Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Pipa: As táboas vanse ordenando

A Pipa: As táboas vanse ordenando
Zas-Corme en San Andres-Foto-Fin Lema O Corme non fallou en San Andres-Foto-Fin Lema Comezan a clarificarse as posicións nas competicións da Costa, tanto na zona de privilexio como na zona de perigo, aínda que haxa conxuntos que, de momento, non se atopen nin preto dunha nin doutra zona, pero sen que ninguén poida descoidarse. A cabeza da clasificación vese acurtada en 2ª e 3ª, do mesmo xeito que en 1ª, onde Fisterra, Baio e Dumbría manteñen unha liña ascendente e comezan a reafirmar as súas aspiracións de estar no máis alto da táboa clasificatoria.

2ª Galicia

En 2ª da Costa, o encontro máis importante da xornada disputábase en Mazaricos, onde o once amarelo recibía ao Muxía, cuarto clasificado e cunha liña espectacular. Os dous equipos mostraron un dos seus grandes potenciais, a faceta defensiva, non en balde son os dous menos batidos da categoría, con tres tantos encaixados o líder e catro o Muxía, e a súa gran organización conxelou as ideas ofensivas de ambos, finalizando a contenda co 0-0 co que se iniciou o choque. Dese empate aproveitáronse Corme e Ponteceso, que sumaron senllos triunfos nos campos de Sporting Zas e Ameixenda, co que se acurtan as distancias co Mazaricos e aumentan sobre o Muxía. O Corme, nun segundo tempo onde ALejo, unha vez máis, mostrou a súa mellor versión, terminou vencendo con claridade a un Zas que, na primeira metade defendeuse con uñas e dentes, pero ao que o tempranero gol do Corme rompeu por completo ao comezo da segunda metade. Ao final, un 1-4 merecido para o equipo dirixido por Angel. En Cee, o Ameixenda loitou de xeito abondo para contrarrestar o potencial do Ponteceso, pero o tanto inicial de Juanma, aos dez minutos, unido ao de Matías, a falta de sete para a conclusión do choque, significaron o triunfo e os tres puntos para os visitantes, nun día onde o vento, a choiva e a néboa fixeron acto de presenza dificultando o labor de ambos onces. Sufriu de xeito abondo o Baiñas para sumar os tres puntos en Malpica, e un tanto do seu goleador, Pablo Muiño, facilitoulle o éxito aos pupilos de Emilio Corzón, que se queren enganchar nuevamente á zona de privilexio da táboa clasificatoria, aínda que a distancia cos dous primeiros siga sendo considerable. E tampouco cede o Volantes de Baños, que segue empeñado en estar nos postos altos da clasificación, e nesta oportunidade venceron en Muros a un Buño que se adiantou no marcador, pero que antes do descanso viu como os pupilos de Sil volteaban o marcador e na segunda metade conseguían aumentar a súa vantaxe para sumar os tres puntos en xogo. Gran partido en Verdillo, onde o San Lorenzo, que no minuto 83 perdía por 1-3 e ao descanso chegaba con 0-3 para os ceenses, en sete minutos espectaculares, deron a volta ao marcador e terminaron vencendo por 4-3. Partido dos que fan afección e que demostran que, en fútbol, nunca podes dar nada por gañado nin por perdido ata que o árbitro sinala o final do encontro. Non deu opción o Cerqueda ao Monte Louro, ao que venceu cun claro 5-1 final. Malia que os homes de Oscar Leis chegaron a colocar o 2-1 no marcador, ao final o once preparado por Raúl Periscal non ofreceu ningunha posibilidade de reacción aos muradáns, finalizando a contenda co amplo éxito local, que se afasta dos postos de perigo da clasificación xeral. No encontro que abría a xornada en Carnota, o Lira segue a súa liña ascendente e soubo sacar adiante o mini-derbi ante o Muros, ao que os pupilos de Diego Lobelos venceron por 3-1 e empataban na táboa co Monte Louro e colocándose a dous puntos do seu rival desta xornada, o Muros. A próxima xornada volve contar con encontros moi atractivos para os afeccionados en xeral en todos os campos da Costa. O máis trascendente, sen dúbida, o enfrontamento do Cairo, onde chega o líder, Mazaricos, co primeiro posto en xogo. Os dous equipos máis goleadores, con 40 e 36 tantos, respectivamente, a mellor defensa (Mazaricos) e o pichichi do grupo (Alejo). Espectáculo garantido, sobre todo si o tempo o permíte. Moi atentos estarán o Ponteceso, que recibe no Pinguel a Sporting Zas, e o Muxía, que se enfronta en Arliña ao Malpica. Tampouco queren fallar Volantes, que viaxa a Cee, nin Baiñas, que será o anfitrión do San Lorenzo. O Cerqueda, en zona tranquila, recibe ao renacido Lira, e partidos de grandes necesidades en Monte Louro, onde xoga o Buño, e en Muros, onde os celestes serán anfitriones do Ameixenda.

Preferente

Xornada agridoce en Preferente, onde o Sofán vencía e convencía no seu duelo ante o Agolada por 4-0, nun choque perfectamente controlado polos homes dirixidos por Iván Cancela, mentres que o Xallas vía, contra todo pronóstico, como o Foz o derrotaba na Fontenla por 1-2, colocándose a dous puntos dos verdes. O Sofán mantén o seu idilio coa zona de tranquilidade e xa suma 23 puntos tralo triunfo, que aínda que parece cómodo, o partido non o deixou resolto ata a segunda metade. No entanto, o bo xogo rojillo xa mereceu mellor premio nos primeiros corenta e cinco minutos. Ao final, un 4-0 que deixa aos sofanistas sete puntos por encima da zona de perigo da clasificación. Tropezo inesperado do Xallas en casa ante un Foz que se atopaba a cinco puntos de distancia dos xalleiros, pero que agora recorta a vantaxe verde a só dúas da zona quente da táboa, sobre todo por arrástrelos que poidan producirse en Terceira. Pese a todo, o Xallas fixo méritos máis que suficientes para lograr un mellor resultado, pero ao final os puntos voaron da Fontenla. Na xornada da próxima fin de semana, antepenúltima da primeira volta, o Sofán rende visita a un Atlético Coruña Montañeros que aos poucos ha ir ascendendo na clasificación, atopándose na sétima praza, dous puntos por encima dos rojillos. Mentres, o Xallas terá un duelo de rivalidade en Negreira, que seguro levará moito público ao recinto nicraniense, separados por seis puntos na táboa, onde o Negreira é undécimo.

1ª Galicia

Positiva a xornada en Primeira, con tres triunfos e dúas derrotas. Triunfos dos conxuntos da zona alta-media, e derrota dos máis necesitados de puntos. O que tiña o compromiso máis complicado era o Soneira, que recibía no Municipal de Vimianzo ao líder, Sigüeiro, e os pupilos de Pedro Gómez, que se adiantaron no marcador, non puideron sumar nada positivo, perdendo por 2-3, pese a que por méritos e ocasións mereceron, polo menos, o empate. Suma e segue o Fisterra, lanzado en pos do liderato, e en Ara Solís, ante un Bertamiráns que segue sen reaccionar, os xogadores de López Canosa volveron brindar todo un espectáculo de xogo e efectividade vencendo e convencendo por 3-0 con todo merecimiento e bo fútbol, mantendo a segunda praza, a dous puntos do liderato. E gran triunfo do Baio en Tordoia, onde os xogadores dirixidos por Torreira volveron deixar patente o seu excelente momento e liña de xogo vencendo por 0-3 e situándose na cuarta praza a catro puntos do Flavia e cinco do Fisterra. Gran partido blanquiazul que non deron opción a un Tordoia ao que superan en tres puntos. E segue o seu ascenso o Dumbría, que tralo seu comezo dubitativo aos poucos se vai ir situando na zona de privilexio da clasificación, e o seu triunfo, no último minuto, en Rianxo ante o Unión, remontando o 1-0 inicial para os locais, coloca aos pupilos de Julián a tres puntos da cuarta posición da clasificación xeral. Non tivo fortuna a Esteirana en Lalín, onde perdeu por 1-0 no tempo de desconto, minuto 93, logo de facer méritos máis que sobrados para, como mínimo, alcanzar o empate. Pero a sorte, unha vez máis, foi esquiva para os homes dirixidos por Geno que seguen a catro puntos da zona de permanencia. A próxima fin de semana, duelo no cume en Esteiro, onde chega o Fisterra nun clásico do fútbol costeiro. O Soneira buscará sacar algún positivo no seu desprazamento a Val do Ulla, ante un conxunto do que lle separa un punto na táboa. A Baio chega un Cordeiro en zona de perigo, mentres que o Dumbría, no Conco, buscará manter a súa liña ascendente derrotando ao Chaián.

3ª Galicia

A penúltima xornada da primeira volta en Terceira trouxo o "pinchazo" no seu terreo do Coristanco, que recibía a un Outes disposto a todo, e que se adiantou por dúas veces na Rocheira, pero os tantos de Samuel deron un punto ao líder, que mantén a súa posición con tres puntos de vantaxe sobre o Cabana, e deixa ao Outes fose do play-off aínda que empatado a puntos co Camariñas. O Cabana tiña un complicado compromiso nas Redondas ante o Porteño, e soubo sacalo adiante cun 2-0 que mantén aos negriazuis na segunda posición de ascenso directo, cun punto de vantaxe sobre o Castriz, conxunto que sufriu de xeito abondo para derrotar a outro dos rivais directos da táboa, o Castrelo, por 1-0. Os de Santa Comba son terceiros, mentres que o Porteño é agora cuarto, a catro puntos da zona de ascenso, e o Castrelo, quinto, coa mesma puntuación que os de Ponche do Porto. No derbi de Camelle, o Camariñas sumou un importante triunfo que o coloca, por primeira vez na tempada, na zona de play-off, deixando aos locais fose do mesmo a dous puntos de distancia de Camariñas e Outes. Destes resultados beneficiouse o Nantón, que moitísimo sufrimento logrou vencer por un mínimo 2-1 ao Seaia, e coloca aos locais a un punto do play-off de ascenso cando resta unha xornada para a conclusiñon da primeira volta. Baleas e Corcubión repartíronse os puntos no Hermanas Patiño empatando a dous goles, e ambos pechan a táboa con catro puntos, moi afastados da zona de promoción. O partido foi moi entretido e os dous equipos buscaron con ahínco un triunfo que ao final non chegaría. Na próxima xornada, última da primeira volta, partido de alta tensión en Camariñas, onde os homes de Tono recibirán ao Castriz. O Coristanco buscará o campionato de inverno en Malpica, ante o Seaia, mentres que o Cabana terá un duro rival no mini-derbi de Laxe. Derbi camariñán en Ponte do Porto, onde os pupilos de Varela son favoritos, polo menos a priori, ante As Baleas. Bo choque en Outes, onde o once local quere retornar á praza de promoción superando e afastando da mesma ao Camelle. Para rematar, o Corcubión recibe no Novo Cubaleiro ao un Nantón que non quere perder comba con respecto aos seis primeiros postos da clasificación xeral. Descansa nesta xornada o Castrelo, que pode ver reducida a súa vantaxe na clasificación con respecto ao Outes e Camariñas.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Todas as Pipas anteriores

https://quepasanacosta.gal/a-pipa-e-a-chuvia-fixo-parar-o-futbol/

Comentarios