Venres. 29.03.2024
El tiempo

A "Champions da Costa" en marcha

A "Champions da Costa" en marcha

O primeiro capítulo da gran cita anual do fútbol da Costa xa está aquí. A ida da final da Copa da Costa 2011 xógase este domingo ás 19:00h en San Pedro de Castriz. I é que falamos da "Champions do fútbol modesto", como nos conta Huelvis na entrevista de Anxo Garrido para QPC, que pasar por ser a cita social máis importante do ano na Costa da Morte.

Os xalleiros buscarán un resultado que lles permita chegar con vantaxe a Vimianzo, unha vez que parece que o favorito é o todopoderoso Soneira.

Pero non parece que os rossoneros se vaian vir atrás. O equipo xalleiro asume o seu papel pero non dará o seu brazo a torcer con facilidade. A orde do bloque conseguido por Huelvis será o seu punto forte, nun equipo que chega con moita ilusión tras superar dúas eliminatorias contra equipos de maior categoría.

Por Vimianzo queren rematar esta histórica tempada cun broche de ouro. Primeiro ano en Preferente e quedando entre os 10 primeiros. Cun paso impecable na Copa, buscarán rematar cun título a campaña.

Poden pasar por www.copadacosta.com para ollar un pouco de historia do Castriz e do Soneira na Copa da Costa.

Máis información

Nova relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios