Venres. 25.09.2020
El tiempo

4 costeiras arrasaron ca Sub14 Coruñesa no Campionato de Seleccións Comarcais

4 costeiras arrasaron ca Sub14 Coruñesa no Campionato de Seleccións Comarcais
Ana Malpica Lucia Cabana Alexia Coristanco e Laura Esteirana na sele sub 14 da Coruna copia Ana (Malpica), Lucía (Cabana), Alexia (Coristanco) e Laura (Esteirana) en Arcade ca selección sub14 da Coruña O Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado en Arcade tiña dous focos de interese para o fútbol costeiro. Ademais da histórica vitoria do combinado costeiro da sub15, participaron tamén 4 das nosas xogadoras formando parte da Selección sub 14 da Coruña. A malpicá Ana, coristanquesa Alexia Lorenzo, a cabanesa Lucía Rodríguez Souto e a esteirá Laura Caamaño foron convocadas por Gueli para a primeira fase de Arcade. Unha fase nas que as herculinas acabaron imbatidas, con dúas claras vitorias ante a Pontevedra por 0-3 e ante Lugo por 6-0. Ana saíu de partida nos dous encontros, se ben todas xogaron os seus bos minutos. Ademais Alexia destacouse con dous bonitos goles, un en cada partido; ademais de que Laura tivo unha gran ocasión para abrir tamén a súa conta goleadora.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-da-costa-sub15-consegue-un-historico-triunfo-ante-lugo/ https://quepasanacosta.gal/laura-torrado-e-marta-calvo-campionas-de-galicia-coa-corunesa-sub15/

comentarios