3ª Autonómica: O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica! E o Montelouro… case
23:24 02/04/16
O SD Laxe celebrando o ascenso a Liga da Costa no bus da Mikaela -Foto-Jose Maria Suarez
Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB
Menuda xornada de infarto este sábado 2 de abril na 3ª Autonómica!! A penúltima xornada deparaba dous focos de atención máxima. No Cabo da Area, o Laxe acompañado dunha numerosa afección conseguía un soñado ascenso tras vencer, a ritmo de tambores, ao Nantón, conseguindo ademais o título da 3ª Autonómica 15/16. E o celebraba co bus da Mikaela pola vila adiante.
Mentre, no Novo Cubaleiro de Corcubión, e cunha entrada moito máis miúda, o cadro local e o Montelouro xogábanse unha finalísima. O que gañase ascendía, pero o marcador final rematou cun empate que deixa ao Montelouro por diante (polo golaverage individual nos 3 partidos) de cara á última xornada. O Muxía visitará Agra da Filgueira para intentar sorprender e “botar unha man” ao Corcubión, pero o Louro dependerá de si mesmo.
Polo demais, xa saben que a Promoción de ascenso á Liga da Costa está sentenciada dende hai moito tempo, e acompañarán (probablemente, se non falla o Louro) ao Corcubión, os Muxía, Nantón e Camelle.
Laxe - Nantón (3-2)
Petado o Cabo dArea para o ascenso do Laxe-Foto-Jose Maria Suarez- Campo: Cabo d’Area.
- Laxe: Noé (Jaco), Naya, Jacinto, Aarón, Felipe Rodríguez, Gora, Borja, Miguel Varela (Pichel), Felipe Oróns (Iván), Samu (Djamel) e Zuric.
- Nantón: Chechu, Lareu, Guau, Raúl, Diego, Vidal (Valentín, m.65), Maikel, Redondo (Fabio, m.46), Damata, Martín, e Silva. Tamén: Valentín, Guille (Maikel, m.80).
- Goles: 0-1, m.15: en propia meta; 1-1, m.25: Samu tras xogada en banda de Oróns; 2-1, m.40: Samu en xogada individual; 3-1, m.65: Gora tras un córner; 3-2:, m.80: Valentín.
Corcubión - Montelouro (1-1)
- Campo: Novo Cubaleiro.
- Corcubión: Beto, Iván, Senra, Pablo, Xabi, Alán, Sebas, Edu, Toja, Lema e Tito. Tamén Gorka, Mario Suárez, Samu e Adri.
- Montelouro: Iago, Abel, David, Borja, Pablo, Gelo, Adrián, Dani DJ, Riki, Sexo e Juan de Celia.
- Goles: 1-0, m.42: Lema; 1-1, m.55: Gelo marca un golazo de tiro dende fóra da área.
- Expulsión: o local Senra no m.80.
Novas relacionadas
- Previa do Zas-Fisterra: O partido que todos firmarían xogar.
- Á Costa fáltalle un xeonllo.
- 6 equipos costeiros poderían perder a categoría polos arrastres.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).