Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: igualadas no primeiro partido da promoción

3ª Galicia: igualadas no primeiro partido da promoción
CAMELLE S.D. 1 - S.D. AMEIXENDA 1 CAMELLE: David, Carlos, Rodrigo, Snacky, Pablo, Varu, Barreiro, Mario, Miguel Riveiro, Tedín e Jati. Tamén xogaron Adrián, Feli e David. Foto David Castro AMEIXENDA: Papi, Bichiño, Oca, Samu, Alex, Piquero, Susiño, Castreje, Bicho, Nes e Pablo. Tamén xogaron Borja e Adán. Foto David Castro GOLES: 0-1 53´Oca   1-1 56´Mario Expulsado Barreiro por agresión no 90´ Espectacular partido de promoción o vivido onte pola mañán no Rodeiro. A pesar do estado do terreo de xogo todos os xogadores que participaron fixérono con orgullo, paixón e entrega, e brindaron un clásico partido do KO, no que houbo de todo, e quizais só sobraba algo de dureza no xogo, habitual por outro lado en encontros de tal transcendencia. O Ameixenda acudiu con baixas, e un pouco reservón, pois non era o día de practicar o seu fútbol habitual. O Camelle, coñecedor do Rodeiro palmo a palmo, tivo as mellores opcións no primeiro tempo: Barreiro plantouse ante Papi e este evitou o gol, Jati só diante do porteiro botouna fora, e foi anulado un gol ó Camelle antes do descanso por falta previa. No segunto tempo a saída de Adrián doulle vivacidade ó ataque local. Papi sacou un disparo do extremo como puido. Tamén a presencia de Borja no Ameixenda serviu para crear perigo. O dianteiro rematou e un defensa do Camelle sacou baixo paos. Un disparo de Pablo case é gol, pero nese córner Oca adiantou os visitantes. Acto seguido unha boa estratexia entre Varu e Barreiro rematouna Carlos sacandoa un defensa a córner, e neste veu o gol da igualada ó aproveitar un rexeite Mario. O campo foise poñendo peor e o encontro foi un catálogo de loita e pelexa. Borja enviou fora un remate de cabeza no 80´e contra o final foi expulsado Barreiro por agresión, co que se perderá o partido de volta. O Camelle - Ameixenda foi un partido de outra época. FOTO DAVID CASTRO C.F. PORTEÑO 2 - CABANA S.D. 2 Imaxe do Porteño-Cabana-Foto-Porteño Imaxe do Porteño-Cabana-Foto-Porteño PORTEÑO: Brais, Adrián, Caamaño, Pejo, Vicente, Cousillas, Jorge, Rachón, Velo, Espi e Luis. Tamén xogaron Angel, Wii e Xoel CABANA: Víctor, Manu, Duda, Isma, Fernando, Manolo, Alberto, Ferreiro, Cacha, Cristian, Pablo. Tamén xogaron Laik, Castro e Mateo. GOLES: 0-1 46´Pablo   1-1 60´Pejo   1-2 74´Ferreiro   2-2 89´Rachón Imaxe do Porteño-Cabana-Foto-Porteño Imaxe do Porteño-Cabana-Foto-Porteño Na Grixa, igualdade. No primeiro tempo as defensas impuxéronse ós ataques. O Cabana tivo unha boa ocasión nun córner directo de CAcha, pero neste tempo pouco perigo houbo. Adiantouse o Cabana nada máis saír dos vestiarios nun balón dividido que aproveitou Pablo Pose. O partido volveuse máis aberto, o Porteño mandou un balón ó longueiro e foille anulado un gol por fora de xogo. Igualou Pejo nunha falta colgada á area. Pouco despois Ferreiro nunha gran xogada persoal adiantou de novo ós visitantes, pero cando o encontro esmorecía Rachón anotou un auténtico golazo para selar a igualada. O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega

Comentarios