Venres. 19.04.2024
El tiempo

A marea verde impulsará ao Xiria nas 4 finais que restan para o ascenso

A marea verde impulsará ao Xiria nas 4 finais que restan para o ascenso
O Xiria necesita da afeccion no Vila de Noia para o ascenso O Xiria necesita da afección no Vila de Noia para o ascenso

Sábado, 18:00h, no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) de Carballo. Esta é unha das citas máis importantes do ano. Máis de 600 persoas vibrarán co equipo carballés para seguir pelexando polo campionato de liga da 1ª División Estatal e polo ascenso á División de Prata. Quedan 4 finais, e a primeira, na casa ante o S.A.R. de Redondela. Nestes intres o Calvo Xiria lidera a táboa clasificatoria con un punto de vantaxe sobre o Chapela, tres sobre o Novás e catro sobre o Lalín.

Xa levamos comprobando todo o que move o balonmán en Carballo e non é de estranar sabedno que todos os rapaces deste equipo, agás un natural de Lalín, son de Carballo (saídos da canteira verdibranca).

Con este bravo plantel, e o apoio da entregada marea verde, poden acadar un fito histórico: o primeiro título ligueiro desta categoría para a historia do club, a terceira categoría do balonmán español tras Asobal e División de Prata.

Iso si, non poden perder nin un dos 4 partidos que restan, e dous dependen do apoio da afección.

Como nos partidos anteriores, se non es socio e vas acompañado por un socio só terás que abonar 1 € pola entrada. Ademáis sortearán 1 cea para dúas persoas por cortesía da Cervecería Bombonera entre tod@s aqueles que cheguedes ao pavillón antes do asubío inicial. Tamén sortearán (con rifas a 1 €) unha camiseta oficial da S.D. Teucro, equipo da Liga Asobal SD Teucro, concretamente a camiseta co seu nome e número dun dos grandes cracks do balonmán galego, o carballés Carlos García, na actualidade sexto mellor goleador da Liga Asobal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios