablo, Chiriví, Sergio, Juan Antonio, Rubén, Carlos, Caamaño, Elvis, Maikel (Adrián, min.55), Dani, Martín.
  • PORTEÑO: Asiel, Oscar (Brais, min.46), Pejo, Iago Carril, Brais, Ismael, Asier (Cousillas, min.70), Yago da Ponte (Piti, min.60), Tajes, Jorgito e Wi (Pirucho, min.60)
  • Gol: 0-1, min.87: Ismael.
Apurou ata o final o Porteño para levarse os tres puntos ante os veciños de Xaviña. O equipo de Gerpe levou a iniciativa en todo momento e gozou de numerosas ocasións de gol, aínda que o gol non chegaría ata a falta de cinco minutos para o final. A vitoria do Montelouro o sábado e do Volantes onte deixan con moi poucas opcións aos da Ponte que teñen que gañar e esperar un tropezo de Montelouro, chégalle cun empate, ou do Volantes, este ten que perder.

Muxía - Corcoesto (2-2)

  • MUXÍA: Jose Antonio, Miguel Camarón, Carrera, Currás (Arxires, min.46), Pataca (Jose Ramón, min.46), Ziro, Gerardo, Raúl, Pesqui, Martinciño e Felipe (Antoniño, min.65).
  • CORCOESTO: Siro, Pablo, Miguel, Edelmiro, Germán, Longo, Javi, Martín e Miguel.
  • Goles: 1-0, min.24: Pataca; 1-1, min.49: Longo; 1-2, min.69: Miguel; 2-2, min.76: Pesqui.
Partido sen historia na Arliña onde os visitantes se presentaron a xogar con tan só 9 xogadores, e con algún que outro peto, e sacaron un empate que incluso puido ser máis, pois fallaron ao final dúas claras ocasións de gol.

Laxe - Alcaián (2-0)

  • LAXE: Diego, Darío, López, Óscar, Ventura, Jacinto (Aarón, min.46), Samuel, Iván Ferreiro, Adrián, Illote e Jacobo (Roi, min.46).
  • ALCAIÁN: Rizos, Paris, Portillo, Rubén, Diego, Souto, Víctor, Pichel (Víctor Pazos, min.55), Diego, Tote e Daviciño.
  • Goles: 1-0, min.48: Darío, de penalti; 2-0, min.75: Samuel, de falta directa.
Con moitas baixas polas expulsións e as lesións, o Laxes tivo que formar con tres porteiros no once inicial. O partido non tivo moito ritmo, pois o alcaián xogaba con traquilidade de se clasificar para o Copa o sábado, mentres que o Laxe con tantas baixas custoulle coller ritmo. Ao final os locais leváronse os tres puntos con dous goles a balón parado. Darío transformaba unha pena máxima feita a el, mentres que Samuel facíao de falta directa.

Lira - Cerqueda (0-3)

  • LIRA: Santi, Michelón, Fran de Muros, Pelexo, Gerai (Oscar, min.60), Manolo, Gabri, Yago, Ancho, Fran Perico e Suso Perico.
  • CERQUEDA: Fredi, Rober (Juanjo, min.67), Javi, Dani, Javi pazos, Santi, Manu, Lorenzo (Jorge, min.65), Dani Añón (Athu, min.55), Alex e Dieguito (You, min.60).
  • Goles: 0-1, min.11: Dieguito.
Trala noticia pola semana de que prosperaba o recurso presentado fronte ao Xaviña, este partido ao Cerqueda tan só lle servía para certificar a cuarta praza e asegurarse enfrontarse ao quinto ou sexto no playoff de ascenso. Non perderon a ocasión os pupilos de Raúl Periscal que se viron axudados polas facilidades dos locais e sentenciaron o encontro na primeira metade. Dieguito abriu o marcador cun tiro dende a frontal, logo unha indecisión entre defensa e porteiro foi aproveitada por Alex para facer o segundo e xusto antes do descanso, un córner, Fran de Muros marcaba de cabeza en propia porta. Na segunda metade o Lira apretou un pouco máis, pero non chegou a poñer en perigo a vitoria visitante. Os locais desaproveitaron unha pena máxima lanzada por Fran Perico e detida por Fredi (min.56).

Cabana - Outes (2-2)

  • CABANA: Añón (Sergio, min.70), Pancho, David, Jose, Moreno (Eloi García, min.60), Sandro, Micky (Jacobo, min.55), Eloi Pereira, Rubén Rama (Pablo, min.55) e Iván Mato.
  • OUTES: Gato, Alvaro, Martín, Debé (Edu, min.68), Chúa, Poke (David, min.46), Arturo, Fabio (Kin, min.46), Deivi, Pesco e Fernando (Damian, min.79)
  • Goles: 0-1, min.10: Marcos en propia porta; 1-1, min.30: Micky, de falta directa; 2-1, min.59: Sandro; 2-2, min.88: Martín.
Acabouse a loita pola liga para Outes, tentaron de todas as maneiras, pero o Cabana coa tranquilidade de non ter nada en xogo conseguiron levar o choque ao seu terreo e desquiciar coa lentitude do partido aos visitantes que non fixeron o seu mellor partido. Pablo Mallón contou con ata cinco xuvenís.

Coristanco - Volantes (2-2)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Arantón, Marcos, Morientes, Luís, Sergio (Carlos, min.46), Adrián (Mallón, min.70), Pazos (Benitez, min.46), Edgar, Torreira e Carliños.
  • VOLANTES: Yago, Fran, Paqui, Juan, Mou, Brais, Nimo (Pardelo, min.20), Ramón, Piti (piru, min.80), Ivi (Javi, min.80) e Edu (Maikel, min.70)
  • Goles: 0-1, min.55: Piti; 0-2, min.60: Juan; 1-2, min.80: Benítez; 2-2, min.88: Edgar.
  • Expulsión: O visitante Paquy (min.70) con cartón vermello directo por protestar.
Acabouse o soño do Coristanco de loitar polo ascenso e tamén a tempada, pois o sábado caeron na Copa e como lles toca descansar na última xornada de liga, xa toca pensar e planificar a próxima campaña. O míster Da Silva dubida da súa continuidade para o ano que vén e manda unha felicitación a todos os equipos que estiveron na loita con eles para acadar os postos de playoff. No deportivo, o partido estivo moi aberto e os locais volveron a pecar de falta de puntería, os de Volantes laianse de marchar cun empate logo de ir gañando 0-2.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios