Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Pipa: Escapada dos líderes e rebelión dos débiles

A Pipa: Escapada dos líderes e rebelión dos débiles
11 do Mazaricos no Pino do Val 11 do Mazaricos no Pino do Val Xornada importante para os líderes das dúas categorías da Costa, pois ambos se beneficiaron, e moito, dos tropezos dos seus inmediatos perseguidores, Corme, en 2ª, e Castriz, en 3ª, que lles reafirman un pouco máis nas súas privilexiadas posicións. Igualmente produciuse a rebelión dos "débiles", cos triunfos do Lira, con gran partido dos xogadores de Diego Lobelos, sobre o Corme, e do Seaia no complicado terreo das Redondas, en Cabana.

2ª Galicia

En Segunda, o Lira foi capaz de facer saltar a banca no seu terreo de xogo, e sumou o seu primeiro triunfo na competición ante todo un Corme, que perde comba na súa loita por alcanzar ao líder, Mazaricos. Os locais, con novas e importantes incorporaciones nas súas filas, deron un xiro radical no seu xogo e superaron a un once azulón que só os tantos de Alejo o mantiveron vivo no choque. Non cede o Mazaricos, que sumou un novo triunfo, nesta ocasión sobre o Unión Club Cee, por 3-0, e mostra uns números aglaiantes, con nove vitorias e un empate, 40 goles a favor e únicamente 3 en contra nas dez xornadas disputadas ata o instante. A súa solvencia é tal que parece que non permiten nin unha físgoa aos demais conxuntos aos que se enfrontan. Asaltou a segunda praza o Ponteceso, que sumou os tres puntos en xogo no terreo de Xaviña, ante o Cerqueda, tras superar aos pupilos de Raúl Periscal por 0-1. Foi un partido moi competido, onde os locais tiveron a súa mellor oportunidade nun máximo castigo que detivo o meta visitante. Ao final, os tres puntos caeron ao lado visitante. Tampouco cede un ápice o Muxía, que deu bo conta do Ameixenda en terreo deste, vencendo por 1-4 e mantendo a súa loita por alcanzar o pódium da competición. Os pupilos de Adrián Lema non deron respiro a un Ameixenda que segue mellorando nos seus prestaciones, pese a que nesta oportunidade viuse claramente superado polos rojillos. O Baiñas quere engancharse á loita pola zona de privilexio e sumou os tres puntos en Zas nun choque que non se resolveu ata o tempo de desconto. Os goles dos dous atacantes verdes, Pablo Muiño e Javi Souto, este en dúas oportunidades, puxeron terra por medio pese aos intentos locais de alcanzar un mellor resultado, especialmente na segunda metade. Debut no banquiño do Buño de Tito Pedreira, ex do Ponteceso a pasada campaña, e os branquiazuis, cun gol no último minuto, sumaron o triunfo ante un Malpica que viu como, nesa acción final, escapábanselle os tres puntos en xogo no seu terreo da Pedra Queimada. Igualdade así mesmo en Verdillo, onde o San Lorenzo, pese ao seu empuxe na sgeunda metade, viu como o Volantes de Baños facíase cos tres puntos en xogo e sitúase na sexta praza da táboa, deixando aos pupilos de Pablo Mallón na décima posición, con once puntos, empatados con Zas, Cee e Buño, o que demostra a gran igualdade existente. Derbi ao grande en Muros, entre os locais e o Monte Louro, resolto con empate a un gol que demostra a gran loita e entrega de principio a fin e premia o traballo dos vinte e dous xogadores durante os noventa minutos. Ambos conxuntos mantéñense fóra da zona de descenso, pero sen poder descoidarse nadiña de nada. Na próxima xornada, gran partido para abrir a mesma o sábado en Vimianzo, onde o Baiñas recibirá visita do líder, Mazaricos, no considerado encontro da xornada. O segundo clasificado, Ponteceso, medirase no Pinguel ao Lira, mentres que o Corme, trala derrota en Lira, buscará retornar á senda do triunfo ante o Ameixenda en Ou Cairo. En Muxía, os locais recibirán a un Sporting Zas moi irregular. Duelos de gran igualdade en Cee, onde o Unión enfrontarase ao Malpica, e en Buño, onde chega o San Lorenzo, mentres que en Louro vivirase o derbi entre Monte Louro e Volantes de Baños. Para rematar, o Muros será o anfitrión do Cerqueda no Eleuterio Balayo.

Preferente

Xornada moi positiva na máxima categoría con representación costera, pois Sofán e Xallas sumaron os tres puntos en xogo no Carral e A Fontenla, respectivamente. En Sofán, os rojillos tiveron que esperar a á segunda metade para terminar goleando ao Foz, por 5-0, o que deixa aos pupilos de Iván Cancela na oitava praza da clasificación, a un punto do Dubra, mentres que os lucenses mantéñense dous puntos por encima do descenso directo. En Santa Comba, sufriño o Xallas para sumar un importante triunfo sobre o San Tirso, conxunto ao que agora superan na táboa clasificatoria, poñendo fin deste xeito a unha racha de resultados desfavorables para os verdes, que se sitúan sete puntos por encima da zona de perigo, e a tres da oitava praza, o que vén demostrar a gran igualdade que existe na Preferente Autonómica. Na xornada deste fin de semana, os sofanistas renderán visita a un Negreira do que lle separa un punto na clasificación xeral, mentres que o Xallas viaxará ao terreo dun Ordes que quere afastarse da zona de perigo.

1ª Galicia

Dous triunfos, un empate e dúas derrotas conformaron a xornada na Primeira Autonómica, onde os catro primeiros enfrontábanse entre si, e Fisterra e Flavia deron conta das súas riovales. En Ara Solís, os verdes, cun rápido gol de Bruno, souberon frear, e de que xeito, ao líder da clasificación, Sigüeiro, que ve reducida a súa vantaxe á fronte da mesma a tres puntos sobre o Flavia e catro sobre o Fisterra, redimiéndose deste xeito os pupilos de de López Canosa da derrota sufrida a semana anterior en Baio. Pola súa banda, o Baio tiña un complicado compromiso en Padrón, ante un Flavia que se marcou como obxectivo o retornar a Preferente, e os locais superaron con claridade aos branquiazuis por 3-0, caendo o Baio á quinta praza da clasificación. O outro triunfo da xornada foi o alcanzado por un necesitado Soneira ante o Escravitude. O 5-2 final deixa claro os desexos dos homes de Pedro Gómez de retornar á senda do triunfo, e non deron opción a un once que se mantén na oitava praza da clasificación. O Soneira sae da zona de perigo, polo menos momentaneamente. No último minuto do desconto perdíu un punto que parecía ter seguro o Dumbría en Tordoia. O 1-0 final favorable aos locais frea a ascensión dos pupilos de Julián, que se fixeron acreedores, cando menos, ao empate. Quen si logrou puntuar foi o Esteirana, aínda que non lle valla para saír do farolillo vermello, pero os pupilos de Geno, moitísimo traballo, frearon a un Piloño que buscaba recortar coa zona de ascenso, pero que non puido co bo labor dos azulgrana. Na xornada próxima, volve repetir en casa a Esteirana, que recibe ao Bastavales, do que lle separan catro puntos e está en zona de descenso. Derbi grande en Baio, onde chega o Soneira. O Fisterra buscará seguir na senda dos postos de privilexio na súa visita a ou Val do Ulla, mentres que o Dumbría quere sumar os tres puntos no Conco, onde chega un Cordeiro un punto por encima dos locais.

3ª Galicia

Non cede o Coristanco en 3ª, que sumou un amplo triunfo coa visita do equipo revelación ata o momento, Castrelo. O 4-0 final deixa claro o potencial dos verdes, que aumentan en dous puntos a súa vantaxe á fronte da clasificación, e frean a boa liña dos de Vimianzo. Non puido sacar o triunfo o Castriz en Camelle, onde no minuto noventa gañaba por 0-2, pero dous tantos practicamente seguidos no desconto, deron o empate a un Camelle que segue pugnando por coarse na zona de play-off. Quen se coa no mesmo é o Outes, que venceu con relativa comodidade ao As Baleas, novo colista da clasificación, no Hermanas Patiño, por 0-3 e os da Serra asaltan a sexta praza, empatados con Laxe e Camelle. A sorpresa dérona Seaia e Corcubión. Os primeiros, contra todo pronóstico, superaron nas Redondas a un Cabana que buscaba superar ao Castriz na táboa, e que agora viu aumentada a vantaxe dos rojinegros ao perder por 0-1, mentres que o Laxe non era capaz de vencer no seu terreo ao Corcubión, que abandona a última praza ao empatar a un tanto. O duelo entre aspirantes aos postos de ascenso e promoción saldouse cun 0-0 entre Nantón e Camariñas, que deixa a ambos conxuntos fóra da zona de privilexio, quedando a un punto o Camariñas e a tres os locais. Na próxima cita, partido ao grande en Camariñas, onde os pupilos de Tono recibirán a visita do líder invicto, Coristanco. O Cabana rendirá visita ao Corcubión intentando volver á senda do triunfo, mentres que o Porteño terá un duro rival en Ponte do Porto coa visita do Laxe. Bo encontro en Vimianzo, onde chega un Camelle disposto a sorprender ao once local, mentres que o Outes buscará manter a súa posición e poñer terra por medio ante o Nantón na Serra. O Seaia quere sumar a súa segunda vitoria consecutiva e derrotar, na Pedra Queimada, ás Baleas. Descansa nesta xornada o Castriz, que estará moi pendente do que suceda nos encontros dos equipos da zona alta da clasificación.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Todas as Pipas anteriores

https://quepasanacosta.gal/a-pipa-derbi-comarcal-triunfo-local/

Comentarios