Mércores. 16.10.2019
El tiempo

3ª Autonómica: Porteño e Independiente escapan

3ª Autonómica: Porteño e Independiente escapan

Aproveitaron Porteño e Independiente o descanso do Camelle emais os empates dos perseguidores. E xa sacan unha lixeira vantaxe a ese grupo que chega case ata a metade da táboa. Os líderes foron máis solventes que outra cousa ante o Corcoesto, mentres que os carballeses venceron, con menos facilidade da que demostra o marcador, ao Baíñas.

Os empates do Ameixenda co filial fisterrán, e do Soneira B e Cerqueda, deixan case que unha fenda de 10 puntos entre o liderato e a 4ª praza.

Castrelo - Lira (1-3)

  • CASTRELO: Roberto, Luís (Dieguiño, min.55), Mario, Estebo, Gustavo, David (Ismael, min.65), Manolo Insua (Edreira, min.35), Litos, Pablo, Germán, Sergio Vilaseco.
  • LIRA: Fastu, Santi, Pelexo, Fran Chancho, Isma, Suso Perico, Fran Perico, Miguel do Caracho, Oliver, Germán, Xabi.
  • Goles: 0-1, min.55: Fran Perico de penalti; 0-2, min.60: Suso Perico; 0-3, min.65: Germán; 1-3, min.75: Sergio de Vilaseco.
  • Lesión: o xogador-adestrador local Manolo Insua e os visitantes Pelexo (cunha lesión muscular) e Santi cunha brecha aberta na man.

Boa primeira metade do Castrelo que segue mellorando, e prantou cara durante os primeiros 45 minutos, contando ademais con varias ocasións de Germán, dúas boas ocasións. Os visitantes mantiveron a porta a cero na primeira pero sufriron moito. E foi necesaria a bronca de Caluso no vestiario que fixo mella, e os lirachos saíron como motos e sentenciaron en poucos minutos.

O Lira chegaba cos xustos, con moitas baixas, e mesmo con Fastu xogador de campo na meta, e cun coxo (Pelexo) e un manco (Santi) durante a segunda metade, sentenciou en 15 bos minutos cos tantos de Fran Perico de penalti, Suso Perico e Germán, que aproveitaron os erros da feble defensa local. Santi puido ampliar pero marrou incomprensiblemente sen porteiro.

Contra o final o Castrelo apretou. Litos mandou fóra, Sergio recurtou e no min.90 tivo outra para apretar o marcador. E de feito, nos últimos fixeron pedir á hora aos lirachos. Segue mellorando o Castrelo, con gran implicación colectiva, que aínda precisa algo máis de empaque atrás.

Laxe - Alcaián (4-1)

  • LAXE: Diego, Roi (Felipe, min.40), Pailos, Jacinto (Naya, min.30), López, Borja, Ventura (Rellán, min.70), Aarón, Mandi (iván Vilanova, min.46), Samuel, Adrián Porteiro.
  • ALCAIÁN: Martín, Pombo, Rubén, Lino, Martínez, David, Pichel, Dani, Diego (Fede), Daviciño (Pistolas), Marqués.
  • Goles: 1-0, min.15: Iván Ventura tras un rexeite do meta local; 1-1, min.20: Marqués; 2-1, min.40: Samuel de penalti: 3-1, min.55: Felipe; 4-1, min.80: Adrián Porteiro tras unha mala saída de Martín.

Comezou o partido moi igualado, pouco vistoso pero moi intenso. O Laxe comezaba avisando e marcando tras un balón que se lle escapou ao meta Martín, que non tivo a súa mellor tarde.

Pero o Alcaián respostaba de contado co empate de Marqués, que tamén enviaba ao pao un bo disparo. Eran os mellores momentos do Alcaián que vía como o meta Diego facía dúas boas paradas a tiros de David. Pero chegou un penalti dubidoso ao fío do descanso que non desperdiciou Samuel, poñendo de novo por diante ao Laxe.

Demasiada costa arriba para o Alcaián, que se viu dominado na segunda metade por un Laxe, que malia botar de menos a Zurich, segue estando bastante forte. Adrián Porteiro e Samuel puideron sentenciar antes de que Felipe e o propio Adrián marcasen a puntiña.

Ameixenda - Fisterra B (2-2)

Ameixenda-Fisterra B- Foto- Jorge Parri
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Grille, Alejandro, Bichiño, Bicho (Mito, min.78), Jorge, Ramiro, Rioliño, Javier, Javichu.
  • FISTERRA B: David, Insua, Jorge, Juan, Pana (Juanjete, min.50), Santi Pelada, Bebeto, Hidalgo (Eloy, min.80), Dani, Rivas (Iago, min.60), Naranjo (Dudo, min.65).
  • Goles: 1-0, min.55: Alejandro de cabeza; 1-1, min.60: Insua; 2-1, min.80: Mito; 2-2, min.88: Juanjete.
  • Expulsións: o fisterrán Iago no min.80 e ao local Rioliño contra o final.

Partidazo bonito e limpo, no derbi máis interensante da comarca de Fisterra na 3ª. Ambos equipos fixeron un gran partido, con alternativas no marcador e un Fisterra B que respstaba a cada golpe dos ceenses.

A primeira metade tivo máis control por bando do Ameixenda, cun gran erro de Ramiro en boca de gol para os locais e outra moi boa de Hidalgo para os fisterráns.

A segunda metade foi de poder a poder, con goles e con bo xogo. Alejandro, pichichi do cadro local con xa 5 tantos, marcaba o primeiro, pero Insua respostaba pronto. Mito puña de novo aos ceenses por diante pero de contado, e xa case que co tempo cumplido, Juanjete facía o empate. E iso que ao final o Fisterra B apretou e puido darlle a volta ao marcador por medio de Insua e Juanjete, pero Óscar Riolo estivo, coma sempre, moi seguro.

Fisterra B gol-Foto- Jorge parri

Soneira B - Cerqueda (1-1)

  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Pichón (Quilmes, min.65), Canosa, Borja (Pablo, min.65), Richi, Félix (Chino, min.55), Wii.
  • CERQUEDA: Rubén (Costa, min.55), Bastón, Javi, Ato, Javi Pazos. Santi, Dani, Manu (You, min.58), Lorenzo (Juanjo,m in.75), Dieguito, Dani Seaia.
  • Goles: 0-1, min.40: Sani Seaia; 1-1, min.65: Alberto de cabeza.
  • Expulsión: Chuchi contra o final por unha falta como último home.

Era un dos partidos da xornada, entre dous dos que están no grupo perseguidor. E a igualdade foi total. Bo partido, fermoso e igualado, que rematou cun xusto empate. O noviño filial soneirán dirixido por José Ángel, desplegou o fútbol que máis lle gusta, tocando e buscando as combinacións. O Cerqueda, máis experimentado e máis armado, puxo contra as cordas aos vimianceses pero estes souberon respostar.

A primeira metade, moi igualado, rematou co tanto de Dani Seaia. Na segunda, tralo empate do Soneira por medio de Alberto, puido caer de lado de calquera. O Cerqueda, algo máis replegado buscando á contra, tivo 3 mans a mans por medio de Dieguito, Juanjo e Javi Pazos. Taén fallaron por bando local Pablo de cabeza, Wii e Chino, que mandou ao longueiro.

Baíñas - Indep. Carballo (0-3)

O CD Baiñas tamén saíu coas camisolas en apoio a Pablo Muíño-Foto-CD Baíñas
  • BAÍÑAS: Damián, Sancho (Sergio, min.76), Samuel, Héctor, Dani, Iván, Esteban, Cristian, Fernando (Adrián, min.80), Yanki (Styven, min.15), Tasky.
  • INDEPENDIENTE: Dani, Toni (Efrén, min.70), Castro, Seo, Scott, Cholo, Carlos, Mario (Brais, min.80), Ivi (Moreno, min.60), Palermo (Benítez, min.55), Juny.
  • Goles: 0-1, min.60: Cholo; 0-2, min.75: Mario; 0-3, min.85: Juny.
  • Lesión: os locais Yanki cun tirón muscular e Sancho.
  • Expulsión: O míster carballés Da Silva por protestar (a súa primeira expulsión en 10 anos).
Yanki e Taski son a dupla do Baíñas-Foto-CD Baíñas

Saía o Baíñas coas camisolas de apoio a Pablo Muíño, que tamén sacaron os dumbrieses o sábado no derbi de Preferente, o que demostra o cariño que lle ten o fútbol da Costa a este rapaz.

O partido acabou cun resultado enganoso. A primeira parte foi moi igualada, e rematou sen goles a pesar de haber algunha ocasión para ambos. Polo Baíñas, Yanki tivo varias, Cristian mandou ao pao, e varios barullo na área visitante non acabaron a acertar. Pero tamén tivo que empregarse o meta local Damián a tiros dos puntas carballeses, que buscaron continuamente a rapidez e a calidade de Palermo.

Na segunda, o peso levouno o Baíñas, pero os goles foron de cor rosonero. Cholo e Mario adiantaron aos de Da Silva, e Palermo puido ampliar a vantaxe pero marrou baixo paos sen porteiro. Juny sentenciou e Adrián tivo a mellor ocasións para os locais co partido rematado.

Baíñas-Independiente-Foto-CD Baíñas

Nantón - Muxía (2-1)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Carlos Vidal, Martín, Rubén, Luís, Dani Costa (Borja, min.75).
  • MUXÍA: Ángel Luís, Pesqui, Luís Romaní, Currás, Cabejo, Julián (Ruso, min.75), Alberto, Pataca, Juan (Casais, min.75), Javi (Adrián Negro, min.40), Lagoa (David, min.46).
  • Goles: 1-0: Luís de espectacular por toda a escuadra; 2-0, min.43: Carlos Vidal de cabeza a saída dunha falta; 1-2, min.68: Juan.
  • Expulsións: o muxián Alberto e o cabanés Carlos Santos tras unha refrega entre ambos no min.80.

Presentouse outra vez o Nantón con moitas baixas (Fabio, Eloy, Iván), ante un Muxía que segue amosando unha gran melloría con respecto ao ano pasado pero que non acaba de obter resultados.

Foi un partido con pouco xogo por parte dos dous equipos e sen un dominador claro. O Muxía estivo mellor na primeira metade, con ocasións moi claras que fixeron lucirse a Ernesto a tiro de falta e con dous remates na área pequena á saída de sendos corners que se foron fóra con todo a favor para marcar. De feito, Alberto mandaba ao pao un gran lanzamento.
Sen embargo no minuto 28 Luís sacouse un golazo da chistera cunha volea dende 25 metros que se colou por toda a escuadra. No minuto 40 o Muxía obliga a lucirse de novo a Ernesto nunha doble ocasión con tiro dende a frontal e o posterior rechace na área pequena. Pouco despois Carlos Vidal puxo o 2-0, algo inxusto tralo visto no campo, tras remate de cabeza a saída dunha falta. Na última xogada da primeira parte Luís aproveita un indecisión da defensa do Muxía para plantarse solo diante do porteiro pero remata moi forzado e o balón sae lambendo o pau.

Na segunda metade o Nantón tivo un pouco máis a pelota e creou ocasións claras nas botas de Carlos Vidal a saída de sendos córners. Unha delas vaise fora e a outra sacouna ben o porteiro muxian. No minuto 68 o Muxía acortaba distancias por medio de Juan. Tivo de novo Alberto empate nas súas botas pero fallou, o mesmo que David.

Unha das últimas ocasións do partido foi para Cachi que obliga ó porteiro muxián a facer unha boa intervención a tiro de falta. Aínda dou o partido para unha doble expulsión tras un forcexeo entre Carlos Santos (segunda amarilla) e o o muxián Alberto (vermella directa).

Porteño - Corcoesto (2-0)

  • PORTEÑO: Pablo (Jimmy, min.88), Pejo, Óscar, Maikol, Antón, Ismael, Asier, Yuyo (Cousillas, min.75), Mario Toja, Iago (Búa, min.55) (Gabi, min.75), Bieito (Brais, min.46).
  • CORCOESTO: Edelmiro, Sergio, Logo, Miguel, Alberto, Pablo, Aitor, Xabi (Germán, min.46), Rodri, Javi, Pichuco (Uruguaio, min.55).
  • Goles: 1-0, min.30: Pejo de cabeza nun córner ao primeiro pao; 2-0, min.90: Cousillas a pase de Mario Toja.
  • Lesión: Búa con molestias musculares.

Xa dende o principio estivo mellor o líder, que non fixo o seu mellor encontro, pero tivo varias ocasións para ampliar a renda, como un man a man de Búa que acabou na cruceta. Pero Corcoesto tivo na primeira metade ocasións para empatar, pero nin Pichuco, nin Javi nin Xabi estiveron finos.

Iso si, na segunda malia que a incertidume estivo presente durante os 45 minutso (a sentenza non chegou ata o min.90), o Corcoesto apenas chegou a inquedar a meta de Pablo. Os locais puideron rematar antes co partido, pero Ismael fallou dende os 11 metros e mandou outro balón ao longueiro, e Mario Toja fallou outra clara ocasión para os de gerpe.

Coristanco - Xaviña (1-1)

  • CORISTANCO: Che, Iván, Luís, Marcos, Torreira, Morientes, Sergio (Mallón, min.65), García (Hector, min 70), Añón, Edgar (Martinez, min.75), Cancela (Pazos, min.60)
  • XAVIÑA: Moro, Rodrigo, Caamaño, Esteban, Chiriví (Beto, min.60), Gatusso, Martelo (Juan Antonio, min.75), Pekenao (Elvis, min.46), Ruso (David, min.46), Felipe, Dani.
  • Goles: 0-1, min.20: Gatusso dende fóra da área tras tocar en Luís; 1-1, min.60: Edgar.

Partido igualado en Coristanco, moi trabado e sen demasiado xogo bonito. O Coristanco fallou un penalti por medio de Iván que parou Moro e de contado marcaron os camariñáns por medio de Gatusso. Acabou a primeira metade sen sobresaltos.

Saía o Xaviña mellor situado na segunda, pero Edgar asinaba o tanto do empate ante as protestas dos visitantes, que pedían fóra de xogo. Tamén protestaron un posible penalti os camariñáns que o colexiado non veu. Contra o final, os visitantes tiveron unha boa ocasión para decantar o choque pero Dani fallou diante do Moro.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios