Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: o Volantes pilla distancia sobre os perseguidores

3ª Galicia: o Volantes pilla distancia sobre os perseguidores
Pilla distancia o Volantes na cabeza da clasificación ligueira coa súa vitoria de onte e as derrotas de Muros e Cabana. Laxe e Camelle venceron e únense ó grupo perseguidor. SP. SEAIA 4 - MUROS 1 SP. SEAIA: Recarey, Canario, Jorge Parga, David, Changui (Darío 65), Álvaro Ramos, Chols, Adrián Parga, Mara, Vistas e Josi MUROS: Xandre, Lice, Banana (Sergio 70´), Iván Cerilla, David, Pedro, Lariño (Manu 55´), Berni, Hugo (Alex 51´) (Vazquez 55´), Alvarito e Canote GOLES: 1-0 12´Chols   1-1 35´Pedro   2-1 47´Changui   3-1 51´Chols   4-1 61´Mara de pti Gran vitoria a do Seaia na Pedra Queimada de Malpica ante un Muros que viña imparable, pero que chegou con moitas baixas e pouco puido facer ante o gran segundo tempo dos locais. Adiantouse o Seaia ó cuarto de hora, pero pronto igualou o Muros. Con empate chegouse ó descanso, pero no segundo tempo o Seaia desarbolou ó Muros e levouse o encontro claramente. O Muros xogou con 9 homes os últimos minutos por expulsión de David e Vazquez, e o Seaia tamén foi expulsado Mara no minuto 71. CAMELLE 2 - CASTRELO 1 CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Tajes, Pablo Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Mario, Adrián Pasantes, Alvaro Lema e Vieites. Tamén xogaron Cristian Lema, Rodrigo, Rubén e Alvaro Canosa. Expulsado Alvaro Lema no 59´ CASTRELO: Carreira, MArtín, Esteban, Gustavo, Luis Roget, Steven, Félix Roget, Nico, Elvis, Iván e Lado. Tamén xogou Dani Picallo. GOLES: 1-0 15´Barreiro   2-0 32´Méndez   2-1 44´Esteban Costoulle ó Camelle desfacerse do Castrelo, nun encontro que pareciu poñerse de cara moi pronto para os locais, pois á media hora xa ganaban por 2-0, pero o Castrelo reduciu distancias, e coa expulsión no segundo tempo de Álvaro Lema, buscaron o empate sin sorte. CASTRIZ 2 - CORCUBIÓN 2 CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Paredes, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Negreira, Amarelle, Pastoriza e Landeira. Tamén xogaron Matías e Nakata. CORCUBIÓN: Abe, Dantés, Pablo, Mario, Adri, Rubén, Lema, Antón, Gabi, Rama e Cote. Tamén xogaron Asier, Martín, Lagoa e Rodri. GOLES:1-0 26´Amarelle   1-1 43´Cote   1-2 79´Rama   2-2 89´Kevin Partido intenso en Castriz. Dominou o Castriz no inicio, tendo Coté unha clara ocasión para os visitantes nunha vaselida que se foi fora. Adiantáronse os locais de falta directa, pero o propio Cote igualou pouco despois. Os visitantes anotaron o segundo tanto, desaproveitou un feixe de ocasións, e no tempo de desconto apañou un inxusto empate. LAXE 2 - PORTEÑO 0 LAXE: Jacobo, Toja, Naya, Jacinto, Adan, Paredes, Santi, Samu, Elias López, Manu e Ventura. Tamén xogaron Bieito, Felipiño, Jorge e Iñigo PORTEÑO: Jonathan, Marcos, Curra, Manuel, Caamaño, Cousillas, Jorge Simaría, Pablo, Eiroa, Jorge Velo e Pardiñas. Tamén xogaron Wii, Isma, Adrián, Sergio e Brais GOLES: 1-0 30´Manu   2-0 72´Naya Boa vitoria do Laxe que se está a facer forte na casa para ascender posicións na tabla clasificatoria, onde xa está colocado a 4 puntos do líder cun partido menos. Os goles de Manu e Naya, un en cada tempo, fixeron xustiza ó visto no Cabo de Area. OUTES B 2 - CABANA 1 OUTES B: Gorka, Cesar, Christian, Juan, Saul, Paullo, Fabio, Aitor, Alberto, Bruno e David. Tamén xogaron Jason, Lago, Fran, Serxio e Turnes CABANA: Diego, Djamel (Castro), Ismael, Duda, Fernando, Manolo, Cristian (Cabana), Diego (Laik ), Ferreiro, Reigía, José (Alberto) GOLES: 1-0 12´Paullo   2-0 14´David   2-1 26´Laik Saiu moi metido o Outes, que dominou e anotou os seus dous tantos pronto. Reduciu distancias o Cabana, buscou o empate pero sen moita claridade. No segundo tempo o filial foi quen de amarrar a vitoria a base de tesón. VOLANTES DE BAÑO 3 - NANTÓN 0 VOLANTES: Javira, Tico, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Cajulo, Pardelo, Raúl, Iván, Godo e Picho. Tamén xogaron Dani, Rubén, Mingos e Alberto NANTON: Guille, José Manuel, Romero, Gavin, Micael, Martín, Fabio, Pereira, Diego, Redondo e Moreira. Tamén xogaron Diego Bello, Lareu, Carlos Vida, Eloy e Dani Bardanca GOLES: 1-0 15´Thiago   2-0 50´Thiago 3-0 65´Godo Dous goles de Thiago relanzan ó Volantes hacia a candidatura ó ascenso, ó derrotar con claridade ó Nantón, equipo sempre perigoso. O Volantes está a pillar velocidade de cruceiro e a pesar de ter un partido mais que o resto dos candidatos, as sensacións que está a transmitir son realmente boas. O tanto de Godo puxo a puntilla a un Nantón entregado dende o 2-0

Comentarios