Mércores. 22.01.2020
El tiempo

3ª Autonómica: Preparados para a Fase de Ascenso que comeza xa

3ª Autonómica: Preparados para a Fase de Ascenso que comeza xa
Rematou a longa tempada na 3ª, e moitos dan as gracias. E o remate tivo pouca tensión, pois os únicos que necesitaban gañar para asegurar as prazas na Fase de Ascenso o fixeron con solvencia. Volantes e Montelouro despacharon pronto os choques con Pereiriña e Muxía e aseguraron a súa presencia nos Play off. Os emparellamentos Cabana-Montelouro e Cerqueda-Volantes, e mañá mesmo haberá sorteo na Federación para decidir a orde dos choques. Así, esta fin de semana continúa a competición, a vida ou morte, para estes 4 equipos.

Volantes - Pereiriña (4-2)

  • VOLANTES: Yago (Miguel, min.75), Fran (Pardelo, min.65), Juan (Javi, min.63), Mou (Maikel, min.55), Josiño, Varito, Ramón, Piti, Seluco, Ivi (David, min.60) e Edu.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Alvaro, Grille, Javichu, Aitor, Alex, Adán, Víctor (Poki, min.75), Antonio, Javi (Darío, min.85) e Néstor.
  • Goles: 1-0, min.15: Ramón; 2-0, min.48: Seluco; 3-0, min.55: Seluco; 3-1, min.70: Néstor; 4-1, min.75: Ramón; 4-2, min.88: Víctor.
Non deixou escapar o Volantes a boa oportunidade para clasificarse para os playoff de ascenso e gañou con comodidade a un Atl. Pereiriña que pon fin a unha campaña na que arrancaron con moita ilusión, pero as baixas no equipo de Cee priváronlle de poder levar algún xogador máis do previsto. O Volantes culmina unha moi boa campaña no sei primeiro ano de vida e aínda pode ser maior o éxito si acadan o ascenso.

Soneira B - Fisterra B (4-2)

  • SONEIRA B: Antoniño (Víctor, min.46), Chans, Alberto, Jemisa (Chuchi, min.46), Curra, Héctor, Pichón, Cho (Dani, min.46), Cristian Carantoña (Cristian Cereixo, min.46), Félix (Capote, min.46) e Richi.
  • FISTERRA B: Ángel, Juanjete, Pablo, NoéMiguel, Dani, José da Anchoa, Crivillé, Roi, Canica, David. Tamén: Gabi, Iski, José Manuel.
  • Goles: 1-0, min.25: Richi; 1-1, min.30: Canica; 1-2, min.50: José da Anchoa; 2-2, min.55: Richi; 3-2, min.70: Dani; 4-2, min.80: Héctor.
Partido intranscendente entre filiais que se levaron os de Vimianzo, tras remontar o marcador, o xuvenil de primeiro ao Richi foi decisivo na remontada. Foi un toma e daca vistoso.

Independiente - Camelle (4-3)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Efren (Roberto, min.46), Brais, Rubén, Scot, Rafa, Suso, Cholo (Jorge, min.60), Carlos (Héctor, min.30), Iván Lorenzo e Juni.
  • CAMELLE: Purrúa (Buri, min.30), Diego, Coruña, Mauri, Valiña, René (Alvaro Pantera, min.65), Varu, Mario, Sergio, Jose (Tedín, min.50) e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.5: Barreiro; 1-1, min.15: Carlos; 1-2, min.53: Mario; 2-2, min.60: Iván Lorenzo; 2-3, min.65: Sergio; 3-3, min.75: Jorge, de falta directa; 4-3, min.87: Gustavo.
Foron superiores os de Camelle que adiantáronse sempre no marcador, pero ao final unha contra ben levada polos locais deixou os tres puntos en Carballo, os cales eran secundarios. Ambos equipos acaban con boas sensacións a liga. Os de Camelle a planificar a vindeira campaña, mentres que os de Carballo aínda non dixeron a última palabra na Copa da Costa.

Cerqueda - Carnota (1-2)

  • CERQUEDA: Fredi (Rubén, min.70), Bastón (Che, min.68), Dani, Athu, Javi Pazos, Maikel, Santi, Dani Añón, Manu, You e Juanjo.
  • CARNOTA: Peipo, Urko, Sergio, Pedro, Boni (Pumuki, min.70), Davis Castreje (Davis de Brea, min.55), Rodrigo, Jacobo, Gabriel (Tono da Caixa, min.65), Manuel Luís e Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.44: Dani Añón; 1-1, min.64: Rodrigo, de falta directa; 1-2, min.67: Pumuki.
Cun ollo posto no seguinte partido, os de Cerqueda nos playoff e os de Carnota na copa, o encontro foi de trámite e sen nada en xogo, o pero parado o Carnota que acabou cun expulsado e coa lesión de Rodrigo, motor do medio campo do equipo de Cambeiro. Con dous goles por toda a escadra remontou o equipo de Cambeiro ao gol inicial de Dani Añón para os de Cerqueda. Cos expulsión e a lesión de Rodrigo, os de Carnota acabaron xogando con 9 os últimos minutos.

Porteño - Laxe (3-1)

  • PORTEÑO: Jimy, Brais Grela, Piti, Yago Sestayo, Pejo (Oscar, min.70), Cousillas (Gabi, min.55), Asier (Yago, min.82), Pirucho, Brais (Luís, min.55), Jorge e Ismael.
  • LAXE: Diego, Rellán, Borja, Aarón, Saleta, Ventura (López, min.20), Iván Ventura, Darío, Jacinto (Alberto, min.75), Roi (Adrián, min.70) e Samuel.
  • Goles: 1-0, min.5: Piti, de penalti; 2-0, min.10: Brais Grela; 3-0, min.65: Jorge; 3-1, min.70: Darío.
Cumpliú a súa parte o Porteño, que era gañar, pero non fallaron nin Volantes nin Montelouro, polo que se quedan nese sétimo posto ás portas dos playoff. O equipo da Ponte quedouse como equipo menos goleado da liga, tan só encaixaron 31 goles, cunha marca tan baixa parece complicado explicar como non se deu clasificado entre os seis primeiros postos. Pola contra, o Laxe empañou un pouco a súa imaxe nestas últimas xornadas, ao final o equipo de Lilo queda noveno clasificado.

Montelouro - Muxía (3-0)

  • MONTELOURO: Isma, Canelo (Jose, min.70), Bolo, Alvaro, García, Fernando, Chema, Rico (Dani, min.38), Mingos (Raúl, min.75), Pesco e Geiko (Jaro, min.55)
  • MUXÍA: Jose Antonio, Gerardo Cadete, Jose Ramón, Raúl, Julián, Arxires, Jose Manuel, Martinciño.
  • Goles: 1-0, min.22: Chema; 2-0, min.55: Pesco; 3-0, min.75: Jaro.
Puido ser moito maior a goleada do Montelouro que dominou de principio a fin o encontro, no que o porteiro visitante foi o auténtico protagonistas coas súas intervencións. Fin de campaña para un Muxía que o pasou moi mal para conseguir os efectivos suficientes para xogar, mentres que o Montelouro xogará os playoff para tentar volver a liga da Costa, no ano da súa reaparición. A nota negativa para os locais foi a lesión do seu pichichi Rico, cunha esguince.

Outes - Xaviña (6-0)

  • OUTES: Gato, Martín, Debé, Chúa, Lago, David, Arturo (Elías, min.74), Poke (Lass, min.68), Deivi, Pesco (Kin, min.62) e Fernando (Fabio, min.53)
  • XAVIÑA:
  • Goles: 1-0, min.29: Chúa; 2-0, min.41: Poke; 3-0, min.45: Deivi; 4-0, min.58: Deivi; 5-0, min.68: Arturo; 6-0, min.89: Deivi.
Tarde de celebración para a familia do Outes que non fallou a súa cita dos domingos no Conchido e ateigou unha semana máis as grades. Ao final un churrasco para plantel e afición despois dun partido dun só color, o branco e negro do equipo de Manu Roque que pon fin a unha excelente tempada. O pichichi do equipo, Deivi, rematou cun hattrick a súa boísima campaña.

Cabana - Corcoesto (1-6)

  • CABANA: Sergio, Mato, Jose, Fariña, Eloi García, Jacobo, Miky (Dani Mato, min.55), Pablo (Diego, min.55), Diego Moreno (Ismael, min.55), Josiño (Iván Mato, min.40) e Adrian Santamarina.
  • CORCOESTO: Siro, Pablo, Edelmiro, Germán, Miguel (Lista, min.60), Javi, Longo, Xabi, Martín (Pichón, min.65), Couto (Rodri, min.46) e Josiño.
  • Goles: 0-1, min.10: Miky; 0-2, min.15: Miky; 0-3, min.30: Jose; 0-4, min.40: Adrian Santamarina; 1-4, min.45: Rodri, de falta; 1-5, min.60: Iván Mato; 1-6, min.80: Pablo.
Fin de campaña para o Corcoesto e fin de agonía tamén para o Cabana que levaba unhas cantas xornadas nas que non se xogaba nada e co terceiro posto asegurado. Pablo Mallón tirou de xuvenís e ata 6 xogaron na tarde de onte, sendo tres os autores de catro goles. Aos de Cabana tócalle agora pensar na copa o xoves fronte ao Zas e logo esperar polo playoff de ascenso, no que se enfrontará ao Montelouro.

Alcaián - Lira (2-1)

  • ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Rubén, Dani, Victor Pazos, Tote, Diego, Daviciño, Pichel e Diego
  • LIRA: Miguel Angel, Miche, Fran, Pelexo, Santi, Xabi, Yerai, Ancho, Iago, Craig e Oscar (Cacha, min.46)
  • Goles: 0-1, min.15: Craig; 1-1, min.30: Daviciño; 1-2, min.55: Dani.
Acabou a Lira para estes dous equipos cun partido, ao igual que todos os destas xornada, sen nada en xogo. O xusto para o equipo visitante deuno Yerai, que ao saír da ducha, polo efecto do calor deulle un mareo e por uns momentos asustou bastante aos seus compañeiros. Tivo que desprazarse ao PAC de Carballo en ambulancia, pero xa recuperou a normalidade. A última media hora os locais xogaron con 10 pola lesión de Xabi e non teren máis cambios.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios