Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Cherinkas prepara xa o VIII Maratón 3x3 e o Concurso de punteirolos

A Cherinkas prepara xa o VIII Maratón 3x3 e o Concurso de punteirolos
Maraton 3x3 de VImianzo Imaxe do Maraton 3x3 do ano pasado Maraton 3x3 e Concurso Punteirolos Cherinkas vimianzo

Non falla. A Asociación Cultural Cherinkas volve coa VIII edición do Maratón de fútbol 3x3, acompañada do concurso de punteirolos que tanta expectación levantou estes anos.

O maratón discurrirá durante o día do sábado 23. A hora prevista de comezo dos partidos dependerá do número de equipos, e está prevista para as 11h. da mañá. Haberá unha fase previa por grupos que garantizará un mínimo de 3 partidos por equipo.

A inscrición, (20€ por equipo de máximo 5 xogadores, poderase facer ata o día do sorteo en:Telf: 607 322 430). O sorteo será o venres 22 ás 21:30h no Bar London.

Haberá premios para os 4 primeiros clasificados e para o gañador do concurso dos punteirolos, e ademais, no pavillón poderase ver o clásico Madrid-Barsa e o derbi Depor-Celta.

Fonte

  • Cherinkas.

Comentarios