Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Liga de FS de Corme avanza sen un favorito claro

A Liga de FS de Corme avanza sen un favorito claro
Bar Lista-Apligasa-Bar Madison e Seaia equipos da Liga de FS de Corme Bar Lista, Apligasa, Bar Madison e Seaia, pelexan na zona alta da Liga de FS de Corme Trala disputa das 5 primeiras xornadas a Liga de FS de Corme segue o seu curso. Parece que o Bar Lista apunta alto, despois de sumar partidos por vitorias, pero hai unha serie de catro equipos por detrás que porán o título moi caro, sobre todo con algunha fichaxe que pode estar xa formulada. Isto acaba de empezar e o actual bicampión, Trans. Cotelo, só perdeu un partido, ante o Bar Madison. Un Madison que caía co líder esta xornada. Haberá que fixarse tamén no Beres Apligasa, o outro equipo aínda invito, que suma 3 vitorias e un só empate (ante o Madison) nos seus 4 partidos. Capelán e Seaia, polo de agora, tampouco se descolgan, e todo vai comezar cando arrinquen os enfrontamentos directos. Este vindeiro sábado, ás 19:40h, un Trans. Cotelo-Beres Apligasa (2º contra 3º) ben interesante.

Tendes sempre as táboas actualizadas en www.futboldacosta.com.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-transportes-cotelo-segue-abusando-na-copa-de-fs-de-corme/

Comentarios