Venres. 29.03.2024
El tiempo

A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena

A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena
Laura, Lorena e Brais demostraron en Lalín que o futuro do tenis de mesa de Zas está asegurado

Esta pasada fin de semana familia de tenis de mesa da Costa da Morte trasladouse ao Lalín Arena para disputar o Campionato Nacional Zonal Norte. Equipos de Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco e Galicia competían neste torneo clasificatorio para os Campionatos de España, que organizaba a Federación Galega de Tenis de mesa.

Imaxe do Campionato zonal de tenis de mesa no Lalín Arena

Foron 5 os xogadores que competiron en diferentes categorías de base. E malia que ningún acadou a clasificación si que demostraron que a canteira de Zas ten futuro.

En infantís Joel Quintáns e Gabriel Bouzas non pasaron a fase de grupos.

Pola súa banda, Brais Blanco, en alevín masculino, quedou 2º no seu grupo tras perder nas eliminatorias contra o que fixo medalla de bronce final da categría.

Ademais, en categorías feminina tamén houbo dúas participantes: Laura Quintáns, en alevín femenino, que non se clasificou a pesar de quedar 3ª no seu grupo; e Lorena Castro, en benxamín femenino, que quedou 2ª no seu grupo e 4ª na clasificación xeral, un dos mellores acadados polos costeiros.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios