Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Asemblea de Clubes da Costa analizará este martes os ascensos á Liga da Costa

A Asemblea de Clubes da Costa analizará este martes os ascensos á Liga da Costa

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.

Un dos temas a falar será o dos ascensos á Liga da Costa.

Ascensos á Liga da Costa

I é que parece que xa están determinadas as prazas que ascenderán á Liga da Costa. Os 2 primeiros ascenderán directamente e o resto de prazas que queden vacantes polos ascensos á nova 1ª Autonómica, xogaranse en sistema de Copa entre o 3 e o 6º, enfrontándose o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º.

Así, entre os gañadores xogarase un novo partido para determinar quen é 1º e 2º, e entre os perdedores ocorrirá o mesmo. Faise necesario determinar a orde pois ao ser incerto o número de ascensos, é preciso determinar as posicións na táboa. Agárdase que non haia en ningún caso a posibilidade de que ascendan máis de 6 equipos.

En todo caso, esta semana a Federación enviará unha circular explicando concretamente o proceso.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte.

Comentarios