Venres. 29.03.2024
El tiempo

A internacionalidade de David García Pichel alivia as derrotas do Xiria e do Conservas

A internacionalidade de David García Pichel alivia as derrotas do Xiria e do Conservas

Segue o Conservas deixando boa imaxe polas pistas do país, pero non acaba de saír da dinámica perdedora. Esta fin de semana volvía de baleiro de Cangas tras facer un gran primeiro tempo, pero o baixón físico pesou demasias

Non puido traer o Calvo Xiria punto algún na súa visita a Vigo. Enfrontouse no Municipal de Coia a un Sedona que se levou os dous puntos en xogo e de paso superou na táboa clasificatoria aos carballeses.

Exp. Mineiras Morrazo Bm. Cangas - Balonmán Camariñas (32-22)

  • Bm Camariñas Conservas Boya : Víctor [p], Cristian [p], Alan (2), Fari (3), Fabián (1), Felipe (7), Pombo (3), Quin, Borja (3), Salva, Catalán (1), José Ramón (2), Xabi, Perón.

Bo partido dos camariñáns ata o 12-11, pero a partir de aí, os postes, a mala sorte e o porteiro local, fixeron gañador a un Cangas que non foi tan superior como indica o resultado. Pero segue sendo a tónica dos últimos partidos, equipos parellos que se fan co encontro cando coincide o baixón físico camariñán.

"Hai que saír desta dinámica perdedora, e iso só conséguese con adestramento e máis adestramento, pois agora xa se está ao bordo dos postos de descenso, en zona moi perigosa", razoan dende o clube conserveiro.

Magope Seis do Nadal - Calvo Xiria (28-23)

  • Calvo Xiria (9+14): Kike [p], Dubra, Jesús (1), Manuel (4), David (3), Pablo (9, 4 de 7 metros), Cuco -equipo inicial- Iago [p], Miguel, Ángel (1), Alex Zas, Sergio (4), Ramón (1), Brais.

Dende os primeiros compases de encontro o Calvo Xiria non tivo nin a máis mínima fortuna nos seus lanzamentos. 4 goles en 15´ minutos falan ben ás claras da pouca efectividade do ataque carballés. Tampouco foi preciso que os porteiros vigueses estivesen demasiado acertados, simplemente non era o día dos xogadores do Calvo na finalización.

No primeiro tercio do segundo tempo parecía que o Xiria se metía de cheo no encontro. Logo de ir perdendo por nove goles tivo un par de balóns para situarse a tres, pero non foi quen o Xiria de aproveitalos xa que, como non, de novo a falta de puntería condenaron a un esforzo baldío eses dez minutos.

O máis positivo foi a reincorporación de Brais que pouco a pouco vai deixando atrás os problemas físicos que arrastra dende o inicio da tempada.

Vindeira citas

  • O vindeiro sábado ás 18:30 o Bm Zamora visita o Areal de Camariñas, un gran equipo que aspira ao título.
  • A vindeira xornada recibe o Calvo Xiria na casa a un Lavadores en alza, que logo de recuperar a varios dos xogadores que tiña lesionados, e que aspira a saír dos postos baixos da clasificación e eludir as prazas de descenso. Como sempre, o partido xogarase o sábado ás 18.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.

Máis internacionalidades

E continúan as boas novas das categorías inferiores carballesas. David García foi convocado, de novo, para participar co combinado nacional xuvenil no Campionato do Mediterraneo, nunha concentración e na Fase de Clasificación para o Campionato de Europa. A cita será do 16 ao 26 de febreiro.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios