Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A accidentada aventura de Quito González na Transvulcania

A accidentada aventura de Quito González na Transvulcania
Quito na Transvulcania-2018-Entre Pico de la Nieve e Pico de la Cruz Quito na Transvulcania-2018-Entre Pico de la Nieve e Pico de la Cruz Menuda aventura que viviu a pasada fin de semana Francisco González Varela (máis coñecido como Quito Ponteceso). E non só polas 11 horas correndo que percorreu na esixente proba Transvulcania 2018, senón porque viviu toda clase de situacións que o deixaron tan mallado como eses 74km percorridos en apenas 11 horas. O bombeiro pontecesán (de Brigantia Aventura) partía en avión dende a Coruña, pero a viaxe non foi nada sinxela. Entre perda de voos e demais peripecias, tardou 27 horas en chegar á Palma. Pero non chegaron todos, faltaban a maleta cos necesarios paus de correr dun dos compoñentes da expedición de amigos, formado polo bergantiñán, Iván Brea, Roberto Vázquez e Martín Pardo. Dúas noites de viaxe previas á proba= 8 horas durmidas e algo de cagarría… Non parecía a mellor preparación para unha proba deste tipo. Quito na Transvulcania Aínda así, sacou forzas e conseguíu sacar adiante o Ultramaratón en 11 horas, quedando finalmente no posto 186 da xeral, , lonxe dos 7h37min de Pere Aurell, o gañador da proba, pero lonxe tamén das 13h45min do último dos 1507 que chegaron ata o final. Polo medio pasoulle de todo. Dende a saída baixo un manto de estrelas ás 6:00h da mañá, a unha zona de moito vento e ata frío, pasando por outras cantas horas de intenso calor e… unha gran caída, un ”hostión" que lle deixa un gran traumatismo e o noquea por uns minutos. perdeu tempo e posicións, pero agora o obxectivo único era conseguir acabar a carreira, que se estaba poñendo algo "extrema". Non lle faltou coraxe para conseguilo. Quito na Transvulcania 2018 na Baixada en zig-zag ao Porto de Tazacorte Quito na Transvulcania 2018 na Baixada en zig-zag ao Porto de Tazacorte Quito Ponteceso na transvulcania-2018-pasando por El Pilar6 Quito Ponteceso na Transvulcania-2018 pasando por El Pilar Tendes a carreira (e demais episodios) completa no seu blog aslendaseaventurasnofogardebreogan.blogspot.com.es. Parade un anaco a lelas para darlle valor á súa accidentada aventura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios