Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: o Castriz alcanza o liderato

3ª Galicia: o Castriz alcanza o liderato
O descanso do Coristanco aproveitouno o Castriz para vencer, non sen problemas, a uns renacidos As Baleas, e colocarse á fronte da clasificación. Ó descanso chegouse con vantaxe de tres tantos para os locais, pero os visitantes buscaron a remontada e case a consiguen. un gol de Sebas puxo a sentencia. Púxose terceiro o Cabana que realizou un gran partido en Vimianzo ante o Castrelo e levouse os tres puntos cunha contundente goleada. Adiantouse o Castrelo na primeira xogada pero a boa tarde goleadora dos irmáns Mato doulle a vitoria ós visitantes. O Camelle, que parece que ten unha cara no Rodeiro e outra fora, venceu ó Nantón e aparca a xeira de tres derrotas consecutivas. O goleador Barreiro, coma sempre, foi o home clave na vitoria ó anotar os dous tantos. Outes e Porteño igualaron nun encontro de aspirantes no que os visitantes se adiantaron a pesar de xogar con dez homes pero case contra o final o Outes igualou o partido, e o Camariñas goleou ó Laxe nunha boa tarde de Djibril, que anotou tres tantos, e lambeu as feridas da derrota do derbi a semana pasada. O Seaia conseguiu a primeira vitoria da liga con un gol de Uru no tempo de desconto ante un Corcubión que agora mesmo é o colista. CAMELLE S.D. 2 - C.D. NANTÓN 0 CAMELLE SD: David, Sergio, José, Valiña, Pablo, Barreiro, Jati, Mario, Adrián, Vieites e Miguel Riveiro. Tamén xogaron Iván, TEdín, Varu, David Vázquez e Cristian. CD NANTÓN: Guille, Fabián, Pablo, Gavín, Fariña, Alberto, Micael, Juan, Pastor, Redondo e Iván Moreira. Tamén xogaron Eloy, Javier Muíño e Santi. GOLES: 1-0 58´Barreiro   2-0 86´Barreiro S.D. CASTRIZ 4 - AS BALEAS F.S. 2 SD CASTRIZ: Alvarito, Paredes, Noya, Bruno, Kevin, Steven, Mauri, Iván, Martín, Alex e Sebas. Tamén xogaron Doriño, Anxo, Martín Fernández e Richard. AS BALEAS FS: Carlos, Juan, Brian, Alvaro, Diego, Xoxe, Carlos González, Jesús Vigo, Bieito, Fernando e Daniel Tedín. Tamén xogaron Cristian, Nico e Mohammed GOLES: 1-0 11´Sebas   2-0 23´Iván Pastoriza   3-0 32´Sebas   3-1 56´Jesús Vigo   3-2 72´Jesús Vigo   4-2 75´Sebas C.F. CASTRELO 2 - CABANA S.D 5 CF CASTRELO: Carreira, Luis, Esteban, Picallo, Rubén, Eloy, Canosa, Iván Chans, Darío, Félix e Fabio. Tamén xogaron Iván Caamaño, Gustavo, Mario e Estebo. CABANA SD: Diego, Isma, Diego Castro, Rubén, Dani Mato, Iván Castro, Fernando, Iván Mato, Cacha, Manuel e SAnti. Tamén xogaron Manolo, Alex, Pose, Christian e Víctor. GOLES: 1-0 1´Rubén   1-1 10´Manuel   1-2 54´Dani Mato   1-3 55´Manuel  1-4 62´Iván Mato   1-5 70´Iván Mato   2-5 75´Rubén CAMARIÑAS C.F. 4 - S.D. LAXE 0 CAMARIÑAS CF: Pablo Novo, Rodri, Fran Oreiro, Moriño, David Pasantes, Soule, Adrián Bardanca, Nico, Joseba, Maikel e Djibril. Tamén xogaron Mickael, Brais Alonso e Juan. SD LAXE: Eloy, Borja, Ventura, Adrián Pasantes, Javier Banegas, Gustavo, Elías, Djamel, Jose, Bieito e López. Tamén xogaron Daniel Pose e Daniel Arguelles. GOLES: 1-0 7´Djibril   2-0 62´Djibril   3-0 87´Djibril   4-0 89´Nico OUTES C.F. 1 - C.F. PORTEÑO 1 OUTES CF: Antón, Babu, Saúl, Joel, Martín Caamaño, Edu, Santi, Sergio, Fran, Simón e Quin. Tamén xogaron Ramón, Paullo, Sergio Lado e Breno.  CF PORTEÑO: Jonathan, Caamaño, Manuel, Pejo, Espi, Jorge, Angel, Cachi, Javi Antelo, Vicente e Roi Carril. Tamén xogaron Adrián, Velo, Mario, Rodrigo e Martín. GOLES: 0-1 72´Javi Antelo   1-1 80´Santi SPORTING SEAIA C.F. 2 - U.D. CORCUBIÓN 1 SP. SEAIA: Martín, Alex, Jorge Parga, Mario, Juni, Chols, Adrián Parga, Josi, Mara, Vistas e Iván. Tamén xogaron Carballo, Uru, Diego e Cristofer. UD CORCUBIÓN: Marcos, Mario, Brais, Castillo, Alexandro, Iago Lema, Anton, Rodri, Pablo, Evaristo e Martín. Tamén xogaron Roi, Tito, Diego, Oca e Alex Agulleiro. GOLES: 1-0 39´Juni   1-1 45´Iago Lema   2-1 90´Uru

Comentarios