Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: As vitorias póñense caras

3ª Autonómica: As vitorias póñense caras
Tras ollar os resultados desta xornada de mércores 12 de outubro, repasamos as crónicas desta 8ª xornada da 3ª da Costa.

Soneira B – Montelouro (1-3)

  • SONEIRA B: Víctor, Damian, Roi (Dani, min.65), Alberto, Chans, Jemisa, Quilmes, Mayor, Cristian de Cereixo, Vicente (Ricardiño, min.33) e Curra (Cho, min.70)
  • MONTELOURO: Isma, Pablo, Juan, Canelo, Alvaro, Chema, Chumy, Pesco, Geiko, Raúl (Jarondo, min.30) e Rico (Jose, min.90)
  • Goles: 0-1, min.14: Raúl; 0-2, min.27: Pesco; 1-2, min.32: Vicente; 1-3, min.89: Rico.
  • Lesións: O local Vicente e os visitantes Raúl e Rico cun forte esguince.
Non puido o filial soneirán co poderoso Montelouro que segue sen ceder un punto nos sete partido desputados. Os locais segue na sua progresión e déronlle que facer aos de Louro. Mayco puido contar co xuvenil Mayor que está a xogar só co equipo de Preferente e tamén con Quilmes que debutaba tralo seu paso fugaz pola Ponte esta tempada. Os locais marcaron dous goles moi cedo que lle deron certa tranquilidade, pero na reta final da primeira metade e comezos da segunda sufriron para conter o empuxe dos locais. Raúl abriu o marcador tras facer unha parede con Pesco e marcar de tiro cruzado. Pouco despois foi Pesco que marcou tras un pase atrás de Jeiko. Vicente acurtou distancias antes do descanso e partir de aí viñeron os mellores ocasións do Soneira. Xa nos minutos finais Rico puxo o gol da sentencia ao culminar unha contra tras un pase longo de Chema.

Independiente - Corcoesto (5-1)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Rafa (Jonathan, min.46), Scot, Dani, Efren (Rubén, min.46), Sande (Iván Lorenzo, min.46), Carlos (Brais, min.70), Jorge, Cholo, Ivi e Gustavo (Juni, min.30).
  • CORCOESTO: Siro, Rodri (Manuel, min.75), Edelmiro, Germán, Pablo, Martín (Couto, min.80), Javi (Lista, min.80), Uru (Pichón, min.70), Luís, Longo e Miguel.
  • Goles: 0-1, min.20: Miguel; 1-1, min.46: Iván Lorenzo; 2-1, min.51: Jorge; 3-1, min.56: Juni; 4-1, min.65: Cholo; 5-1, min.75: Ivi.
  • Lesión: O local Gustavo tivo que retirarse no minuto 30 ao levar un golpe contra a barandilla.
Partido de dúas caras moi diferenciadas, o Corcoesto puido deixar sentenciado o encontro nos primeiros 45 minutos e logo pagouno caro. Aos minutos Miguel adiantaba aos visitantes cun cabezazo tras un centro lateral. Os visitantes reclamarían un gol pantasma que puido ser o segundo e Longo fallou un ocasión coa porta valeira que puido ser o terceiro. A mellor ocasión local na primeira metade foi un lanzamento de Ivi ao longueiro. Tralo descanso, no primeiro minuto, o recén entrado Iván Lorenzo marcaba un golazo por toda a escadra dende fóra da área, pouco despois Jorge remataba de cabeza ao fondo da rede nun córner e do mesmo xeito Juni facía o terceiro. Aí rompeuse o encontro e logo os carballeses puideron endosar unha goleada maior, Cholo a pase de Ivi e o propio Ivi facía o cuarto e quinto definitivos. Con este resultado o Independente deixa de ser colista.

Cerqueda - Outes (3-4)

  • CERQUEDA: Che, Rober (Jorge, min.70), Javi, Dani, Javi Pazos, Maikel (Manu, min.46), Santi, Nión, Lorenzo, Alex e Dieguito.
  • OUTES: Gato, Martín, Saúl, Chúa, Arturo, David, Poke, Kin (Lago, min.90), Deivi, Pesco (Edu, min.70) e Fernando (Pablo, min.87)
  • Gol: 0-1, min.22: Kin.
Deixou o Cerqueda de estar invicto nesta tempada ao caer pola mínima ante un Outes que foi superior e puido acabar o partido cunha renda máis ampla. A primeira metade non tivo un dominador claro, aínda que os visitantes levaron máis perigo. O único gol do encontro foi obra de Kin que lle gañou as costas a defensa cun balón raso que lle deu Deivi e só ante Ché bateuno. Na segunda metade os locais arriscaron bastante na busca do empate e os da Serra tiveron tres man a man co porteiro que desaproveitaron e mesmo Fernando lanzou un balón ao pau. Segue o Outes líder e cada vez máis sólido.

Alcaián - Porteño (1-1)

  • ALCAIAN: Rizos, Luís, Andrés (Tote, min.46), Pombo, Pio, Víctor (Víctor Pazos, min.80), Souto (Negreira, min,46), David (Nando, min.70), Roberto, Rubén e Pistolas.
  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Yago Carril, Maikol, Brais, Oscar (Farruquiño, min.85), Asier (Jimy, min.70), Cousillas, Sergio, Yago e Jorge.
  • Goles: 0-1, min.55: Pejo; 1-1, min.60: Tote.
Partido igualado na primeira metade sen un dominador claro, aínda que os visitantes crearon un pouco máis de perigo. Pejo abriu o marcador ao marcar de cabeza tras un córner, pouco despois Tote aproveitouse dunha mala salida do parteiro para empatar. Trala igualada, os xogadores de Víctor Pazos, que hoxe tivo que poñer as botas e xogar uns minutos, foron superiores e fixeron méritos para levarse os tres puntos. Tote foi o protagonista nos minutos finais, pero non estivo acertado para marcar, desaproveitou unha pena máxima (min.85), o meta Asiel paroulle o balón e tamén lanzou un balón ao largueiro.

Coristanco - Camelle (6-0)

  • CORISTANCO: Pombo, Arantón (Iván, min.75), Oscar (Castro, min.65), Luís, Marcos, Pazos, Mallón (Adrián, min.70), Benitez, Carlos, Edgar (Sergio, min.80) e Toniño.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo (Adrian, min.65), Manuel, Valiña, Mario, René, Varu, Sergio, Barreiro e Alvaro Pantera.
  • Goles: 1-0, min.15: Benítez; 2-0, min.30: Edgar; 3-0, min.40: Edgar; 4-0, min.50: Mallón; 5-0, min.75: Toniño, de penalti; 6-0, min.90: Toniño, de penalti.
  • Expulsión: un xogador local unha vez rematado o encontro.
Non pasou apuros o Coristanco na súa visita a Camariñas e tan só encontrou resistencia no seu rival nos primeiros minutos, logo foi un partido moi cómodo.

Carnota - Atl. Pereiriña (4-1)

  • CARNOTA: Peipo, Urko (David Castreje, min.10) (Raúl, min.80), Pedro, Manolo Chousa, Boni, Manuel Luís (Pumuki, min.80), Rodrigo, David, Borja Santos, Manoliño e Casti.
  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Mario, Javichu, Gabri, Grille (Simón, min.80), Adán (Javier, min.75), Mateo, Josiño, Álvaro Fiuza, Álex eVíctor.
  • Goles: 0-1, min.10: Álex; 1-1, min.55: David Brea; 2-1, min.75: Casti; 3-1, min.80: Manuel Luís; 4-1, min.88: Casti.
  • Expulsión: o meta local Peipo aos 15 minutos e aos visitantes Mateo por parte visitante, a segunda amarela por simular un penalti que din dende o Pereiriña que si que era; e máis a Gabi.
O Pereiriña, aínda con moitas baixas e sen coller o ritmo, comezaba cun gol inicial por medio de Álex. De seguido, penalti e expulsión de Peipo nunhxa xogada máis que dubidosa, pero Josiño maroru a pena máxima. Así se puñan as cousas aos de Cambeiro, con Manoliño na porta, 10 homes no campo e un gol en contra. Pero que pouco a pouco foron tomando o mando, e foron a por todas á volta do descanso, e o Pereiriña foi decaendo. David Brea empatou tras 10 minutos do primeiro tempo, e foi Casti e Manuel Luís os encargados de remontar o choque, que aínda puideron ampliar se entrasen os balóns á madeira de Castie Rodrigo.

Fisterra B - Volantes (3-0)

  • FISTERRA B: Joselu, Roberto, Pablo, Jorge, Dudo, Dani Esquío, Eddy, Insua, José de Anchoa, Marco do Cabo, Pirri. Tamén xogaron: Gabi, Bruno, Tano, Carlos e Juanjete
  • VOLANTES: Masu (Piru, min.46), Juan (Pardelo, min.60), Mou, Josiño, Paky (Maikel, min.60), Ramón, Brais, Varo, Javi (Edu, min.40), Ivi e Piti.
  • Goles: 1-0, min.7: Eddy de falta; 2-0, min.11: Eddy de penalti; 3-0, min.25: Insua.
Segue o Volantes sen gañar fóra de casa (só sumou un punto en Laxe), e iso que comezaba forte. Piti enviaba un balón ao pao, e semellaba que os muradáns ían a por todas. Pero dous tantos seguidos de Eddy a balón parado botaron por terra o traballo inicial. Insua acabou de sentenciar co 3-0 antes de que se cumplira a primeira media hora de xogo, e a partir de aí os fisterráns se dedicaron a durmir o partido.

Laxe - Cabana (0-3)

  • LAXE: Illote, López, Aarón, Jaja, Castro, Jacinto, Iván (Óscar, min.60), Felipe, Darío, Rubén (Zurich, min.46), Samuel.
  • CABANA: Añón, Eloy, David Sande, Marcos, José, Fernando (Rubén García, min.85), Darío (Fran Martuxa, min.46), Sandro, Diego (Óscar,m in.80), Rubén Rama (Adrián, min.75), Nando (Jacobo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.45: Nando á contra; 0-2, min.75: David Sande tras un córner; 0-3, min.80: Eloy anotou un golazo de falta dende o vértice da área.
  • Expulsión: Marcos no min.50.
Partido de rivalidade, moi reñido, no que o resultados non reflicte o acontecido no partido. Comezou dominando o cadro de Lilo, con boas ocasións e demostrando que vai a máis. Pero faltando 3 minutos para o descanso houbo unha doble xogada clave cun posible penalti de Añón a Samuel, que lanzou igual pero o colexiado non sinalou; e de seguido, á contra, marcou o Cabana nun posible fóra de xogo do propio Nando. Saíu o Laxe decidido a empatar e estivo os primeiros 25 minutos apretando, pero sen sorte de cara ao gol. Dúas xogadas a balón parado acabaron decidindo o partido para os de Pablo Mallón. Como detalle, o laxense Iván recibiu dous cartóns pero non foi expulsado.

Lira - Muxía (2-1)

  • LIRA: Miguel Anxo, Fernando, Yeray (Geno, min.90), Petete, Abel, Fran, Gabri (Jose, min.80), Suso Patachín, Ancho, Fran Perico e Craigh (Álvaro, min.min.60).
  • MUXÍA: Jose Antonio, Carrera, Currás, Angel, Angel Luís, Javi, Pataca, Ziro, Raúl, Arxires e Albertiño. Tamén xogou Santi.
  • Goles: 1-0, min.1: Fran Perico nunha contra; 2-0, min.40: Gabri de volea dende fóra da área; 2-1, min.80: Fran de cabeza en propia meta.
Partido estrano en Lombáns, onde o Muxía, tras dominar 80 minutos de xogo, volveu de baleiro, ademais de curar a resaca coa que chegaron boa parte dos xogadores de ambos bandos. Comezou, iso si, ben o Lira, tocando e movendo os 10 primeiros minutos. Fran Perico xa marcaba na primeira ocasións e puña aos lirachos por diante. Pero de contado púxose o Muxía a controlar e profundizar, chegando con perigo e con boas maneiras, pero fallando no de sempre esta campaña, no acerto cara gol. De feito, os muxiáns enviaron unha falta ao longueiro e outra á cepa do pao. Gabri, cunha boa volea asinaba un inxusto 2-0 antes do descanso. O Muxía apretou toda a segunda metade pero só puido marcar cun tanto en propia meta dos lirachos. No minuto 90, o cadro visitante tivo o empate, tras un man a man que parou Miguel Anxo, que se tivo que esforzar e parar de novo un par de rexeites, salvando estes puntos importantes no derbi da zona baixa.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios