Venres. 19.04.2024
El tiempo

A formiguiña avanza

A formiguiña avanza
Un novo tropezo do Baio (en forma de igualada) aumenta a catro puntos a vantaxe do aínda invicto Corme; a piques estivo a Costa de acadar o pleno de triunfos en Preferente e Primeira O Outes Xuvenil celebrou a súa terceira praza O Outes Xuvenil celebrou a súa terceira praza Todo no 2017 parece vir rodado para os equipos que representan á Costa da Morte de Segunda Galega para arriba. O pleno de triunfos en Preferente e as dúas vitorias en tres enfrontamentos en Primeira falan da boa saúde duns representantes ata hai pouco metidos nunha dinámica de irregularidade. Ademais, a Liga da Costa pouco a pouco da pasos rumbo a Corme, onde o representante local aínda non sabe o que é perder un encontro. Foi a máxima categoría autonómica un viveiro de felicidade unha vez máis, co Xallas desafiando os límites da imaxinación e derrotando ao filial do Club Deportivo Lugo. Os combeses están a xa a só un punto da segunda praza, e a xulgar polo momento de forma poderían ser perfectamente candidatos a unha praza de promoción. Precisamente un dos grandes 'gallitos' caeu no Carral ante o Sofán, revelación da liga, nunha nova demostración de poderío. A boa nova é que esta vez o rendemento do Soneira acompañou tamén, cun triunfo chave en Bertamiráns e que eleva a seis de nove a xeira do Víctor Pazos no banco. Tamén intratable está Pablo Mallón en Zas. O técnico carballés aínda non coñece a derrota como responsable do banco sportinguista, e comeza a poñer terra de por medio respecto á zona de perigo. Esa palabra está grabada a lume na cabeza dos futbolistas dun Outes que reaccionaron demasiado tarde na visita do Piloño, e deixaron ir un tren importante. Precisamente o que se agarra ao seu é un Dumbría que en Rianxo tirou novamente de oficio para dar outra lección de fiabilidade. Aumenta a cinco o número de candidatos a levar a Liga da Costa. O empate do Baio aumenta a distancia dun invicto Corme ata os catro puntos, e resalta o papel de Mazaricos e Ponteceso. O 2017 parece ter recuperado a mellor versión dos de Barca, que superaron nun apretado choque ao 'bronce' ligueiro. Tamén o San Lorenzo parece agarrarse a esa remota última praza de privilexio, aínda que debe pulir unha mermada fiabilidade defensiva, que fai que nos últimos dous partidos en casa encaixara nove goles. Sorprendeu na Terceira o partidazo reivindicativo do Ameixenda co líder Muxía, que deixa aos ceenses a menos de tres partidos de líder, e cunha sensación de ter potencialidade para loitar polo que sexa. O último gran vencedor da xornada foi o Outes Xuvenil, que acadou a praza vacante para a liga definitiva.  

PreferenteNorte, xornada 20

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 18

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 18

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 17

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 13

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 17

LigaGalega Cadete, xornada 17

1ªCadete, xornada 14

LigaGalega Infantil, xornada 16

1ªInfantil, xornada 16

LigaAlevínSur, xornada 12

LigaBenxamínSur, xornada 12

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios