Martes. 16.04.2024
El tiempo

A BTT de Esteiro asegura a continuidade

A BTT de Esteiro asegura a continuidade
BTT de Esteiro-Foto-Manuel Sendon Éxito de participación na BTT de Esteiro-Foto-Xosé Sendón

Organizaban Os Salta Rejos a primeira BTT de Esteiro. 300 amantes das dúas rodas e da natureza puxeron o cartel de completo, para disfrutar dunha organización impecable, coa colaboración da Comunidade Montes Esteiro, Carrilanas Esteiro, A.D. Esteirana Remo, Sd Esteirana, Concello de Muros, Protección Civil de Muros, Protección Civil de Outes e o GES de Muros.

Dúas rutas, unha longa de 32 km e outra longa de 42, que resaltaron as marabillas naturais do concello muradán.

Abraham Rodríguez Guedes entrevistado por Manuel Tajes de na BTT de Esteiro-Foto-Manuel Sendón O campiñon da ruta longa, Abraham Rodríguez Guedes entrevistado por Manuel Lag Tal de 5FM Radio-Foto-Xosé Sendón

Finalmente o campión da ruta longa foi Abraham Rodríguez Guedes (indenpendiente con 2:16:46), por diante de Domínguez e do membro do Club Ciclista Muros Isma Costa. 8º foi David Pasantes (PC Baikers do Vilán) e 9º Kiko Lago (CC Dumbría).

Na Ruta Curta, o campión foi Miguel Anxo Nogueira (do Noitebra, con 1:55:27), po diante de Algonso Oreiro (do Treito) e José Luís Ares (Peña Ciclista Sagado). David Seijas do Club Cclista Muros foi 4º, Manuel Magariños foi o primeiro do club organizador, Os Salta Rejos.
Ademais dos clubs costeiros mencionados, tamén houbo participantes do CC A Ruña de Mazaricos.

O futuro da proba está garantido. O ano que vén, máis e mellor, aseguran uns satisfeitos “Os Salta Rejos”.

Miguel Anxo Nogueira na BTT de esteiro-Foto-MAnuel Sendon Miguel Anxo Nogueira na BTT de Esteiro-Foto-Xosé Sendón Manuel Angel Parada na BTT de Esteiro Ismael Costa Louro na BTT de Esteiro-Foto-Xosé Sendón https://www.facebook.com/antonio.r.sampedro/videos/10216152828722149/?t=17
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios