Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Os 3 de arriba non fallan e o Volantes chega con forza

3ª Autonómica: Os 3 de arriba non fallan e o Volantes chega con forza

Dos equipos que veñen a caza dos cinco primeiros tan só o Volantes, que vén imparable, aproveitouse do pinchazo do Montelouro. O Porteño cedeu un novo empate no derbi co Soneira, mentres que o Cerqueda descansou polo que, cando menos, non se incrementa a distancia. Quen tamén cedía puntos era o Coristanco en Laxe. Os tres primeiros seguen firmes e sumaron cadansúa vitoria que fai que todo sega igual na parte alta.

Pola parte baixa, o Camelle gañáballe ao Corcoesto, mentres que o Xaviña empataba co Pereiriña. O Independiente deixou escapar dous puntos nos minutos finais ante o Alcaián.

Carnota - Montelouro (3-0)

  • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Pedro, David de Brea (Manolo Chouza, min.70), Manuel Luís (Boni, min.72), Jacobo, Andrés, Rodrigo (David Castreje, min.74), Borja Santos (Gabri, min.78) e Manoliño (Pumuki, min.75).
  • MONTELOURO: Isma, García, Geiko, Pablo, Canelo, Fernando, Dani, Teo (Denís, min.46), Pesco (Jose, min.80), Jaro (Raúl, min.60) e Rico.
  • Goles: 1-0, min.13: Borja Santos; 2-0, min.33: Borja Santos; 3-0, min.65: Rodrigo.
  • Expulsións: Os visitantes Rico (min.41) e Canelo (min.46) por dobre cartón amarelo.

Salvou un dos escollos o Carnota que ten que pasar nestas próximas datas. Foille máis fácil do pensado para o equipo de Cambeiro, os visitantes descentráronse nas protestas co colexiado e laváronas de perder, dous expulsados e un máis que se perderá o encontro para a semana por acumulación de cartóns. Non foi un choque especialmente duro, pero o colexiado foi minando pouco a pouco aos de Louro con accións menores e ao pouco do descanso expulsou a Rico, camiño a caseta o cartón vermello caeulle ao míster e xogador Canelo, pola segunda amarela nas protestas.

No deportivo, os locais adiantáronse por medio do fisterrán Borja Santos que esta a facer unha sensacional tempada en Carnota, cunha boa acción persoal poñía o 1-0 e a media hora aproveitaba un pase de Manuel Luís para poñer o segundo. Na segunda a tras as expulsións o partido foi moi sinxelo para os locais que porían o terceiro para máis tranquilidade por medio do outro fisterrán Rodrigo.

O encontro estivo detido vinte minutos a maiores do descanso, ao solicitar o colexiado a forza do orden público, tendo que vir a Garda Civil de Santa Comba.

Independiente - Alcaian (3-3)

  • INDEPENDIENTE: Dani, Efren (Rafa, min.55), Jonathan (Brais, min.61), Jorge, Rubén, Carlos (Scot, min.73), Cholo (Toni, min.80), Brian, Roberto, Ivi (Gustavo, min.46) e Juni.
  • ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Pombo, Ruben, Portillo, Victor Freire, Pío, David (Nahuel, min.70), Luís, Tote e Victor Pazos.
  • Goles: 0-1, min.10: Víctor Pazos; 1-1, min.46: Juni; 2-1, min.50: Juni; 3-1, min.57: Juni; 3-2, min.75: Tote; 3-3, min.91: Luís.
Partido disputado ata o último segundo, tralo arreón final dos visitantes que sacaron un punto de Carballo no desconto. Comezaron marcando os coristanqueses por medio do seu míster Víctor. Así chegarían ao descanso, pese a que os locais tiveron as súas ocasións para empatar, a mellor un tiro ao pau de Carlos. Nada máis saír do descanso Juni fíxose co protagonismo marcando os tres goles do seu equipo. Tivo os mellores momento o Independiente para sentenciar, non o fixo, e os visitantes reaccionaron conseguindo o empate en tempo de desconto.

Cabana - Muxía (3-1)

  • CABANA: Añón, Rubén García (Eliseo, min.56), Marcos, David, Jose, Eloi García (Diego, min.46), Darío, Adrián (Eloi Pereira, min.65), Josiño (Fernando, min.81), Fran Martuxa e Nando (Jacobo, min.75).
  • MUXÍA: Jose Antonio, Herrera (Antoniño, min.85), Currás, Pataca, Martinciño, Ziro, Julián, Juan do Coral, Raúl, Angel Luís e Felipe.
  • Goles: 0-1, min.20: Pataca; 1-1, min.27: Fran Martuxa; 2-1, min.75: Diego; 3-1, min.83: Eliseo.
  • Expulsión: O visitante Julián (min.57) por dobre cartón amarelo.
Dominio absoluto do Cabana ante un Muxía moi mermado, pese a iso, non conseguiu materializar as numerosas ocasións de gol e chegou con empate aos últimos 15 minutos. Diego cun tiro dende fóra da área e Eliseo nunha xogada persoal puxeron o xusto 3-1 final.

Fisterra B - Outes (0-5)

  • FISTERRA B: David, Gaby (Carlos, min.65), Cote (Diego, min.80), Jorge (Didier, min.80), Juanjete, Pablo, Eddy, Champy (Noe, min.75), Bruno, Insua e Jose D'Anchoa.
  • OUTES: Gato, Saúl (Alvaro, min.80), Martín, Chúa, Lago, David, Arturo, Quin, Deivi (Lass, min.78), Potro (Michi, min.71) e Fernando (Damian, min.63)
  • Goles: 0-1, min.6: Deivi; 0-2, min.11: Chúa; 0-3, min.54: Arturo, de falta; 0-4, min.77: Deivi; 0-5, min.88: Michi.
Cómodo triunfo do Outes nun campo difícil ata finais do ano pasado, este ano semella que non acaban de arrancar na casa o filial fisterrán. Os de Outes puxéronse moi cedo por diante no marcador cun gol do pichichi blanqui-negro ao definir moi ben de vaselina a saída de David. Pouco despois, e sen marxe para a reacción, Chúa marca nun córner tras peitear no primeiro pau David. Despois do descanso Arturo marcaba de falta lonzana axudado polo vento. Deivi materializaba unha pena máxima por mans dentro da área e Michi poñía o quinto e definitivo ao borde do final de tiro raso e cruzado.

Lira - Volantes (0-3)

  • LIRA: Santi, Jose, Pelexo, Edu, Yerai, Manolo (fran, min.5), Suso Perico (Miche, min.85), Gabri (Oscar, min.75), Fran Perico, Ancho e Suso Patachin.
  • VOLANTES: Iago, Fran (Mou, min.70), Juan, Josiño, Paquy, Brais, Ramón (Benja, min.72), Nimo, Pardelo (Ivi, min.55), Seluco (Javi, min.75) e Piti.
  • Goles: 0-1, min.35: Seluco; 0-2, min.42: Seluco; 0-3, min.75: Piti.
  • Expulsión: O local Fran Perico (min.85).
Partido de grande rivalidade o vivido na tarde do domingo en Portocubelo. Malia isto o encontro nunca tivo ritmo e dominador claro. Na primeira xogada os locais xa rondaron a área pequena pero nin Fran Perico nin Suso Patachin foron capaces de conectar un disparo a porta dende a frontal da área pequena. No minuto 20 Seluco tivo un balón escorado que Santi resolveu con tranquilidade. A partires de ai, moito mediocampismo, ata que no minuto 35 Edu perdeu un balón no seu propio campo e os visitantes chegaron a liña de fondo, os locais pediron que o balón sairá do campo, para ceder o balón atrás e empurrar o balón en liña de gol de espuela Seluco. E, cando os locais inda non se recuperaran, un saque de falta case dende o centro do campo, foi rematado case sen oposición por Seluco ao fondo das maias. A primeira parte terminaría co reclamo por parte dos locais dun derribo de Fran Perico no vértice da área por dous defensas visitantes. Na segunda parte mais do mesmo, os locais quixeron ser mais verticais pero non puideron debido ao bo posicionamento do Volantes, malia isto destacar un balón nun man a man de Ancho que saíu a rentes do pau. E no min 75 destacar a acción do terceiro gol visitante que rematou cun gran malestar local, onde despois dunha posible falta a Pelexo este acabou cun golpe na cabeza en campo do volantes, parando o equipo local para ver se estaba ben e parte do visitante, pero nin os atacantes visitantes nin o árbitro quixeron parar o partido, e nunha contra de 4 para 1 puxeron o 0-3 no marcador. A partir de aí os locais baixaron a cabeza e Javi fallou un man a man con Santi e noutra destas Óscar sacaría o balón na liña de gol.

Laxe - Coristanco (1-1)

  • LAXE: Diego, Aarón, López, Naya, Jacinto, Rubén, Iván, Samuel, Zúrich, Mario e Darío.
  • CORISTANCO: Pombo, Castro (Mallón, min.70), Arantón, Germán, Luis, Iván, Adrián (Carlos, min.50), Sergio, Benítez, Márquez e Pazos (Magoby, min.62)
  • Expulsión: a Carlos (min.80) do Coristanco.
  • Goles: 0-1, min.50: Iván, de penalti; 1-1, min.51: Darío.
Mal partido do Coristanco na súa visita a Laxe. Iván adiantou aos visitantes, pero á xogada seguinte, tras o saque de centro, Darío igualou para o Laxe. Zúrich puido facer o 2-1 de penalti; pero foi anulado por rematar él tras golpear o balón no pau. Os visitantes acusaron a baixa do seu pichichi e estandarte, Toniño

Camelle - Corcoesto (3-1)

  • CAMELLE: Carlos Purrúa (Diego, min.30), Manuel, Juanjo (Cristian, min.60), Carlos Devido, Adrián, Mario, Iván (René, min.46), Sergio, Barreiro, Jose (Alvaro Pantera, min.75) e Varu (Alberto, min.80)
  • CORCOESTO: Siro, Lista, Manuel, Germán, Pichón, Uru (Couto, min.55), Longo, Javi, Martín, Rodri e Xabi.
  • Goles: 0-1, min.20: Martín; 1-1, min.63: Barreiro; 2-1, min.66: Álvaro Pantera; 3-1, min.89: Barreiro.
Non foi un bo partido de parte a parte, pero os locais con maior acerto leváronse os tres puntos. A primeira metade foi moi sosa. Os visitantes adiantáronse por medio de Martín que recibiu un bo pase de Longo. Tralo descanso Barreiro e Alvaro poñían por diante ao Camelle, os visitantes foron a polo empate e na contra caeulle o terceiro gol. A nota negativa dos locais seguen sendo as lesións, desta vez foi o meta Carlos, no seu lugar tivo que colocarse o xogador de campo Carlos Devido.

Soneira B – Porteño (1-1)

  • SONEIRA B: Víctor, Damian, Curra, Alberto, Roi, Quilmes, Jemisa, Chans, Vicente (Pichón, min.80), Cristian de Cereixo, Cho (Marquitos, min.66).
  • PORTEÑO: Jimy, Pejo (Gabi, min.66), Brais, Piti, Maikol, Asier, Jorge, Oscar (Rubén, min.83), Iago (Cousillas, min.77), Brais II (Iago Carril, min.88) e Wi (Ismael, min.77).
  • Goles: 0-1, min.20: Wi; 1-1, min.58: Cristian de Cereixo.
Derbi con moita intensidade o disputado no Municipal de Vimianzo que rematou en táboas. Os visitantes tiveron unha fase na primeira metade para matar o encontro, non o fixeron e logo chegoulles o empate nun polémico libre indirecto. Wi abría o marcador aos vinte minutos tras un pase atrás dende a liña de fondo de Brais II. Logo so xogadores de Gerpe tiveron tres claras ocasións de gol por medio de Óscar que non man a man tira o balóns as mans do meta Víctor no intento de vaselina. Wi internouse pola liña de fondo e o seu tiro sen ángulo é detido por Víctor e Brais II a pase de Pejo desaproveitou outra ocasión. Tralo descanso o partido volveuse moi feo, apenas houbo ocasións de gol e ambos equipos protestaban todas as xogadas, a máis foi a que deu orixe ao empate, un pase ao meta Jimy foi interpretado polo colexiado como cesión, o libre indirecto foi transformado por Cristian. De aí ao final, moitas faltas e poucas ocasións de gol.

Xaviña - Atl. Pereiriña (1-1)

  • XAVIÑA: Pablo, Chiribi, Juan Antonio, Snaqui, Juan, Caamaño, Adrián, Saviola, Martin, Yuyo e Electro.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Javi, Alvaro, Mateo, Adán (Javier, min.75), Alex, Poki, Víctor, Rafa (Jorge, min.80) e Néstor.
  • Goles: 1-0, min.10: Saviola; 1-1, min.80: Poki, de penalti.
  • Expulsión: O visitante Mateo (min.30) por dobre cartón amarelo e o local Caamaño.
Primeira metade moi disputada e sen un dominador claro, nin claras ocasións de gol. Contra a lóxica, os visitantes con 10 melloraron e na segunda dominaron ao Xaviña. O empate chegou a finais do partido ao transformar Poki unha pena máxima por mans dentro da área.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios