Venres. 19.04.2024
El tiempo

3 metais en Taekwondo e 6 podios en Baile deportivo para Arte e Movemento

3 metais en Taekwondo e 6 podios en Baile deportivo para Arte e Movemento

Doble sesión esta pasada fin de semana para o activo Club Arte e Movemento. Baile e Taekwondo, con idénticos e positivos resultados.

6 podios en Baile deportivo

Este pasado domingo, o clube Arte e Movemento acudía ao Trofeo Sons/ Cidade de Compostela con 8 parellas. E volveron con 6 podios, nada menos.

No grupo Youth-adulto 1 E, coparon o podio por medio das parellas Iván e Aida, primeiros, Juan Luis e Noelia, segundos, e Martín e María, terceiros.

Ademais o clube costeiro tamén celebrou os podios de:

  • En Senior 1 D - 2º posto para Manuel e Lucía.
  • En Youth E - 3º posto para Cristian e Laura.
  • En Adulto 1 B - 3º posto para Roberto e Patricia.

E rozando o podio estiveron os:

  • Diego e Ariadna - 4º posto en Adulto 1 A standard.
  • Cristian e Laura- 4º posto en Youth D latinos.

3 metais en Taekwondo

Paralelamente, o pasado sábado Arte e Movemento acodía tamén á Copa Cidade da Coruña de combate con 6 deportistas cos que acadaron 3 podios:

    Anxo Fernández, de Carnota, repite o ouro, algo caso ao que nos está xa acostumbrando.
  • Adrián Saborido, de Carnota, acadou a prata.
  • Cristian Domínguez, de Cee, deu a sorpresa coa prata, nun grupo bastante dificil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios