Xoves. 25.04.2024
El tiempo

6 equipos xa cambiaron de adestrador no que vai de temporada

6 equipos xa cambiaron de adestrador no que vai de temporada
Adestradores-do-Futbol-da-Costa De esquerda a dereita: Arriba Tito Pedreira, Noé, Néstor. Abaixo: Juan Rey, Roski, Felipe e Paco
Xa son 6 os equiopos que cambiaron o adestrador cando apenas van dous meses de competición. Os últimos movementos en Hai unha semana que Felipe Candamo e a SD Fisterra acordaban rematar a sigradura do muradán á fronte do barco verde. E o equipo presentaba onte novo adestrador. O escollido é Noé, o fisterrán, un dos xogadores fisterráns que conseguíu facer carreira no mundo do fútbol semiprofesional, comezaba o seu periplo polos bancos esta campaña á fronte de todo un Xallas. Pero o mal comezo do cadro xalleiro propiciou a súa destitución hai apenas unha semana. O tempo que lle chegou á directiva do Fisterra para convencelo de fichar e afrontar o seu segundo reto como adestrador. O Lira anunciaba tamén onte que o adestrador Javi Pinturas deixa o posto de adestrador, pero queda na directiva. O equipo non está respondendo ás expectactiva xeradas tralas fichaxes deste verán, a pesar de ser a súa primeira temporada na Liga da Costa. A directiva xa atopou relevo, o muradán Juan Rey Ademais, o costeiro Víctor Pazos saía esta semana do banco do Tordoia. E veremos se nas vindeiras semanas non temos máis novidades pois hai equipos metidos en problemas tanto na Preferente como na 1ª Galega que poderían necesitar un cambio de timón.

Movementos nos bancos costeiros

  • Xallas: deixa Noé e entra Néstor.
  • Fisterra: deixa Felipe e entra Noé.
  • Ponteceso: deixa Barca e entra Tito Pedreira.
  • Cee: deixa Pato e entra Roski.
  • Baíñas: deixa Paco e o equipo está pendente de atopar relevo. Mentres está Sergio á fronte, home da casa.
  • Lira: deixa Javi Pinturas e o Lira ficha ao muradán Juan Rey.

Máis información

Fonte

Comentarios