Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A Pipa de Corredoira: O Corme, con paso firme

A Pipa de Corredoira: O Corme, con paso firme
A pipa de Corredoira O Corme goleou ao Coristanco-Foto-Fin Lema O Corme tamén goleou ao Coristanco-Foto-Fin Lema Tivo lugar a segunda xornada da Liga da Costa, cun Corme que se mantén firme no seu camiñar pola mesma, colleitando a segunda goleada da competición, nesta oportunidade ante un Coristanco que non coñece a vitoria nas dúas xornadas disputadas e é o colista da clasificación pola diferenza de goles. Tralo ronsel dos azuis, tres equipos máis sumaron os seis puntos ata agora disputados. O Castriz venceu, e convenceu, no complicado terreo de xogo do Porteño, remontando un tempraneiro gol local e impoñéndose con rotundidade nun alarde goleador, facéndolle un set aos locais. Pola súa banda, Cerqueda e Cee gañaron con moitos apuros e por un exigüo 1-0 nos seus duelos ante Buño, os primeiros, e Mazaricos, os segundos. Non eran compromisos fáciles, pois aínda que os seus rivais perderon os dous encontros ata agora disputados, non é menos certo que o Cerqueda-Buño era dunha gran rivalidade, como un Milan-Inter, pois ambos xogan os seus encontros no mesmo campo, mentres que o Mazaricos comeza a campaña de xeito moi diferente a como finalizou a anterior. Ponteceso e Malpica repartíronse os puntos nun choque sen goles, o único que finalizou sen que o marcador movésese, pero a gran rivalidad de ambos, unido ao bo traballo táctico dos equipos dirixidos por Barca e Esmorís, fixeron posible o empate final. Gran partido nas Pedreiras, onde o San Lorenzo, que perdía na 1ª xornada, recibía a un Baio que superara ao Baíñas. Os xogadores de Oscar Suárez, exentrenador a pasada campaña do CD Baio, sacaron adiante o compromiso moitísimo sufrimento ante o seu exentrenador, Pedro Gómez, agora no Baio, intercambio de banquiños nesta campaña, e suman o seu primeiro éxito da tempada. Tamén taponou as feridas do primeiro partido o Monte Louro, dirixido por Oscar Leis, que venceu a todo un Corcubión no Novo Cubaleiro, nun choque trepidante e con sete goles, con remontada visitante nos últimos minutos, pois ata case o final a vantaxe dos locais por 3-2 facía concibir esperanzas aos xogadores de Emilio Corzón de sumar o primeiro triunfo da campaña. Do mesmo xeito, o Baíñas daba boa conta no seu terreo de xogo do Esteirana, que parece seguir na onda da tempada pasada, bos encontros e vitorias con goles en casa, e baixón no seu xogo fóra de Esteiro. O 5-1 final reflectiu a diferenza existente sobre o terreo de xogo. Para rematar, o Camariñas, facendo un gran encontro, sacaba adiante o complicado compromiso ante un Laxe que, no seu retorno á Liga da Costa segue sen saborear os meles do triunfo. Na próxima xornada, un partido chama a atención por encima de todos, o que disputarán, en Cee, o once preparado por Rafa Pais e o líder, Corme, nunha dura proba, sen dúbida, para os cormeláns que seguro o pasarán difícil para sumar o triunfo na súa marcha impoluta ata agora. Da mesma xeito sobresaen os compromisos do Castriz, que recibirá en San Pedro ao Cerqueda, ambos invictos e contando con triunfos os seus encontros, e o Mazaricos ante o invicto e, ata agora, imbatido Malpica, nun choque onde os xogadores de Néstor quererán superar aos azuis. E o outro encontro que chama a atención é o que enfrontará, no Pratas Reinoso, ao CD Baio e Ponteceso, dous dos serios candidatos aos postos de ascenso, cun Ponteceso que non encaixou gol nos dous partidos disputados ante un Baio que marcou cinco tantos pero encaixou seis. No resto de encontros, duelos moi interesantes todos eles, en especial para os equipos que aínda non sumaron puntos, como o que enfrontará a Coristanco e Corcubión, no día grande da Festa da Pataca en Coristanco. Da mesma xeito enfróntanse Buño e Laxe, con ambos equipos sen gañar. En Camariñas, os locais, que perderon en casa na primeira xornada, recibirán a un Baíñas que quere gañar o seu primeiro encontro lonxe de Vimianzo, mentres que en Esteiro, os homes de Lodeiro terán que suar tinta para superar a un San Lorenzo que quere ser o da campaña pasada e estar nos postos de privilexio.

Preferente e Primeira

En Preferente, o duelo repetición da pasada final de Copa saldouse do mesmo xeito, con empate, pero nesta ocasión a dous goles e con remontada local, pois o equipo preparado por Iván Cancela adiantouse cun 0-2 que parecía allanarle o camiño cara ao primeiro triunfo, pero os locais, nunha excelente segunda metade, foron capaces de remontar e sumar un punto que parecía lonxe. Mellor fóronlle as cousas ao Sofán, que comeza cun camiñar firme tralos seus dous triunfos consecutivos, nesta oportunidade no complicado campo dun Ribadeo que, tras descender de Terceira a pasada campaña, é o colista do grupo sen puntuar. Os homes de Josito colócanse na 3ª praza da clasificación, a un punto dos líderes Polvorín-Lugo B e Noia. Na próxima xornada, compromisos complicados en liñas xerais para os tres representantes costeros na competición, pois aínda que dúas xogan en casa, Xallas ante Viveiro e Sofán, fronte á Sarriana, ningún deles son sinxelos de superar, pese a que o Viveiro fixo o mesmo que os xalleiros, dous empates, e a Sarriana suma un empate máis, contando os seus encontros por igualadas. Máis complicado parece telo o Soneira no campo da UD Paiosaco, conxunto que suma catro puntos gracias ao seu triunfo da pasada xornada lonxe dos seus afeccionados por 3-4, co que os xogadores de Vimianzo deberán poñer toda a carne no asador si queren sumar puntos. En Primeira, o derbi entre Zas e Dumbría saldouse cun triunfo dos segundos nun encontro moi trabado e onde a experiencia dos visitantes foi clave ante un once local que nos primeiros vinte minutos puxo en moitas dificultades aos visitantes e viron como lles eran anulados dous goles en dúas accións moi complicadas e no último minuto da primeira metade adiantábase o Dumbría nunha acción que rozaba o fóra de xogo. O segundo gol, xa prácticamente co partido languideciendo, foi un golpe maior para un Zas moi combativo pero pouco resolutivo. O Outes non tivo opcións ante un Sigüeiro que quere reafirmarse como un dos grandes candidatos ao ascenso de categoría, e o 0-4 non deixa lugar a dúbidas e coloca aos pupilos de Manu Roque pechando a táboa. Pola súa banda, o Fisterra soubo nadar e gardar a roupa en Tordoia e sumou o primeiro positivo lonxe dos seus afeccionados, mantendo a súa porta a cero por segunda xornada consecutiva. Na próxima xornada, o Fisterra recibe a un Riveira que reaccionou esta xornada sumando os tres puntos e baixo a batuta do muradán Sil, mentres que o Sporting Zas renderá visita a un Pobra que, aínda que non comezou como cabía esperar polo potencial do seu persoal será moi complicado no seu terreo de xogo. Pero o partido que chama a atención será o derbi entre Dumbría e Outes, segundo consecutivo para os pupilos de Julián, e aínda que as diferenzas parecen ostensibles polo comieno duns e outros, un derby sempre é un derby, e as complicaciones serán máximas para ambos. Polo tanto, a festa continúa e a Liga non fixo máis que arrincar!
  • Manuel Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, e actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas.

A Pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios