Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Gala do Fútbol da Costa-QPC escoitará a voz dos clubs

A Gala do Fútbol da Costa-QPC escoitará a voz dos clubs
David Castro grabando entrevistas polos campos da Costa

Seguimos coñecendo de preto como vai ser esta III Gala do Fútbol da Costa - QPC. O completo equipo de Deportes QPC xa traballa arreo para que todo estea listo o vindeiro venres 27 na Casa da Cultura de Olveira. Xa coñecemos que vai ser a voz presentadora e os patrocinadores e a marea de premios que imos entregar.

Hoxe damos unha das sorpresas, pois a Gala será moi audiovisual. Un dos culpables será David Castro que leva facendo entrevistas polos campos da volta nos últimos meses. Unhas entrevistas que servirán para pulsar a opinión das afeccións, e dar un pequeno avance do que serán as completas e abertas votacións que estamos colleitando, e que explicaremos estes días.

Deixámosvos cun exemplo, unha das máis fieis siareiras do fútbol costeiro, a directiva do Zas, Paula Rodríguez.

Na Radio Galega

Así, este pasado domingo, os compañeiros Alberto Pose e Ubaldo Cerqueiro estiveron no programa líder da radio en Galicia, o “Galicia en goles fin de semana”. E falaron así de ben do Fútbol da Costa, a partir das 17:30:

Novas relacionadas

Fonte

Entrevistas Gala Futbol da Costa QPC

Comentarios