Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Destácase o Montelouro

3ª Autonómica: Destácase o Montelouro

Van tres xornadas e tan só un equipo foi capaz de gañar os 3 partidos, o Montelouro. Isto é un claro exemplo da igualdade que hai na Terceira e de que en calquera campo se poden perder puntos. Non pasou sen efecto o desgaste da Barca e na maioría dos campos se viu un baixón físico considerable. O Volantes segue goleando na casa e desfíxose sen problema dun mermado Xaviña.
O Outes deixou escapar unha vitoria que tiña amarrada a cinco minutos do final e cede no liderato. Cabana e Porteño gañaron pola mínima e conseguen manterse na parte alta da clasificación.

Notas tristes na xornada

Ademais, a xornada chega cargada de emotividade, xa que se no Pindo choran a morte dun tío dun directivo e dun xogador, por Buño, a familia futbolera está de loito polo pasamento repentino a pasada tarde-noite do luns, da nai dun grande goleador da "liga da costa" e, moitos anos a servizo da SCD Malpica, tanto coma futbolista coma de adestrador, actualmente adestrador da SD Buño: Esmorís. O enterro será este martes ás 18:00h en Malpica.

Cerqueda - Soneira B (3-0)

  • CERQUEDA: Che, Javi, Juan, Nion (Jorge, min.52), Javi Pazos (Athu, min.62), Dani (Iván, min.77), Lorenzo (Rober, min.74), Dieguito, Santi (Maikel, min.57), Manu e Alex.
  • SONEIRA B: Víctor, Vicente, Esteban (Chuchi, min.46), Alberto, Curra (Conexo, min.70), Dani (Capote, min.80), Chans, Cristian de Cereixo, Ricardiño (Felix, min.60), Cristian e Marquitos.
  • Goles: 1-0, min.2: Manu; 2-0, min.37: Dani; 3-0, min.49: Dieguito.

Partido cómodo para o Cerqueda que resolveu na primeira metade. Ao pouco de comezar Manu cabeceaba unha falta lateral para subir o primeiro gol ao marcador. Dani cun disparo dende a frontal poñía o segundo e nada máis saír da caseta Dieguito recollía un rexeite do pau a tiro de Manu para poñer o terceiro e definitivo. A partir de aí o xoven equipo visitante soltouse e comezou a ter o balón, non creou moitas ocasións de gol, pero evitou que o contrario ampliara o marcador.

Montelouro - Laxe (2-0)

  • MONTELOURO: Isma (Jose, min.85), Pablo (Jose, min.80), Juan Bolo, Chema, Teo, Fernando (Pedro de García, min.55), Dani, Edu (Garondo, min.70), Denís (Raúl, min.55) e Rico.
  • LAXE: Anxo, Erik (Adelantado, min.46), Diego, Iván, Juan, Mosqueira, Rellán, Manu, Adri, Roberto (Carril, min.40), Djamel.
  • Goles: 1-0, min.28: Rico; 2-0, min.47: Edu.

Pleno de vitorias para Montelouro que segue sen fallar e ponse como líder en solitario. Na tarde de onte non se viron moi afectados polo virus da Barca (si no Laxe) e gañaron con comodidade ao Laxe. Á media hora Rico adiantou aos locais ao rematar unha falta lateral e xusto ao saír do vestiario na segunda metade, Edu recolleu un rexeite do porteiro a tiro de Geiko e puxo o segundo que practicamente sentenciou o encontro. A partir de aí o Laxe perdeu totalmente a intensidade e o partido decaeu.

Outes - Carnota (4-4)

  • OUTES: Gato, Alvaro, Martín, Chúa, Arturo, David, Poke, Fabio (Potro, min.46), Pesco (Damián, min.65), Deivi (Saúl, min.73) e Kin (Fernando, min.46).
  • CARNOTA: Nowita, Tono, Pedro, David de Brea, Urko (David Castreje, min.75), Tono Goyanes (Andrés, min.55), Boni (Manoliño, min.55), Manuel (Pumuki, min.77), Rodrigo, Borja e Casti.
  • Goles: 1-0, min.11: Pesco, de falta; 2-0, min.41: Deivi; 2-1, min.54: en propia porta; 3-1, min.57: Chúa; 3-2, min.77: Casti; 4-2, min.85: Fernando; 4-3, min.87: Pedro; 4-4, min.91: Manoliño.

Segue marcando de catro en catro o Outes, pero desta vez só lle deu para empatar, pese a que a falta de cinco minutos ía gañando de dous. Os locais foron todo o partido por diante, pero os erros dos porteiros, axudados por un campo moi rápido foron determinantes para que se dera o resultado final. Pesco abriu o marcador cun lanzamento de falta directa. A rentes do descanso Deivi aproveitouse dun mal blocaxe do meta visitante tras o lanzamento dunha falta e marcou o segundo.

Tralo descanso, Martín marcaba en propia porta tras un centro por banda dereita de Manuel. De novo tirando rendemento dos balóns parado, Chúa peiteaba unha falta e marcaba o terceiro para os da Serra. Casti non daba por vencidos aos carnotáns e de cabeza no segundo pau remataba unha falta para acurtar distancias. Fernando aproveitábase dun barullo tras un falta e marcaba o cuarto do Outes e que semellaba que podía ser definitivo para sumar a terceira vitoria, pero o Carnota tirou de casta e primeiro Pedro ao rematar tras un córner e logo Manoliño cun lanzamento de falta moi lonxano marcaron para sacar un punto dun campo complicado. A efectividade a balón parado explica o avultado resultado.

Alcaián – Fisterra B (4-1)

  • ALCAIAN: Rizos, Luís, Pombo, Dani, Rubén (Andrés, min.70), Pio, Negreira, Nando, Víctor (Daviciño, min.46), Pistolas (Tote, min.55), e Roberto (Souto, min.70).
  • FISTERRA B: David, Eloi (Dani, min.51 (Diego, min.81)), Roberto, Dudo, Eddy (Santi, min.80), Jorge, Insua, Cote Xuvenil, Carlos (Gabi, min.65), Juanjete (Roberto, min.82) e Bruno.
  • Goles: 1-0, min.15: Roberto; 2-0, min.60: Roberto; 3-0, min.70: Roberto; 3-1, min.80: Insua; 4-1, min.85: Daviciño.

Mal partido do filial que deu moitas facilidades a un Alcaián que xogou moi directo e fixo moito dano na zaga fisterrán. Roberto cun hattrik foi o home determinante dos locais.

Coristanco - Cabana (0-1)

  • CORISTANCO: Pombo, Castro, Oscar (Sergio, min.80), Arantón, Marcos, Dani, Carlos (Adrián, min.25), Iván (Benitez, min.46), Luís, Pazos e Toniño.
  • CABANA: Añón, Jose, Marcos, David, Pancho, Josiño, Sandro, Diego (Jacobo, min.70), Eloi Pereira (Fernando, min.60), Adrián (Eloi García, min.65) e Nando.
  • Gol: 0-1, min.30: Nando.
  • Expulsión: O visitante Eloi García (min.84) por dobre cartón amarelo.

Unha mala acción do central Arantón que esvarou ao tentar un pase atrás deixou ao dianteiro cabanés Nando só ante Pombo para marcar o único gol do partido e darlle os tres puntos ao seu equipo nun partido máis meritorio de empate no que se viron moi poucas ocasións de gol e as pouco que houbo a balón parado.

Porteño - Camelle (1-0)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo (Tajes, min.65), Yago (Quilmes, min.55), Yago Sestayo, Maikol, Cousillas, Asier, Ismael, Sergio Vilaseco (Oscar, min.55), Brais e Pablo Santacristiña (Pepe Wi, min.65).
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Manuel, Diego, Juanjo, Iván, Alvaro, René (Sergio, min.55), Carlos Valiña (Buri, min.73), Felipe e Mario.
  • Gol: 1-0, min.80: Cousillas.

Tivo que sufrir moito o Porteño para levarse o derbi cos veciños Camelle. A emoción viviuse tanto no campo como na grada que estiveron totalmente ateigadas de siareiros dunha e doutra cor.

Os da Ponte favoritos tanto no partido como para o ascenso tiveron que apelar a brega de Cousiñas para sumar os tres puntos a rentes do final, a tarde foi perfecta para o goleador porteño, pois o seu tanto, a parte de lle servir para sumar tres puntos serviulle para levarse a porra ao ser o único que prognosticou unha vitoria pola mínima. Iso si, se os camelláns non se viñeran abaixo fisicamente no último cuarto de hora, algo positivo poderían ter sacado.

Corcoesto - Lira (1-4)

  • CORCOESTO: Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Luisiño (Pichón, min.75), Longo, Uru (Couto, min.65), Javi, Pablo, Martín (Rodri, min.46) e Miguel.
  • LIRA: Quique, Fernando, Miche, Ancho, Fran, Chindo, Fran Perico, Gabri, Fran Javier, Geray (Alvaro, min.65) e Abel.
  • Goles: 0-1, min.20: Fran Perico; 0-2, min.30: Fran Perico; 1-2, min.55: Miguel; 1-3, min.65: Fran Perico; 1-4, min.67: Fran Perico.
  • Expulsión: O local Longo (min.75) por dobre cartón amarelo.

Soubo aproveitar moi ben o Lira as facilidades que lle deron os locais e en dúas contras Fran Perico marcaba na primeira metade para poñer o encontro moi ao seu favor.
Tralo descanso os locais espertaron e conseguiron reducir distancias por medio de Miguel. Pouco despois chegou a xogada clave do encontro, os locais entenderon que houbera falta a Luís dentro da área, pero o colexiado non sinalou nada, nas protestas Carlos Longo viría o primeiro cartón amarelo que posteriormente sería expulsado. Tralas protestas do penalti chegou o terceiro gol visitante que acabou de romper por completo aos locais que se perderon en protestas e fóronse do encontro. Fran Perico marcaría o cuarto do Lira e da súa conta particular para redondear unha tarde perfecta.

Volantes de Baño - Xaviña (5-1)

  • VOLANTES: Bole (Masu, min.80), Ramon, Juan, Maikel, Paki, Varo, Brais, Edu (Ivi, min.65), Pardelo (Javi, min.70), Nimo (Piru 60) e Piti.
  • XAVIÑA: Juan Antonio, Brión, Chapu, Sergio, Jallejo, Alberto, Ángel, Elvis, David, Frutos, Martinciño.
  • Goles: 1-0, min.12: Piti; 2-0, min.22: Pardelo; 3-0, min.50: Juan; 4-0, min.62: Javi; 5-0, min.70: Brais; 5-1, min.88: Martín.

Catorce goles en dous encontros como local confirman ao novato Volantes de Baño como un dos candidatos a loita polos postos de ascenso. O sábado o conxunto muradán non tivo piedade dun Xaviña mermado en número de efectivos pola festividade da Barca. Comezaron moi forte os locais, que nos primeiros compases adiantáronse cunha gran acción persoal de Piti. O veterano punta colleu o balón na banda esquerda e desfíxose de canto rival lle saiu ao seu paso. Pouco despois, o escurridizo Pardelo fixo o segundo ao peitear unha acción a balón parado.

A superioridade incrementouse nun segundo acto no que o Baño, jaleado polos seus como habitualmente, apretou e encontrou o camiño da goleada grazas a un gran Javi, incorporado ao campo.

Atl. Pereiriña - Muxía (Aprazado)

Encontro aprazado pola festividade da Barca que se xogará o 08 de decembro.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colaboran a UD Cerqueda, Paquy, Serxio Domínguez, o Porteño CF.

Comentarios