Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición

FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición
Familia Fisober con Myre celebrando a primeira vitoria na casa Familia Fisober con Myre celebrando a primeira vitoria na casa

Mentres os 4 equipos costeiros da Liga Provincial seguen preparándose para o debut nesta vindeira semana, o Fisober disputaba o seu segundo partido na Liga Galega, e conseguía poñer fin a maldición que arrastrou a tempada pasada en Segunda División, non gañar coma local, levaba dende maio de 2014 sen facelo en Vimianzo nun partido de Liga. Ademais a última vitoria en Liga fora alá por xaneiro co “Alcorconazo”. Tamén máis de 2 anos levaba unha histórica do clube como Paula Lema sen xogar co primeiro equipo en Liga.

Ademais, Eva debutou en Liga co Burela FSF, xogando toda a segunda metade.

Liga Autonómica, xornada 2

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CIDADE DAS BURGAS “B” (6-4).
  • FISOBER: Paula Lema, Ana, Inés, Noe, Paula Fandiño, tamén xogaron: Andrea Muíño, Tamara, Nuriña, Laura, Ale.
  • Goles: 1-0 Inés, 2-0 Ana, 2-1 Clara, 2-2 Laura , 3-2 Ana, (descanso) 3-3 Laura, 4-3 Tamara, 5-3 Ana, 6-3 Ana, 6-4 Amelia.
Un dos goles do Fisober Leti e Myre lesionadas sufrindo a pe pista

Partido disputado na tarde noite do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo correspondente a segunda xornada da Liga Autonómica. Primeira vitoria da tempada para o cadro costeiro liderado polos 4 goles da súa capitana Ana e así puido dedicarlla a unha Myrella que pasou xoves polo quirófano da súa lesión de ligamentos e que case ca alta recén collida baixo o brazo estivo presente no partido. Arrancou moi ben o equipo local e así os tres minutos Inés poñía en vantaxe as costeiras e os seis era Ana a que facía o segundo poñendo unha cómoda vantaxe. Pero o novo equipo visitante non ía deixar que o partido fora tan prácido e igualou as forzas. Os sete minutos facía o dous a un Clara. E pouco despois os trece poñía a igualada no electrónico por mediación de Laura.
O partido igualárase e xa non era o do principio. Pero unha contra finalizada por Ana a falla de dous minutos para chegar o tempo de lecer volvía a adiantar as costeiras, un resultado co que os dous equipos se foron os vestiarios.

O arranque da segunda metade foi moi bo por parte das locais, desenrolando o seu mellor xogo. Inés acumulaba ocasións pero non era quen de batir a unha moi acertada porteira visitante. Quen perdoa o paga e así foi, unha contra visitante os cinco minutos do reinicio Laura volvía a poñer a igualada no electrónico.
Por sorte para o Fisober na ocasión menos clara da segunda metade Tamara de disparo cruzado volvía poñer en vantaxe as locais solo un minuto despois. As costeiras seguían a realizar unha gran segunda metade e froito desto, Ana marcaba dous goles máis no minuto trinta e tres minutos despois facía o cuarto na súa conta.
Co seis a tres no marcador o equipo visitante decidiuse polo ataque de cinco. Con esa medida controlou o partido e pechou as locais pero a boa defensa costeira evitou que pasaran excesivo perigo. Un gol a trinta segundos do fin puxo o seis a catro definitivo obra de Amelia.

Paula Lema con Ana volvia as pistas

Eva volve parar na máxima categoría

Descendeu o seu, e de Patri, Viaxes Amarelle, pero Eva está chamada a grandes cousas nesto do Fútbol Sala. O CD Burela FS Pescados Rubén non quixo desaproveitar unha das mellores porteiras de Galicia, e fichouna este verán. Tras unha lesión, ela mesma ergueu o título da Supercopa de España e esta fin de semana disfrutaba do seu debut en Liga.

O equipo da mariña vencía 3-0 ao Esportiu Rubí FS e tivo que empregar unha man prodixiosa para manter a súa meta a cero.

Vindeira xornada

A vindeira fin de semana o Fisober xoga en casa ante o filial do Burela. A fin de semana do 3 de outubro comeza a Liga Provincial Feminina. O Vila de Cee estréase ata o Espartanas o sábado ás 16:00h na Coruña e teremos derbi entre o Concello de Ponteceso FSF, que debutará na casa ante ás Roxiñas de Lira. Ademais, as mozas do Atletes de Esteiro debutarán na casa ante o Grupo Work, un dos “cocos”. Tamén comeza esa fin de semana a Liga Provincial Masculina pero o Vila de Cee descansa na 1ª xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios