Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: O Xallas manda no Sur e o Ponteceso, co permiso do Corme, no Norte

Xuvenís: O Xallas manda no Sur e o Ponteceso, co permiso do Corme, no Norte
Ponteceso-Camariñas-Foto-Camarinas Ponteceso-Camariñas-Foto-Camarinas A tenda Máis Deporte, en Cee, A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook   4 xornadas levamos das Ligas Xuvenís e xa temos varios candidatos a todo. Polo Sur, o Xallas desmárcase e xa saca 5 puntos ao segundo clasificado, o Cee, mentres só queda o Fisterra sen sumar. Polo Norte, o Ponteceso é líder con 3 vitorias en 3 partidos, empatado co Corme que si que perdeu un partido (ten 3 de 4) precisamente ante o cadro veciño. Ambos perfílanse como candidatos, pero ollo co Coristanco de Chipi.

Liga Xuvenil Sur, xornada 4

Xallas - Fisterra (5-2)

  • Xallas: Alex, Raúl, Xoel, Pablo, Rubén, Alberto, Carlos Rieiro, Juanjo, Sergio Barbeira, Anxo e Juanma. Tamén: Parri, Santi Díaz, Adán e Joni.
  • Fisterra: Xose, Fabián, Juanfran, César, Ángel, Breixo, Andrés, Gabo da Anchoa, Papi, Asier, Iván e Juanfran. Tamén: Sergio, Gabri, Dani e David.
  • Goles: 1-0, m.11: Rachón; 2-0, m.44: Anxo de gol olímpico; 2-1, m.50: Breixo; 3-1, m.55: Rachón pola escuadra dende a frontal; 4-1, m.66: Sergio Barbeira; 4-2, m.83: Dani; 5-2, m.88: Santi Díaz.
  • Expulsión: o xalleiro Rubén (m.60).
Partido disputado en Fontenla entre Xallas e Fisterra, dominado polos xalleiros. Rachón adiantaba pronto aos verdes e Anxo antes do descanso facía o segundo de córner directo. O Fisterra, que non merecía tanto castigo pero que contaba co seu porteiro Xosé como un dos destacados,, respondeu na segunda e recurtou distancias nada máis saír na segunda metade, pero o cadro de Dani Calvete reaccionou e clave foi o gol de Rachón apenas 5 minutos despois. Quedaba con 10 o Xallas por un agarrón, e o equipo de Eskío metíase de novo no partido ante un Xallas que recuaba, pero un tanto de Sergio Barbeira á contra facía imposible a remontada. Intentouno Dani cun tanto pero pronto Santi Díaz completaba a goleada e confirma ao Xallas como claro favorito.  

Esteirana- UD Montelouro (3-0)

  • Esteirana: Álex de Yi (Tiki); Eloy (Manu), Rafa, Tobío, Anxo; Antonio (Manu de Yi), Rubén, David, Pachín; Jaime (Damián) e Íker.
  • Montelouro: Joaquín; Sergio, Bolo, Juan, Bouzas; Junjo, Adrián, Xanma, Anxo; Juan de Celia e Luis.
  • Goles: 1-0, m.11: Jaime; 2-0, m.53: Jaime; 3-0, m.89: Manu de Yi.
  • Expulsión: o esteirán David na segunda metade.
Ambientazo no Xosé Luis Vara Olveira de Esteiro para vivir un derbi, co morbo engadido da volta, á que ata tempada pasada foi a súa casa, de ata cinco xogadores do Montelouro. Dispoñía a Esteirana de Lodeiro do seu equipo de gala para este encontro, demostrando que coa plantilla ó completo é un equipo a ter moi en conta. Saíu o conxunto local moi metido no partido, con seriedade e moita intensidade. Pronto chegou o primeiro tanto do encontro, nunha falta lateral botada por Pachín que remata Jaime de cabeza no primeiro pau. Tentaba repoñerse o Montelouro, creando perigo con disparos lonxanos do seu mellor home, Juan de Celia. Tivo o empate o Montelouro en botas de Junjo, ata en dúas ocasións, primeiro nun tiro lonxano de Juan de Celia que repele Álex con dificultades, e no rechace non é quen de atinar coa portería, e a segunda nun tiro cruzado, dentro da área, que se foi fóra. A segunda metade comezou igual que a primeira, cunha Esteirana mellor asentada, que ampliaba diferencias no marcador, nunha xogada na que Íker gaña a liña de fondo, pón o pase atrás e Jaime anota o segundo na súa conta. Defendía con moito orde a Esteirana mantendo ó Montelouro alonxado da súa meta, tendo que baixar Juan moitos metros para recibir o balón. Poñíaselle máis costa arriba o partido para os de Louro, que perdían a Adrián por vermella directa, nunha acción na que Adrián toca claramente o balón. A piques estivo de sentenciar Manu de Yi, nunha falta na que Joaquín saca unha boa man. Quedaba con dez tamén a Esteirana, trala expulsión de David por dobre cartón amarelo. Puido recortar o Montelouro nun tiro lonxano no que Tiki, que entrara en sustitución de Álex de Yi, resposta cunha boa parada. Remataba o encontro cando nunha contra Manu de Yi poñía o definitivo tres a cero no marcador. Primeira vitoria da tempada para a Esteirana que se mete na pelexa polos postos nobres da clasificación. Mentres, o novo Montelouro rebaixando as espectactivas xeradas nas primeiras xornadas.  

Corcubión - Castriz (1-3)

  • Corcubión: Mesejo, David, Isma, Oca, Porto, Xoan, Joselu, Samuel, Germán, Samu, Rama e Carlos. Tamén xogaron: Álvaro, Moure, Garea e Maikel.
  • Castriz: Víctor (Alejandro B., m.75), Brais, Richi, Miguel, Álex, Luis, Javier Negro (Pastoriza, m.40) (Javier Esp, m.75), Balsa, Martín, Elías e Ismael.
  • Goles: 0-1, m.20: Ismael regatea a dous defensas e con gran sange frío marca diante do porteiro; 0-2, m.35: Ismael; 0-3, m.55: Ismael; 1-3, m.75: Germán.
Levou os tres puntos o Castriz do Cubaleiro, tras un choque no que comezou pegando forte, e avisando con ocasións de gol coma un centro efectuado por Miguel e que Balsa de un gran remate de cabeza manda o balón fóra. Ismael marcaba un gran gol para os xalleiros e o Corcubión intentaba subir o ritmo pero noutro pase en profundidade Ismael aproveita a súa velocidade e se pon cara a cara contra o porteiro e desta vez lle tira o punto debil (entre as pernas) marcando o segundo tanto do encontro. Na segunda parte o Corcubión intensifica unha agresividade ("fóra do normal" e "mal cortada polo colexiado" segundo os xalleiros, o Castriz sentenza co terceiro de Ismael, conseguindo o seu primeiro triplete cos colores do Castriz. Non decaeu o cadro local que se veu arriba, recurtou e intentou o empate con varias faltas perigosas ao borda da área, e provocando unha expulsión nas filas visitantes. Pero o meta xalleiro estivo fino.  

Cee - Os Miúdos (4-2)

  • Cee: Paulo, Adrián (Tivi, m.64), Senlle, Borja (Samu Filgueiras, m.78), Alex, Castillo, Xabi Castro (Hugo, m.64), Chema, Ismael, Iago Estalote (Pablo, m.60) e Samuel Trillo (Alex Castro, m.55).
  • Os Miúdos: Xandre, Alex, Alberto, Yerai, Gael, Airán, Miguel, Jose Canario, Xabier, Tajes e Santi. Tamén: Licerino, Bruno, Óscar e Toni.
  • Goles: 0-1, m.15: Xabier; 1-1, m.17: Xavi Castro tras asitencia de Samu Trillo; 1-2, m.30: Santi; 2-2, m.33: Isma; 2-3, m.60: Xavi Castro; 2-4, m.70: Chema.
Fáltalle fondo de armario ao equipo de Mané Senande, e as segundas metades fanse longas. Competiu ben durante a primeira metade o cadro muradán ben armado atrás e saíndo á contra, pero a segunda, co gran campo ceense, acabaron sucumbindo ante o potencial ceense. E iso que se meteu por diante ata en dúas ocasións o equipo visitante con boas contras, pero empatou moi pronto o equipo de Rafa, que xa avisara con varias chegadas de Samu Trillo, Xavi e Isma pero sin puntería e adiántouse o equipo visitante nun erro na cesión ó porteiro. A segunda parte foi dominada completamente polo Cee e a partir do cuarto gol os Miudos tiraron a toalla.  

Liga Xuvenil Norte, xornada 4

Muxía - Baio (2-1)

  • Muxía: Hugo (José, m.80), Andrés (Iván, m.70), Paulo, Gusa, Rodri, MacAreno, Ander, Xan (Rubén, m.55), José, Mario (Jefer, m.85) e Carlos.
  • Baio: Julián, Fran Gabín, Estefan, Michi (Alberto, m.85), Jose Antonio, Sergio, Álex (Javier Muíño, m.46), Moreira (Queiro, m.80), Regueira (Anxo, m.46), Luís Eiroa, Cristian.
  • Goles: 1-0, m.30: José; 1-1, m.55: Fran Gabín; 2-1, m.70: Ander de cabeza nun saque de esquina
  • Lesión: o meta muxián Hugo.
Partido marcado por unha densa néboa que invadiu Arliña. Foi un choque moi parello, con dous equipos semellantes, pero foi o cadro muxián o que aproveitou mellor as ocasións. Os dous conxuntos saíron dispostos a acadala vitoria e asi os visitantes puideron adiantarse por medio de Luís Eiroa en dúas ocasions nas que quedou man a man co porteiro local. Non se amedrentaban os locais e cun fútbol directo eran quen de poñer en apuros a defensa baiesa que se mostraba moi branda. Así, preto da media hora de xogo adiantábanse os locais tras lanzar unha falta sobre a área visitante e aproveitarse José dun balon morto que quedaba nesta. No segundo tempo saíu o CD Baio con aires renovados e despois de insistir varias veces acadaba o empate por medio de Fran Gabín tralo lanzamento dun libre directo inapelable. Abriase outro escenario na contienda cun ir e vir en ambas porterías. Foi o Muxía o que volvía poñerse por diante á saída dun córner preto do minuto 80 de partido. Resultado que xa non se movería a pesar da insistencia do CD Baio no ataque, pero que os locais resistirían con certa solvencia e con algún que outro apuro na súa meta.  

Zas - Coristanco (2-1)

  • Zas: Sergio (Hadrián, m.65), Boli, Damián, Ternande, Brais, Manu, Pedro (Rubén, m.80), Adrián (Álvaro, m.55), Manu Laxe (Cristian, m.75) e Andrés (Andy, m.63).
  • Coristanco: Alberto, Sergio, Varela, Álvaro (Álex, m.60), Iván Vázquez, Corral, Jorge (Ivàn Villar, m.60), Chiki (Dani, m.60), Adrián (Anido, m.75), Gabriel e Bértoa.
  • Goles: 1-0, m.30: Dani Mato nun córner; 1-1, m.40: Varela nun córner; 2-1, m.55: Álvaro tras unha boa combinación.
  • Lesión: o meta zaense Sergio.
Partido vibrante en San Andrés entre dous moi bos equipos. O Coristanco comezou esperando e buscando en longo as saídas ao espazo de Gabriel. O Zas trataba de combinar pero había poucas chegadas claras. Adiantouse o equipo de Martín nunha xogada a balón parado, e tamén empatou, ao fído do descanso o cadro de Chipi. Saíu forte o Zas na segunda, e a entrada de Álvaro foi clave, xa que unha boa triangulación entre Andrés, Dani e o propio Álvaro puxo ao Zas de novo por diante. Controlou o Zas eses minutos pero o Coristanco non se rendía. Colgou varios balóns o cadro verde e nun final de infarto, tivo a mellor ocasións nun penalti que lazou Bértoa pero que parou Hadrián, que saíra en substitución do lesionado Sergio.  

Ponteceso - Camariñas (4-1)

11 do Ponteceso xuvenil que esta de lider-Foto-SD O Ponteceso xuvenil que está de líder-Foto-SD
  • Ponteceso: Damián, Villar (Gabriel, m.70), Ismail, Jorge, Samuel (Adrián, m.56), Yago, Alberto (Javi Busto, m.80), Diego Cacha (Loureiro, m.50), José Ángel (Lucas, m.75), Adán e Luca.
11 do Camarinas xuvenil no Pinguel-Foto-Sd 11 do Camariñas xuvenil no Pinguel-Foto-Sd
  • Camariñas: Brais Baña, Barreiro, Pablo M. (Gabriel, m.10), Brais, Espi (Brian, m.65), Pablo S., Joseva, Alvaro (Pifo, m.60), Chicote (Aitor m.75) e Adrián.
  • Goles: 1-0, m.6: José Ángel; 2-0, m.8: Luca; 3-0, m.38: José Ángel; (descanso) 3-1: Adrián; 4-1: en propia tras un tiro de Luca ao longueiro.
  • Lesión: lesión grave do pontecesán Samuel.
Capitans do Ponteceso e Camarinas Xuvenis-Foto-SD Capitáns do Ponteceso e Camariñas xuvenís-Foto-SD Foi superior o Ponteceso de Fernando Mato ao cadro camariñán, sobre todo nunha primeira metade na que deixou o choque practicamente sentenciado. Os dous tantos nada máis comezar tralo bo inicio, permitiu aos locais levar o partido con comodidade. Mellorou na segunda o Camariñas de Javi Baña, pero era demasiado tarde e malia tratar de ti a ti ao equipo local, non puido recortar. A mala nova foi a lesión de Samuel, que despois de pasar polo San Rafael, terá que esperar para facer unha resonancia e coñecer así o alcance dunha lesión que parece bastante grave.  

Cabana - Corme (1-3)

  • Cabana: Darío, Gende, Pipa, Alberto, Kevin, Mateo, Julián, David Muíño (Martín), Pablo (Santi), Carlos (César), Ferreiro.
  • Corme: Fran, Rubén, Ángel, Aitor, Cristian, Martín, Ismael, Bruno, Isaac, Manu Bermúdez e Javi. Tamén: Kike, Trulli, Pandi, Tasende.
  • Goles: 0-1, m.2: Manu Bermúdez tras un saque de esquina mal defendido; 1-1, m.7: Mateo marca un golazo tras unha boa xogada na que participan ata 7 xogadores cabaneses antes da finalización cun forte disparo dende a frontal; 1-2, m.37: Manu Bermúdez nun novo saque de esquina; 1-3, m.75: Javi nunha falta lateral.
Partido de poder a poder o vivido onte pero no que se levou o Corme por aproveitar mellor as ocasións, sobre todo en xogadas a balón parado. O Cabana fixo un bo partido, e disputou moi bos minutos, pero este Corme está chamado a facer grandes cousas este curso. Aquí vemos unha xogada do partido: [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/495945830580750/" width="700" height="400" onlyvideo="1"]  

Crónicas dos Xuvenís

Conversas co Mito

Crónicas da semana

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios