Venres. 19.04.2024
El tiempo

4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee

4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee

Canta xente moven estes deportes. Baile e taekwondo déronse cita este domingo na Exhibición que cada ano artella o Clube Arte e Movemento en Cee. Este ano, marca de participación, con 350 nenos, e con unha duración de, nada menos, 4 horas.
Iso si, cunha puntualidade pouco habitual nestas latitudes, a pesar de que este ano a dificultade era maior, xa que con 100 participantes máis que fai dous anos, conseguiron cadrar o horario para levala a cabo nas mesmas 4 horas de tódolos anos.

Durante a tarde, foi preciso usar o campo de xogos do colexio Eugenio Lopez, e aínda así o comentario no pobo de Cee foi de que houbo dificultade ata para aparcar tamen no Recheo. E porque viñan os mais novos de cada casa a participar acompañados, como é de esperar, polos seus familiares, convertindo o pavillón nun auténtico fervedoiro.

Participaban nenos dende os 3 anos e adultos ata os 55 anos de idade.Entre eles, estiveron presentes a entrega de medallas Mª Jose Ramos (Concelleira Benestar do Concello de Muxía), Angela Villar (concelleira Mocidade e deportes do Concello de Mazaricos), Alianza Uhia (técnica de Cultura do Concello de Carnota), Amparo Baña (1ª tenente de alcalde do concello de Muxía) e Zaira Rodriguez (alcaldesa do concello de Cee). Todos os Concellos que axudaron a que o evento tivera lugar.
Non faltaron representantes do concello de Santa Comba, da Anpa Uxío de Cee, da Anpa nosa Señora do Carme de Muxía, e de Adro de Baio.

Durante a xornada puideron disfrutar dos mellores bailes e de pumses, combates e rompementos de taekwondo. Ademais, o punto álxido foi o desfile, cheo de cores.

Pensando nas vindeiras citas

Pero os Juan Carlos Díaz e Graciela Toba xa comezaron a preparar a do proximo ano. E ademais os deportistas do clube siguen entrenando duro xa que a temporada aínda non rematou.

De feito, en baile deportivo as parellas de competición viaxarán a Meis a última competición desta temporada o vindeiro 17 de xuño. Esta é unha proba moi importante xa que algunha parella xogase a subida de categoría.

En taekwondo o día 16 de xuño o carnotán Anxo Fernández, a nosa meirande promesa, viaxara de novo coa Seleccóon Galega, esta vez para participar no Open de Basauri (Vizcaya).
Ademais, en xullo varios rapaces do clube presentaranse ós exámenes de grado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios