Xoves. 18.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Independiente é o que máis sopla

3ª Autonómica: O Independiente é o que máis sopla
Nunha xornada, esta a 4ª, marcada polo vento, o Indepediente parece que é o que máis zoa, e así o demostrou superando, nun choque que ademais se puña costa arriba, ante un Muxía que este ano vai estar, de seguro, na zona alta. Por detrás xa asoma un Porteño que vén con moita forza, pois suma 3 vitorias en 3 partidos (xa lle tocou descansar) e onte desfacíase dun Soneira B que viña tras un bo comezo. O Camelle tamén está forte, e parece que o Rodeiro vai ser un auténtico fortín (o Cerqueda sufriuno nas súas propia carnes), e por detrás queda o Laxe, que vía como o Ameixenda lle remontaba un 0-3.

Indep. Carballo - Muxía (2-1)

O Independiente Carballo segue líder da 3ª
  • INDEPENDIENTE: Iván, Dani Rosalía (Jonatha, min.46), Castro, Suso Noya (Brais, min.70), Ivi (Scott, min.50), Benítez (Belo, min.60), Míchel, Carlos, Cholo, Mario (Fran min.80) e Juni.
  • MUXÍA: Luís Romaní, Pesqui, Martín, Pataca (Casais, min.30), Ruso, Santi, Julián, Javi (Carrera, min.70), Dimas, Adrian Negro e Alberto (Pardelo, min.80).
  • Goles: 0-1, min.15: en propia meta; 1-0, min.40: Juni definiu tras unha boa xogada de Mario; 2-1, min.70: Juni de penalti por unhas mans protestadas polos muxiáns.
  • Expulsión: O carballés Míchel min.70 por doble cartón.
  • Lesions: Pataca e Javi por parte muxián.
Segue imbatible este Independiente de Carballo, que saíron algo descentrados porque tiveron que cambiar a equipación. Pero xa apuntan que non é unha superioridade tal, pois o choque ante o Muxía foi tremendamente igualado, e o cadro de Papi, fisicamente fortísimo, demostrou que vai estar entre os de arriba. De feito, a segunda foi de rebumbio e puido gañar calquera. O Independiente tardou en entrar no partido e o Muxía se poñía por diante ante o despiste da zaga local cun tanto en propia. Desapareceu durante case media hora o Independiente e o Muxía puido meter máis vantaxe de non ser polas dúas gran paradas de Iván. Pero foi reaccionando pouco a pouco os locais que empataban antes do descanso. E na segunda estiveron algo mellor, e ao ser un partido na casa, decidíronse a ir polo partido e acabaron gañando. Acusou as baixas o cadro muxián, pois entre lesións e bodas, o equipo estaba en cadro... Ademais sufría na primeira metade unha lesión importante, do defensa Pataca. Pero ollo con este Muxía, que esta semana vai fichar a David, que vén do Camariñas, e outra alta máis aínda por confirmar.

Baíñas - Alcaián (0-2)

  • BAÍÑAS: Damián, Héctor, Dani, Samuel, Sancho, Luís, Iván, Cristian (Suso, min.46), Styven, Fernando e Esteban.
  • ALCAIÁN: Martín, Iván (Martínez, min.75), Pombo, Lino, Marcos (Diego, min.46), David, Framil, Daviciño, Pichel (Dani, min.60), Facal (Corral, min.85) e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.50: Facal; 0-2, min.85: Facal.
  • Expulsión: dous xogadores do Baíñas Iván (min.60) e Esteban (min.90).
Primeiro tempo marcado polo tempo, e de feito case se suspende ao comezo. O tempo non permitiu demasiado xogo e houbo moita patada para arriba. Remitiu o temporal na segunda, e os dous equipos xogaron algo máis ao fútbol. O aire a favorecía ao Baíñas, pero o Alcaián á contra facía moito dano. Fallaron Danie Facal e David, antes de que o propio Facal marcase á volta dos vestiarios e sentenciase contra o final.

Camelle - Cerqueda (2-0)

Camelle-Cerqueda-Foto- SD Camelle
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Adrián, Mauri, Valiña (René, min. 75), Matías, Varu (Álvaro Pantera, min. 82), Mario, Miguel, Jose (Tedín, min. 55), Sergio (Adrián, min. 62) e Barreiro (Buri, min. 85)
  • CERQUEDA: Costa, Dani, Javier, David, Iván (Juanjo, min.46) Diego, Manuel (Maikel, min.46), Pazos, Iván, Jou e Héctor (Pichi, min.46).
  • Goles: 1-0, min.15: Miguel; 2-0, min.35: Barreiro.
Era comezar o partido e o temporal acechaba nun Rodeiro que volve vivir escenas de fútbol tras varios anos morto. A chuvia e o vento provocaron que o campo estivera impracticable e Camelle estivo máis afeito ao campo, e o Cerqueda non puido superar o campo e non foron quen de remontar. De feito, en Cerqueda pensan en protestar na Federación ante o perigo que pode supoñer xogar neste campo. Na primeira metade, co vento a favor, o Camelle xogou mellor, dominou e tivos boas ocasións como a de Varu, que mandou ao pao, ou os tantos de Miguel e Barreiro, que debutaba da mellor maneira. O Cerqueda reacciouno de canda o vento pero apenas creou perigo. Bo ambiente na cantina do Rodeiro- Foto- SD Camelle

Lira - Corcoesto (3-0)

  • LIRA: Miguel Anxo, Xavi (Abel, min.85), Fran, Hermi, Isma, Suso Patachín (Germán, min.60), Cristian (Bernardo, min.80), Miguel, Miche (Saúl, min.70), Suso Perico e Fran Perico.
  • CORCOESTO: Anxo, Alberto, Germán, Longo, Angel, Javi, Uru (Rodri, min.55), Edelmiro, Xabi (Pichón, min.75), Pablo e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.35: Fran Perico; 2-0, min.40: Suso Perico de falta cun pouco e sorte tras tocar na barreira; 3-0, min.50: Fran Perico.
Partido como moitos deste domingo con "cicloxenese explosiva", onde nos momentos con chuvia intensa só se via garra no campo e loita, pero cando paraba un chisco, parecia que os xogadores voltaban o terreo de xogo. Ademais, os xogadores do Corcoesto estaban algo tocados pola boda de Pablo Vázquez que fixo estragos... Na primeira parte só houberon 10 minutos de descanso polo temporal e bastáronlle aos locais para poñerse 2-0 con goles de Fran Perico cun disparo dende a frontal pola escadra e de seu irmán Suso despois de aproveitarse das facilidades dos visitantes. Na primeira, o Corcoesto tamén tivo algunha oportunidade como unha gran vaselina de Pablo, que a sacou un defensa na liña de gol tralo 2-0, ou un man a man de Pichón que sacou Miguel Anxo. Cómpre destacar tamén unha falta botada por Miguel e aproveitando o campo rapidísimo de Lombáns case se coa dentro. Na segunda, xa case sen chover, veuse máis xogo no partido, caendo case todo do lado local, onde Suso Perico faría o segundo a pracer despois de gañar Miche a liña de fondo. Neste intre os visitantes comezaron a baixar un pouco os brazos aínda que os locais tampouco dominaban o partido. E así continuou o partido podendo meter os locais o cuarto en dúas xogadas dos irmáns Pericos, onde Suso nunha estrelou o balón na cepa do poste e no seguinte despois de varias paredes entre eles chegaron diante do porteiro visitante que solventou o perigo. E así terminaba o partido tendo o Corcoesto unha das poucas ocasións do partido no 90 froito dun mal blocaxe do porteiro local que despois solventaría fronte o dianteiro visitante.

Ameixenda - Laxe (4-3)

Segunda vitoria da SD Ameixenda - Foto- javier Trillo
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio (Grille, min.46), Alex, Bichiño, Mateo, Borja, Jorge, Rioliño (Alberto Trillo, min.72), Javier e Javichu (Manuel, min.60).
  • LAXE: Illote, López, Añón, Jacinto, Mandi, Iván, Pailos, Felipe, Samuel, Zurich e Roi.
  • Goles: 0-1, min.10: Zurich; 0-2, min.15: Roi; 0-3, min30: Zurich de penalti; 1-3, min.40: Alejandro de penalti; 2-3, min.55: Alejandro; 3-3, min.60: Borja de penalti discutido polos laxense; 4-3, min.87: Manuel.
Segunda vitoria deste Ameixenda que vai asentántose na competición, que xa se amosa moito máis acoplado, máis forte e seguro en defensa, e que lle vai perdendo medo aos partidos. Foi un choque marcado polo vento con dúas partes diferencias en función de cara onde soplaba. Á media hora o Laxe, co vento a favor, poñíase 0-3, e mesmo podía ampliar por medio de Felipe e Zurich. Pero pouco antes do descanso recurtaron os locais, de penalti, o que daba ás (nunca mellor dito) para remontada. Na segunda, co vento a favor, o Ameixenda encerrou a un Laxe que non puido saír do medio campo e Borja, co terceiro penalti da tarde, este discutido polos visitantes, e Manuel, xa a 3 do final, daban a volta ao marcador.

Nantón - Coristanco (3-3)

  • NANTÓN: Bonano, David, Carlos Santos (Eloy, min.55), Felix, Diego, Martín, Fabio, Rubén, Luís, Dani Costa (Dani, min.88) e Borja (Cachi, min.75).
  • CORISTANCO: Ché, Marcos, Oscar, Iván, Torreira, Cristian Cancela (Sergio, min.55), Añón (Mallón, min.75), Luís, Arantón, Damián e Omar (Gonzalo, min.46).
  • Goles: 1-0, min.2: Félix de cabeza á saída dun córner; 2-0, min.15: Luís pola escuadra de volea a un centro de David; 3-0, min.50: Félix a pase ás costas da defensa de Borja; 3-1, min.56: Gonzalo; 3-2, min.60: Gonzalo; 3-3, min.75: Luís.
Nada máis comezar o partido o Nantón acertaba as dúas primeira ocasións e se poñía 2-0. O Coristanco reaccionaba e mantivo o balón boa parte do choque. Á volta dos vestiarios Félix facía o 3-0 que parecía sentenciar o partido a pesar de que o dominio non era tal. Pero en 7 minutos empataron o partido e case lle dan a volta ao marcador pero Bonano acabou salvando un punto para os cabaneses. Non pasaron 5 minutos dende o gol de Félix para que Gonzalo recurtara, en posible fóra de xogo segundo protestaron os locais. Creceuse o cadro visitante e tras un rexeite o propio Gonzalo meteu o 3-2 cando só pasaran 3 minutos. Aí marchou do partido o Nantón, e o terceiro chegaba tras unha protestada falta sobre Fabio na propia frontal, que o colexiado non sinalou e que Lucas convertiu dende o gol. Quedaban 15 minutos e foi Bonano o que salvou o punto para un Nantón que estaba fóra do partido a tiros de Luís e Gonzalo, e un tiro de Arantón que mandou alto.

Porteño - Soneira B (6-1)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Iago Sestayo, Asier, Óscar, Iaguito, Mario Toja, Ismael, Búa (Cousillas, min.65), Bieito (Gabi, min.70) e Brais Grela (Nené, min.55).
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Pichón (Toja, min.75), Alberto, Curra, Felix, Jemisa, Quiles, Chino, Cristian Cereixo e Richi.
  • Goles: 0-1, min.30: Quilmes; 1-1, min.50: Búa; 2-1, min.55: Ismael de penalti; 3-1, min.55: Mario Toja; 4-1, min.75: en propia meta tras boa xogada de Iaguito con Nené; 5-1, min.80: Gabi tras un xogadón pola banda; 6-1, min.85: Cousillas.
  • Lesións: Iaguito cun nocello.
Gran remontada do Porteño que saíu durmido na primeira metade. De feito, ía gañando 0-1 na primeira o Soneira B, xogando ben ao fútbol con Cristian e Richi combinando moi ben arriba. Pero na segunda meteuse no choque o Porteño e se puxo de cara o choque, moi concentrados. Así e todo, co 2-1 Quilmes perdoou o 2-2 que cambiaría o guión, pero o Porteño acabou pasando o rodillo, e iso que rematou con 10, pola lesión de Iaguito e a baixa de efectivos polas lesións, vacacións e expulsións.

Castrelo - Xaviña (3-3)

  • CASTRELO: Roberto, César (Denís, min.60), Luís de Casal, Mario do Rego, Kevin (Sebas, min.75), Manolo Insua, David, Dieguiño (Andrés, min.50), Lito, Ismael e Germán.
  • XAVIÑA: Lalá (Moro, min.70), Chiriví, Caamaño, Beto (Galego, min.46), Juan Antonio (Pequeno, min.65), Pirucho, Martelo, David (Elvis,m in.70), Dani, Frutos e Felipe.
  • Goles: 0-1, min.50: Felipe; 0-2, min.55: Dani; 1-2, min.65: César tras un córner; 2-2, min.70: Germán de córner directo; 3-2, min.75: Germán; 3-3, min.80: Frutos de penalti.
  • Lesión: os xaviñáns Lalá e Beto.
Empate en Vimianzo entre dous equipos moi igualados. A primeira metade estivo marcada polo aire, co Xaviña algo mellor por estar a favor, pero o Castrelo aguantou ben as embestidas visitantes. Na segunda estivo algo mellor o Castrelo, e amosou un acerto tremendo. E iso que foi o Xaviña o que se metía por diante con 02- aos 10 da segunda. Remontaba, a balón parado, o Castrelo e mesmo se puña por diante faltando 15 minutos. Pero Frutos, tras un inocente penalti dos locais, acabada o empate. Ademais, Felipe, tras unha falta de Frutos estivo a piques de poñer o 3-4

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios