Sábado. 18.09.2021
El tiempo

A Esteirana frea a potencia das xogadoras do Ponteceso FSF

A Esteirana frea a potencia das xogadoras do Ponteceso FSF

Descansaba esta fin de semana o Fisober de 2ª Estatal e a actualidade do fútbol sala feminino centrouse na Liga Provincial, onde seguen competindo 3 equipos costeiros.

Os ollos estaban postos en Esteiro onde Esteirana FSF e Concello de Ponteceso FSF medían forzas. Foron as locais as que levaron o triunfo pola mínima, 2-1. Foi un partido tremendamente apretado e moi vistoso, de ida e volta, no que as locais, nun bo comezo da segunda metade, se meteron por diante. O Ponteceso intentou reaccionar e Sandra recurtou, pero non foi suficiente.

O filial do Fisober conseguía a segunda vitoria da tempada ante o Mabegondo baseándose no bo traballo defensivo e na súa porteira Martina, foron quen por primeira vez en dúas tempadas manter a súa portería a cero.

Queda agora o Concello de Ponteceso na 3ª praza, con 9 puntos, xa lonxe dos BeArt Coruña e Manureva, que suman 15 puntos. A Esteirana ascende á 6ª praza cos seus 6 puntos, os memos que o filial do Fisober.

Liga Provincia, xornada 6

O filial do Fisober acadou a segunda vitoria da tempada
  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – C.D. MABEGONDO (1-0).
  • FISOBER B: Martina, Iria, Paula, María e María Maroñas; tamén xogaron: Noe, Cris, Mónica e Laura.
  • Goles: 1-0 María.
  • O equipo visitante dominou o balón e o tempo do partido, pero as do filial adaptáronse ben a situación e buscaban saír a contra nas perdas de balón do Mabegondo.
    Pasaban os minutos e o electrónico non se movía, e as ocasións tampouco eran demasiado claras para ningún dos dous equipos, que non sabían como botarlle o dente o entramado defensivo do correspondente rival. Solo as perdas e os erros en lugares críticos parecían cambiar o panorama pero sen chegar a concretarse.
    Mediada esta primeira metade chegaron as mellores ocasións para as visitantes. Primeiro María os trece minutos e despois Bibi os dezaseis non eran quen de batir a Martina.
    As locais tamén saían a contra pero nin María, nin Cris acertaban ca portería contraria. Tampouco os lanzamentos de Paula o conseguían.
    O Mabegondo non lle sacaba froito o seu control do balón, xa que non conseguían moita profundidade e os seus lanzamentos lonxanos non atopaban o froito do gol. Pero a corenta segundos do fin da primeira metade cando Eva Lago encarou a Martina e esta sacou unha man prodixiosa para evitar ir o descanso en desvantaxe.

    A saída dos vestiarios parece que os equipos viñan con outras intencións. E así xa dentro do primeiro minuto a visitante Alba vía como o seu lanzamento se ía o pau. As locais tamén deron un paso adiante e os tres minutos tiveron unha clara ocasión por medio de Mónica e María pero a porteira visitante Isa respostou ben con grandes paradas.
    Parecía que aparecían os espazos en ambos ataques, e nunha desas a capitana local María aproveitou unha contra os sete minutos desta segunda metade para ver como o seu forte lanzamento se lle escapaba a Isa e lograr o un a cero que o fin foi definitivo.

    Dende este momento o partido volveuse tolo, apareceron nervios nas locais para aguantar o resultado e nas visitantes para conseguir levarse algo positivo. E ningún dos dous equipos era quen de trenzar e tranquilizar as súas xogadas.
    Aínda así tiña que aparecer de novo Martina ante a visitante María. Os minutos pasaban e pasaban e o ida e volta era constante, nin as locais eran capaces de definir nunha contra cun gol que lles acercara un pouco máis a vitoria , nin as visitantes conseguían facer o gol da igualada.
    E claro isto beneficiaba as locais que seguían con vantaxe no electrónico. As visitantes decidían arriscar con ataque de cinco para levarse algo positivo de Vimianzo. A falta de catro para o fin voltou a aparecer unha parada de Martina que de novo se atopaba con Eva Lago e de novo a súa gran intervención evitaba o gol da igualada.
    Co ataque de cinco foron transcorrendo os minutos e o gol do empate para as visitantes non daba chegado. O filial seguía disfrutando da súa vantaxe que chegou ata o final.

    As xogadoras do Fisober B saltaron de ledicia cando o tempo chegou o seu fin vendo como conseguían a segunda vitoria da tempada e na busca de mellorar pouquiño a pouquiño en cada partido.

    Vindeira cita

    2ª División:
    - C.F.S. Calceatense - Fisober F.S.F.: Sábado 15 de decembro.

    1ª Provincial:
    - Fame Negra - Esteirana: 01/12/2012ás 16:00 no Polideportivo de O Espiño;
    - Concello de Ponteceso F.S.F. - Viaxes Amarelle F.S.: 01/12/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso;
    - BeArt 5 Coruña F.S.- Fisober F.S.F. "B".

    Máis información

    Crónicas da tempadas 2012-2013

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

comentarios