Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Coristanco mantén o pulso cos equipos do sur

3ª Autonómica: O Coristanco mantén o pulso cos equipos do sur
Non fallou o líder na xornada 14, pese a desprazarse a un campo complicado o eterno goleador Toniño marcou e logo o equipo fixo unha boa labor de defensa para levarse os tres puntos. O Outes tivo que loitar duro para facerse coa vitoria ante o veciño Volantes e tras o empate do Montelouro en Corcoesto sube ao segundo posto. Cabana e Cerqueda non fallaron e xunto co Carnota, que descansou, copan os 6 primeiros postos que teñen premio. Por debaixo destes, o irregular Fisterra B sumaba unha nova vitoria ante o Laxe e segue na loita por non perder de vista ao sexto clasificado. Por abaixo, o Camelle gañáballe ao Lira o sábado cun gol moi polémico e tras o punto acadado polo Corcoesto onte, os Lira pasan a ser o pecha cancelas da liga.

Outes - Volantes de Baño (2-1)

  • OUTES: Gato, Martín, Saúl, Chúa, Arturo, David, Poque (Lass, min.67), Fabio, Deivi, Pesco (Damián, min.58) e Potro (Fernando, min.46).
  • VOLANTES: Masu, Fran (Mou, min.5), Josiño, Maikel (Juan, min.75), Paquy (Javi, min.55), Ramón, Pardelo (Piru, min.65), Nimo, Ivi (Edu, min.70), Seluco e Piti.
  • Goles: 1-0, min.3: Arturo; 2-0, min.64: Arturo, de falta; 2-1, min.80: Seluco.
  • Lesión: Fran do Español, nada máis comezar o encontro cun forte golpe nun costado a bater cunha barandilla cando se tirou ao chan para salvar un balón. Tivo que ser retirado en ambulancia, pero tras as probas pertinentes non ten ningunha complicación máis que un forte golpe polo que terá que estar en repouso un par de semanas.
Gran derbi o xogado entre o Outes e o veciño Volantes, tanto no bo xogo como no bo ambiente dentro e fóra do campo, cunha grande repleta como pouco se poder ver agora en ningún campo da Costa. Os locais estiveron mellor na primeira metade e na máis comezar xa se adiantaron cun cabezazo de Arturo tras un córner. Tralo descanso os visitantes colleron as rendas do encontro e pese a ter o control do partido, chegoulles o segundo gol tras o lanzamento dunha falta de Arturo que se colou por toda a escadra. A dez minutos para o final Seluco lanzou unha falta que bateu na barreira, o rexeite caeulle a el para marcar. Pese a que buscaron o empate o marcador xa non se movería e os locais suman tres puntos que os colocan segundos tras o pinchazo do Montelouro.

Fisterra B - Laxe (4-2)

  • FISTERRA B: David Perlón, Didi, Jorge, Dudo, Rubia, Eddy, Tano (Noé, min.60), Cote, Insua (Carlos, min.46), Juanjete, (Bruno, min.46) e Pirri (Diego, min.80).
  • LAXE: Jacobo, López, Aarón, Jaja, Antonio Castro (Ventura, min.4), Adán, Jacinto, Felipe, Darío Márquez, Naya (Manuel xuv, min.46), Rivera.
  • Goles: 1-0, min.8: Insua; 2-0, min.28: Pirri; 2-1, min.35; Felipe tras un córner botado Rivera; 2-2, min.43: Rivera tras un fallo do porteiro; 3-2, min.68: Pirri; 4-2, min.87: Cote.
  • Lesión: Antonio Castro tras caer en mala posición e fastidiou o xeonllo.
Partido moi igualado o disputado en Ara Solis, os dous conxuntos loitaron pola posesión do balón e foi o filial fisterrán o que conseguiu adiantarse no marcador grazas a un bo gol de Ruben Insua no que os laxenses protestaron un posible fóra de xogo. Pouco despois Pirri cun gol de dianteiro centro poñía fin a súa amargura ante o gol e a unha mala racha coa que levaba 2 anos sen meter o balón no fondo das redes. Pouco despois o Laxe sorprendeu cun gol de Elvis que pouco despois daría a sorpresa poñendo o empate antes do descanso. Na segunda metade o Fisterra B foi superior. Pirri volveu adiantar ao Fisterra B e xa ao final do encontro Cote conseguía a sentencia de volea. Gran fin de semana para Cote xa que logo de facer un hat-trick co equipo xuvenil conseguiu rematar a fin de semana cun gran gol co filial fisterrán. Agora o Fisterra visitará Lira a próxima semana na que unha vitoria os podería deixar en postos de promoción de ascenso, a espera de que se resolva o caso co Muxía. Era un parito importante para os laxenses que buscaban situarse entre os 6 de arriba, pero que estiverono algo encollidos. Seguirá intentándoo o equipo de Lilo.

Corcoesto - Montelouro (2-2)

  • CORCOESTO: Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Pablo, Uru (Couto, min.65), Luís, Javi, Lista (Héctor, min.55), Xabi e Miguel.
  • MONTELOURO: Jose, Geiko, Pedro (Juan, min.55), Alvaro (César, min.80), Teo, Chema, Dani, Edu (Denís, min.70), Raúl (Pablo, min.46), Pesco e Rico.
  • Goles: 1-0, min.15: Edelmiro, de falta; 1-1, min.55: Dani; 1-2, min.65: Geiko; 2-2, min.79: Héctor, de falta.
Partido moi entretido e con moita xente no campo Das Bouzas. Os locais abriron o marcado cun lanzamento lonxano de falta de Edelmiro. Na segunda metade os visitantes aproveitaron dous erros defensivos do Corcoesto para adiantarse no marcador, ao pouco para o final un maxistral lanzamento de falta de Héctor puxo as xustas táboas no marcador.

Camelle - Lira (2-1)

  • LIRA: Miguel Anxo, Santi, Edu, Pelexo, Abel, Yerai (Ancho, min.55), Fernando, Suso Patachin, Miche (Oscar, min.55), Gabri e Fran Petete.
  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Coruña, Mauri, Buri, René, Iván, Sergio (Alberto, min.80), Mario, Varu e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.6: Barreiro; 2-0, min.55: Barreiro; 2-1, min.75: Fran Petete.
Partido moi entretido pola cantidade de ocasións de ámbolos equipos debido a un temporal que con un vento tolo, fixo deste partido unha boa alternativa nocturna o partido da selección española. Todo comezou cos dous equipos intentando aproveitarse do vento buscando erros defensivos clamorosos, sendo os locais os que comezaron roldando as inmediacións da portería visitante cunha falta lateral que non remataron por moi pouco e un patadón ao aire a modo de centro que se envelenou unha ducia de metros para terminar petando no longueiro. Pero como todos sabemos a terceira foi a vencida, nunha destas bolas que ninguén sabia onde ia acabar o porteiro visitante non atallou e chegou o dianteiro local Barreiro, parece nunha desafortunada decisión arbitral, pois o balón parece ser que puidera haber falta, logo o dianteiro local marcou coa man e finalmente que o balón non atravesou a liña de gol. A partires de aí a primeira parte foi unha loucura tendo 2 mans a mans o Camelle co porteiro visitante que non acertaron a meter entre os 3 paus e 3 ocasións dos liristas unha a porta valeira, outra ao pau e outra que erraron disparando dende a frontal cando o mais fácil era encarar o porteiro local. Así mesmo os visitantes reclamaron un claro penalti por derribo de Gabri por parte do porteiro local. E así se chegou a segunda parte onde case o comezo os locais fixeron o 2-0 o aproveitar un pase as costas da defensa na que os visitantes pedirían fóra de xogo. E nesta parte como non podía ser menos co vento reinante na noite do sábado, foi outra loucura, co Camelle mandando 2 balóns ao longueiro e fallando un dous para un co porteiro visitante, e nestas os visitantes que atoparon un filón por banda dereita acadaron o 2-1 para poñerlle emoción ao partido nun pase en profundidade a Óscar que remacharía Fran Petete pedindo os locais fóra de xogo. O final moito querer e non poder por parte de ámbolos equipos, pero tiveron ambos equipos ocasións moi claras para rematar con outro marcador, pero este non se moveu.

Independiente – Cabana (0-3)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Toni (Rafa, min.75), Míchel, Dani (Scot, min.61), Rubén, Carlos (Jorge, min.64), Cholo, Sande, Ivi, Juni e Gustavo.
  • CABANA: Añón, Pancho (Diego, min.80), David, Jacobo (Marcos, min.60), Josiño, Jose, Darío, Sandro, Eloi Pereira (Eloi García, min.55), Rubén Rama (Oscar, min.80) e Nando (Rubén García, min.70).
  • Goles: 0-1, min.32: Josiño; 0-2, min.60: Nando; 0-3, min.68: Jose.
Excesivo correctivo levou o Independiente nun encontro que chegou a dominar na primeira metade e na segunda ata o segundo gol levou a iniciativa. Josiño abriu o marcador tras recibir un pase entre liñas de Rubén Rama. Os visitantes reclamaron un gol anulado por fóra de xogo nun pase atrás que puido supoñer adiantarse no marcador. Na segunda metade marca o segundo tras recibir un pase de Eloi García e pouco despois Jose tras un remate de cabeza nun córner poñía a sentenza.

Soneira B - Xaviña (1-2)

  • SONEIRA B: Víctor, Vicente, Alberto, Pichón, Marquitos, Jemisa, Quilmes, Cho (Toja, min.80), Ricardiño (Félix, min.46), Cristian de Carantoña e Curra (Chuchi, min.82).
  • XAVIÑA: Pablo, Chiribí, Caamaño, Sergio, Mike (Elvis, min.80), Juan Antonio (Saviola, min.60), Búa, Angel, Yuyo, Diego e Martin.
  • Goles: 1-0, min.60: Alberto; 1-1, min.88: Yuyo; 1-2, min.90: Yuyo.
O Soneira fixo todos os méritos para levarse o encontro, marcou primeiro e tivo numerosas ocasións de gol, pero o dito de que o que falla acábao pagando aplicouse duramente sobre o filial, pois nos dous últimos minutos de encontro os de Xaviña marcaron os dous goles que lles deu a vitoria. O gol local foi obra de Alberto ao rematar de cabeza un córner.

Porteño - Coristanco (0-1)

  • PORTEÑO: Asiel, Iago, Maikol, Iagos Carril, Brais, Asier, Ismael (Oscar, min.65), Piti (Tajes, min.80), Jorge (Gabi, min.75), Wii (Jimy, min.85) e Varela.
  • CORISTANCO: Pombo, Castro (Iván, min.60), Oscar, Germán, Arantón, Pazos (Chutín, min85), Adrián (Sergio, min.75), Carlos (Mallón, min.70), Benitez e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.50: Toniño.
Partido moi igualado o xogado no Hermanas Patiño entre dous equipos chamados a estar entre os seis primeiros, no que o liderado ao Coristanco parece que lle de deu un plus de sorte nun encontro de empate. Os locais tiveron as súas opción nos primeiros vinte minutos nos que Wii, salvador noutros encontros, non estivo acertado e fallou dúas claras ocasións de gol, un no man a man con Pombo que este detivo. Pouco a pouco os visitantes foron levando o encontro ao seu ritmo, mentres que os locais pouco a pouco foron saíndo do encontro e tomárona coas decisións arbitrais. Nada máis saír da caseta chegou o gol visitante, unha contra ben triangulada por Pazos, Benitez e Toniño, acabou co remate final deste e coa eufórica da parroquia coristanquesa. De aí ao final os locais tensionáronse moito, buscando chegar con balóns longos que foron moi ben defendidos por un dos equipos que mellor se adapta a ese tipo de xogo. Ismael, Piti e Jorge tiveron que saír por problemas físicos véndose mermado o equipo para os minutos finais.

Cerqueda - Muxía (5-0)

  • CERQUEDA: Ché (Fredi, min.70), Rober (Jorge, min.62), Dani, Juan, Javi Pazos, Maikel, Santi (Nión, min.75), Lorenzo, Manu, Alex e Dani Añón.
  • MUXÍA: Jose Antonio, Curras, Jose Manuel, Carrera, Martinciño, Pataca, Angel Luis, Ramón, Raúl, Arxires e Pesqui.
  • Goles: 1-0, min.23: Lorenzo; 2-0, min.28: Alex; 3-0, min.58: Alex; 4-0, min.77: Alex; 5-0, min.79: Alex.
Partido cómodo para o Cerqueda ante un Muxía que tan só acudiu con once xogadores e incluso barallaron a posibilidade de non ir dado que non xuntaba xente, un dos motivos foi que ao xogar tamén os xuvenís víronse mermados de efectivos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios