domingo. 10.11.2024
El tiempo

A Liga da Costa terá 16 equipos na 2017/2018

A Liga da Costa terá 16 equipos na 2017/2018

Había reunión en Baio do Fútbol da Costa coa Federación. Unha desas reunións importantes para definir o formato do noso fútbol. Estiveron 22 clubs representados, de 32 convocados, e todos valoraron as súas propostas relativas a situación das 2ª e 3ª Autonómica, presentadas polo Vicepresidente da Federación Juan Villamisar e o secretario Benjamín Amigo.

Rexeitouse crear dúas 2ª Autonómica, e tamén rexeitouse manter como está agora. Gañou por goleada a proposta de que a 2ª Autonómica pase a ter 16 equipos en 2017/2018. Deste xeito, a vindeira campaña baixarán os 3 últimos (un máis que este curso), e subirá directo da 3ª só o campión e un equipo tras unha promoción entre os equipos do 2º ao 5º.

Houbo máis cousas. Como a eterna protesta pola situación da 1ª Autonómica, xa que todos quixeron lembrarlle á Federación que o problema da 3ª vén dado dende que se cambiou a 1ª, facendo un grupo máis e levando os equipos da Costa a Santiago. Non houbo documento oficial, pero os clubs manifestaron unidade na queixa.

Outro dos temas importantes para o noso fútbol é a asistencia médica, e os clubs pediron que se recuperase a atención no Hospital Virxe da Xunqueira.

A Federación informou sobre os novos balóns (que serán obrigatorios para todos os clubs. Ademais, Vicente Carril, presidente do Camariñas, alzou a voz, para pedir que non xogasen os da Preferente a Copa da Costa, unha demanda que xa non ten moitos defensores. Iso si, lembraron que o adestrador que sente no banco terá que ter titulación.

Unha boa nova será a creación do Outes B. Deste xeito, e pendentes do que pase con Carnota e Lira, a 3ª Autonómica podería ter 11 equipos: Lira, Castrelo, Seaia, Camelle, Nantón, Muxía, Carnota, Volantes, Cabana, Ameixenda e o novo Outes B

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios