Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Coristanco, único equipo invicto do Fútbol da Costa, recupera a distancia

3ª Galicia: O Coristanco, único equipo invicto do Fútbol da Costa, recupera a distancia
O Coristanco é o unico equipo do Fútbol da Costa que non coñece a derrota O Coristanco é o unico equipo do Fútbol da Costa que non coñece a derrota Se a semana Castriz e Cabana recurtaban distancias, esta fin de semana o Coristanco, o único equipo que non coñece a derrota nas 4 categorías do noso fútbol costeiro, volve ter 5 puntos de vantaxe sobre o Cabana e 6 sobre o Castriz. Os dous perseguidores non pasaron do empate en Laxe e Camariñas. Na loita pola fase de ascenso, o Porteño parece que quere pelexar máis polo ascenso directo comandado por espectacular Javi Antelo, mentres que Outes e Nantón pegan un estirón na loita con equipos como Camariñas, Laxe ou Camelle, que tamén pelexarán por esa 6ª praza.

Laxe - Cabana (3-3)

  • Laxe: Eloy, Ruso (Bras, min.65), Borja, Jacinto, Ventura (Galeano, min.70), Djamel, Elías, Adrián, Dani (Felipe, m.45), Zurich (Bieito, min.50) e Andrés.
  • Cabana: Darío, Raúl, Duda (Ismael), Pipa, Dani (Pablo Senande), Manolo (Castro), Iván, Fernando, Cristian (Ferreiro), Cacha e Santi.
  • Goles: 0-1, m.5: Iván Mato; 1-1, m.72; Andrés; 1-2, m.76: Iván Mato; 2-2, m.78: Andrés; 2-3, m.87: Fernando; 3-3, m.94: Andrés.
Menudos últimos 20 minutos de tolos no Cabo D’Area, con 5 goles, cun Cabana que se colocaba por tres veces por diante e un Laxe que conseguía neutralizar a vantaxe en outras tantas ocasións, a pesar de xogar case toda a segunda metade cun home menos (expulsión de Elías) e os últimos 15 minutos con dous (de Jacinto). Foi un partido típico de derbi, e con moita emoción. Comezaba dominando o Cabana e pronto se adiantaba e mesmo fallaba un penalti. Pouco a pouco o Laxe íase asentando e crendo nas súas posibilidades e mediada a segunda metade, Andrés empataba. Sucedíanse os golpes xa a esa altura do partido e se marcaba de novo Iván Mato, Andrés respostaba co empate. Quedaban 3 minutos cando Fernando marcaba o que parecía o gol da vitoria, pero o Laxe, facendo unha demostración de esforzo e garra, collía un balón no medio campo e, de novo, Andrés acadaba un vaiolísimo empate, no moral, sobre todo. Aínda tivo o Cabana unha última ocasión para levar os puntos de Laxe, pero Felipe conseguíu sacar o balón baixo paus xa co Eloy batido.  

Seaia - Coristanco (0-2)

  • Seaia: Recarey, Canario, Vistas, Jorge, Josi (Quintas, m.70), Iván, Toni, David Parga, Chols (Pablo, m.80) e Mara (Dimaga, m.63).
  • Coristanco: Diego, Lagoa, Sergio, Mato, Torres, Pazos, Samuel, Magovi, RR, Javi, Álex. Tamén xogaron: Rubio, Corral, Figueiras, Dani e Castiñeiras.
  • Goles: 0-1, m.61: Samuel; 0-2, m.71: Corral.
Choque que enfrontaba a Da Silva ante o seu ex equipo, un Coristanco que da man de Eloy permanece como o único equipo que non coñece a vitoria dos 35 do Fútbol da Costa. Foi un choquemoi igualado, onde o Seaia comezou chegando á contra e facendo lucirse a Diego. O Coristanco dominaba pero noin chegaba con demasiado perigo. Na segunda, a expulsión de Alex deixaba o cadro verde cun home menos, pero cun par de reaxustes tácticos mantivo a liña e conseguiu poñerse por diante por medio de Samuel e Corral. Ademais, Diego era clave evitando o tanto local. Ao remate, tanto o local Mara como o visitante Magovi saíron lesionados.  

Porteño - As Baleas (6-0)

  • Porteño: Jimi, Vicente, Caamaño (Rodri, m.54), Oli, Cachi (Mario, m.48), Ángel, Jorgito, Javi, Nazo, Manoliño e Wii (Martín, m.56).
  • As Baleas: Cousillas, Pasantes, Brais, Brian, Bieito, Xoxe, Carlos, Suso, Álvaro, Nando e Tedín. Tamén xogaron: Nico, Diego, Isma, Cristian e Sar.
  • Goles: Javi, Manoliño (2), Wi, Martín e Nazo.
Derbi sen demasiada historia na Grixa, nun campo bastante tocado, e cunhas Baleas que chegaron sen as botas axeitadas e que esvaraban continuamente. O Porteño soubo xogar e abrir a tela de areña formulada polo cadro laranxa, e abriu o marcador na primeira metade cos tantos de Javi Antelo (o mellor do partido) e Canosa. Na segunda, xa co partido roto, o Porteño sentenciaba. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf.10/videos/126029195068419/?t=2" width="700" height="400" onlyvideo="1"]

Corcubión - Nantón (1-2)

  • Corcubión: Marcos, Oca, Mario, Pablo, Eva, Martín, Chiru, Álex, Lagoa, Tito e Álex Agulleiro.
  • Nantón: Guille, Fran, Martín, Maikel (Cachopo), David, Santi (Iván), Pablo Fuentes, Juan (Rúper), Pastor, Redondo e Cristian (Fabio).
  • Goles: 0-1, m.20: Santi Moreira; 1-1, m.26: Mario de penalti; 1-2, m.61: Pablo Fuentes coa axuda do porteiro local.
Empezou dominando o Nantón e creando ocasións mentres o equipo local buscaba as saídas rápidas ó contragolpe. Un centro envelenado convertíase no primeiro gol do equipo visitante tras un bo remate de Santi. Empataría pouco despois o equipo local de penalti, da man de Mario. A segunda parte seguiu a tónica da primeira metade. O Nantón dominando e o Corcubión saíndo rápido, pero que perdeu fol tras quedar cun home menos (expulsión de Alex Algulleiro no m.79). Perdonaron os locais un man a man e xusto despois un tiro lonxano de Pablo Fuentes envelenouse e sorprendiu ó porteiro local, que toca o balón, bate no longueiro e bota cara dentro na línea de gol. Puido sentenciar o Nantón pero atopouse co porteiro local Marcos que aí si fixo varias boas intervencións.  

Camariñas - Castriz (1-1)

  • Camariñas: Pablo, Rodrigo, Paco, Chicote, David Pasantes, Soule, Mickael, Adrián Bardanca, Anxo, Fran e Djibril. Tamén xogaron Joseba, Lista, Raúl, Marino e Andrew.
  • Castriz: Puyol, Álvaro, Martín Gemelo, Álex, Kevin, Bruno, Rompe, Iván, Jorge Calvete e Sebas. Tamén xogaron: Steven, Martín, Anxo, Carlos e Álvaro.
  • Goles: 0-1, m.2: Martín Gemelo; 1-1, m.77: Djibril de penalti.
Choque moi igualadono Hermanas Patiño, que supón un pequeno tropezo para o Castriz de David Velo, pero que demostra que o Camariñas vai loitar pola fase. Segunda metade moi trabada, con moitas faltas. O Castriz quedou con 9 por dúas expulsións (Martín Gemelo e Rompe), e o Camariñas meteuse arriba e fixo lucirse a Puyol. Tamén tivo Sebas o partido contra o final pero mandou alto.  

Outes - Camelle (2-0)

  • Outes: Antón, Joel, Paulo, Babu, Saúl, Martín, Sergio, Santi, Veleiro, Chía, e Kim. Tamén xogaron: Fabio, Sergio, Breno e Josiño.
  • Camelle: Sergio, Rodri, Valiña, Barbeiro, Tajes, Barreiro, Adrián, Miguel Riveiro, Vieites, Álvaro e Roi.
  • Goles: 0-1, m.21: Martín Caamaño; 0-2, m.43: Martín Caamaño.
Partido que puido acabar en goleada pero que tamén puido ter deixado máis premio aos locais. Na primeira metade os de Pupus desperdiciaron varias ocasións e o Outes foise ao descanso con 0-2 cos goles de Martín. Na segunda entrou mellor o Camelle pero segue fallando no que vai de campaña no mesmo: a culminación. Apretou, sobre todo no treito final, pero sen premio.  

Comentarios