Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Federación xa pon o novo Balón Oficial a disposición dos clubs

A Federación xa pon o novo Balón Oficial a disposición dos clubs
Balon Oficial da Federacion Galega de Futbol 2016-2017 Balón Oficial da Federación Galega de Fútbol para a tempada 2016-2017

Vén de presentar a Federación Galega de Fútbol o Balón Oficial para a tempada 2016/2017. Xa o comentaron na reunión da semana pasada, e este venres vén de enviar unha circular informando da “obrigatoria utilización do balón oficial para todos os partidos oficiais organizados por esta Federación”.

Así, os Os clubs estarán obrigados a utilizar un ou outro modelo do balón oficial en función da categoría e división de cada un dos seus equipos, segundo a táboa seguinte:

Balons Oficiais Futgal

Hai varios prezos, e xa poden solicitar (pedido mínimo de 5 balóns). Os balóns terán os seguintes prezos (en función dos modelos elixidos):

Como conseguilos

Para a adquisición do balón oficial, nos seus distintos modelos, enviarase un correo electrónico a dirección [email protected].

As tendas de deporte da Comunidade Galega, tamén poderán distribuir ó balón, canalizando as súas compras a través da referida dirección de correo electrónico, na que serán informadas previamente das condicions comerciais de distribución. Así mesmo, no momento de concretar ó pedido, deberán suministrar a información requerida pola FGF, para ter coñecemento do destino final do balón.

Na páxina web da FGF (www.futgal.es) establecerase unha icona co texto “BALÓN OFICIAL” que conterá un enlace no que ó pinchar derivará directamente ó enderezo electrónico sinalado anteriormente.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios
Modelo de balónTallaPrezo
Nike Premier Team FIFATalla 519,00 € (IVA incluído)
Nike Club Team 2.0Talla 512,50 € (IVA incluído)
Nike Club Team 2.0Talla 412,50 € (IVA incluído)