Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: segue a loita entre Castriz e Coristanco

3ª Galicia: segue a loita entre Castriz e Coristanco
Segue a loita na cabeza entre os favoritos CAstriz e Coristanco, con Cabana, Porteño e CAstrelo vixiando calquera erro que poidan ter estes dous equipos. O Castriz, tivo que remontar no segundo tempo ante un gran Nantón, que se puxo por diante 2 -1 pero non foi quen de aguantar a vantaxe, sobre todo despois de quedar con 10 homes tras a expulsión de Fabio. Sebas, con dous goles decisivos, foi o protagonista. En Coristanco, unha gran tarde de Xuco, autor de tres tantos, doulle a vitoria ó conxunto local ante o Camelle, que aguantou ata case o descanso pero recibiu como un mazazo dous goles case seguidos. En Cabana, partido de moitos cartóns, con Isma e Maikel, un por cada lado, expulsados, e cun Cabana que sempre levou a iniciativa do xogo e do marcador. O Castrelo o sábado sufriu pero levouse tres importantes puntos ante As Baleas cun gol de Félix de penalti mediado o segundo tempo. Laxe e Outes igualaron nun encontro no que se adiantaron os visitantes pero pronto igualou Felipiño para os locais. O Porteño meteulle unha manciña ó Seaia, nun encontro que xa sentenciou practicamente no primeiro tempo, mostrando a súa candidatura a todo. S.D. CORISTANCO 3 - CAMELLE S.D. 1 SD CORISTANCO: Diego Mallo, Sergio, Lagoa, Pazos, Xuco, Cristian, Javi, Rial, Botana, Daniel e Alex. Tamén xogaron Mato, Damián e Adrián. CAMELLE SD: David Tajes, Cristian, Rubén, Valiña, Pablo, Miguel Riveiro, Barreiro, Jati, Mario, Adrián Vieites e David Vieites. Tamén xogaron David Vázquez, TEdín, Carlos e Adrián Tajes. GOLES: 1-0 44´Xuco   2-0 45´Xuco   3-0 58´Xuco   3-1 89´Mario C.D. NANTÓN 2 - S.D. CASTRIZ 4 CD NANTÓN: Guille, Santi, Pablo, Gavín, David Fariña, Martín, Fabio, Juan, Pastor, Iván Redondo e Iván Moreira. TAmén xogaron José Manuel, Alberto, Javier Muíño e Dani Bardanca.  SD CASTRIZ: Puyol, Paredes, Alvaro, Bruno, Steven, MAuri, Iván, Martín, Alex, Jorge Calvete e Sebas. Tamén xogaron Toniño, Kevin e Negreira. GOLES: 0-1 15´Martín   1-1 37´Iván Redondo   2-1 55´Santi   2-2 63´Steven   2-3 68´Sebas   2-4 80´Sebas AS BALEAS F.S. 0 - C.F. CASTRELO 1 AS BALEAS FX: Carlos Cousillas, Brais, Juan Lado, Brian, Bieito, Nico, Alvaro, Xoxe, Carlos González, Jesús Vigo e Daniel. TAmén xogaron Cristian, Isma, Diego e Fernando. CF CASTRELO: Carreira, Steven, Canosa, Luis, Esteban, Picallo, Eloy, Rubén Blanco, Maikol, Darío e Iván Chans. Tamén xogaron Félix, Mario, Roi e Fabio Allo GOL: 0-1 70´Félix de penalti CABANA S.D. 4 - CAMARIÑAS F.C. 2 CABANA SD: Darío, Isma, Rubén, Iván, Dani Mato, Manolo, Iván Mato, Diego, Manuel, Cacha e Santi. TAmén xogaron Yago, Simón, Fernando e Christian. CAMARIÑAS F.C.: Pablo Novo, Soule, Rodrigo, Nico, Fran, Moriño, Brais, David, Djibril, Mickael e Maikel. Tamén xogaron Adrián e Joseba. GOLES: 1-0 33-Manuel   2-0 38´Manuel   2-1 44´Soule   3-1 45´Darío   4-1 70´Iván Mato   4-2 81´Djibril S.D. LAXE 1 - OUTES C.F. 1 SD LAXE: Eloy, Iván Bras, Borja, Iván Ventura, Felipiño, Gustavo, Elías, Djamel, Dani Pose, Caamaño e López. Tamén xogaron Javier e Manuel Reigía. OUTES CF: Antón, Saúl, Chía, Joel, MArtín Caamaño, Veleiro, Edu, Santi, Sergio, Breno e Quin. Tamén xogaron José, Fabio, Joel e Ryam GOLES: 0-1 66´Santi   1-1 70´Felipiño C.F. PORTEÑO 5 - SPORTING SEAIA C.F. 1 PORTEÑO: Jonathan, Pejo, Caamaño, Canosa, Manu Castiñeiras, Cousillas, Jorge, Angel, Velo, Javi Antelo e Vicente. Tamén xogaron Luis, Adrián, Cachi e Rodrigo. SP. SEAIA: Recarey, Jorge, Diego, Mario, Uru, Lesi, Chols, Adrián Parga, Mara, Vistas e Ramón. Tamén xogaron Alex e Jose. GOLES: 1-0 7´Vicente   2-0 30´Velo   3-0 33´Javi Antelo   3-1 38´Mara de penalti   4-1 57´Pejo   5-1 62´Caamaño  

Comentarios