Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Á Costa fáltalle un xeonllo

Á Costa fáltalle un xeonllo
A grave lesión de Roa, extremo do Fisterra, foi a peor nova que deixou a Liga na última semana Roa, sempre un dos xogadores máis recoñecidos do Fisterra Roa, sempre un dos xogadores máis recoñecidos do Fisterra Cando, trala durísima entrada de Goikoetxea, Maradona estivo a piques de perderse o Mundial de España 82, a prensa argentina titulaba "al mundo le falta un tobillo". O 'pelusa' era patrimonio do fútbol, unha parte indisociable da cultura do deporte. Salvando as distancias de repercusión e dotes, Rodrigo Pérez Trillo 'Roa' (Fisterra, 1989) deixou esa sensación coa súa terrible lesión de xeonllo, o pasado domingo en Ara Solis. Só o pronóstico xa fai tremer: rotura de ligamento cruzado, menisco interno, edema óseo no cóndilo femoral externo, co ligamento lateral interno tamén afectado. Non hai pronóstico de convalecencia, máis alá do que a ciruxía e a paciencia marquen para un dos mellores atacantes do clube verde na última década. O primeiro paso, o psicolóxico, parece que o ten dado na boa dirección. "Teño unha canteira no xeonllo", bromea. "No momento da xogada xa sabía que pasara algo raro, o xeonllo fíxome algo rarísimo e a dor nos dous primeiros minutos foi bastante grande; os meus compañeiros achegáronse rápido e me dicían que estivera tranquilo, pero tiña moita dor; pensaban que sería unha escordadura de nocello… pero Makaay e Dani xa levaron uns bos apretóns nas pernas (risas); ahora están fodidos, apoiándome e mandándome ánimos tódolos días", engade. A crueldade quixo, ademais, que fóra precisamente o punta e pichichi do Fisterra, Adrián, o que na súa tentativa de asistencia dera orixe a unha acción da que aínda se lamenta, segundo indica o propio Roa: "Roubei un balón preto do área e corrín contra ela; Makaay fixo un desmarque por fóra, paseille cun central entre os dous, seguín correndo e fíxome a parede. Entre a forza que levaba, pisei só coa punteira, e todo o peso enriba da perna esquerda para xirar e golpear… a día de hoxe Makaay sempre me di maldita a hora que che pasei, puden tirar e non pasabas isto… a amizade é máis que o resto". 'O barco' verde, como se coñece entre moitos xogadores o rumbo do Fisterra na Liga da Costa, atraca esta fin de semana nun porto de calado importante, O Pinguel de Ponteceso. Se xa a motivación era 'top' no grupo, as ganas de adicarlle algo importante a Roa serán un plus, aínda que deportivamente un contratempo importante, que se une á recente marcha de Bruno rumbo a Suiza. Desde o reposo, animada constantemente polas mostras de cariño, Roa ten unha arenga e reflexión. "Somos un grupo amplo de futbolistas, que adestra bastante, aínda que o míster seguramente diga que fai falta máis; hai bo ambiente e quérese loitar ata o final. Non existe varita máxica, pero a xente está animada; últimamente éramos titulares tanto Bruno coma min, pero sei que os que nos suplan van facelo igual ou mellor, só teñen que saír con ganas de ser un equipo e adiante con todo; quero agradecerlle todo apoio que me dan os compañeiros e o corpo técnico, e sei que darán o 120% que pide Nacho en cada partido; forza e avante con ese barco", apunta. En toda a conversa non aflorou en ningún momento a palabra retorno, recuperación ou xogar… simplemente unha chamada á tranquilidade, sen esquecer a invitación a soñar que desde hai meses ven facendo a SD, na súa mellor tempada en moito tempo. Roa, as súas filigranas pola banda, son un patrimonio do fútbol da Costa que, de seguro, volverá cando menos se lle espere. Pero ese xeonllo non se discute, se ama (como din os tiffosi da Roma). roa1

Máis información

Fonte

Comentarios