Venres. 19.04.2024
El tiempo

A canteira do Manuela Rial segue colleitando vitorias e internacionais

A canteira do Manuela Rial segue colleitando vitorias e internacionais

Nova e positiva fin de semana de volei para os equipos da Costa. Comezando polos máis pequenos do Manuela Rial, que disputan en Noia en formato liga o campionato zonal de voleibol nas categorias benxamins e alevins. Nos partidos disputados este pasado sábado colleitaron un pleno de vitorias: o equipo alevin femenino venceu por 2-0 a Rianxo e Lousame e seguen líderes empatadas co Noia; mentres que o equipo alevín masculino venceu a Rianxo por 2-1 e a Ames por 2-0 o que lles permite seguir líderes invictos; e por último, os benxamíns venceron 2-0 a Rianxo, Ames e Lousame e sitúanse segundos na clasificación.

No que respecta aos maiores no enfrentamento co Teis de Vigo, hai que contabilizar a vitoria dos infantís do Manuela Rial e derrotas das chicas:

  • Cadete feminino: Voleibol Dumbría - Teis de Vigo 1-3 (14-25, 21-25, 25-14, 9-25)
  • Infantil masculino: Manuela Rial - Teis de Vigo 3-1 (25-10, 25-20, 18-25, 25-20)
  • Infantil feminino: Manuela Rial -Teis de Vigo 0-3 (13-25, 16-25, 7-25)
  • Xuvenil feminino: Voleibol Dumbría - Teis de Vigo 0-3 (14-25,22-25, 21-25)

Vindeira cita

Esta fin de semana descansan polo Entroido e os adestramentos das seleccións galegas. E de feito, Tres xogadores do Manuela Rial foron convocados coa selección galega infantil Aproveitase as datas de Entroido para un novo adestramento da seleccion galega de voleibol infantil para preparar o campionato de España por seleccions autonomicas que se celebrara en Cataluña en abril. En esta convocatoria participarán tres xogadores do Manuela Rial Manuel Marcote, David Redonda e Unai Larrañaga. Os adestramentos serán dende o domingo ó martes en Lugo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios