Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Pipa: Pendentes do partido da tempada

A Pipa: Pendentes do partido da tempada
Imaxe dun Baio-Corme do ano pasado no Platas Reinoso Imaxe dun Baio-Corme do ano pasado no Platas Reinoso Queren Baio e Corme dar a máxima emoción á competición e ao partido do próximo fin de semana, no Pratas Reinoso, onde se medirán líder e perseguidor, gañando os seus encontros con superioridade, os primeiros, e sufrindo o indecible, os segundos. O líder tiña un compromiso moi complicado en Cee, onde o Unión vendeu moi cara a súa derrota, pero o novo triplete de MC significou tres novos puntos para o Baio. Pese a todo, o Cee traballou de xeito abondo para frear aos blanquiazules, pero ao final o conxunto de Pedro Gómez liquidou con solvencia o choque. Moitos máis apuros pasou o Corme no seu terreo, ante un Malpica que está nun momento de forma impresionante, e únicamente dous goles nos minutos finais foron capaces de doblegar aos malpicáns, que se adiantaron cun tanto de Brais Lado e que viron como o Corme daba a volta ao marcador no minuto final, con gol de Alejo, de penalti. O San Lorenzo segue ao seu, e volveu sumar os tres puntos, nesta ocasión ante un Porteño que segue co auga ao pescozo e traballou de xeito abondo para dar cumprida resposta ao xogo local. Pese aos intentos visitantes, os rojillos souberon sacar adiante o compromiso e seguir á espreita dos líderes. Non sufriu o Mazaricos ante o xa descendido Laxe, ao que superou con claridade por 3-0, nun partido con pouca hostoria e onde os amarelos foron superiores de principio a fin e manteñen a súa cuarta praza recobrándose do tropezo da semana pasada. Quen está acusando enormemente as baixas e a inexperiencia dos seus xogadores é o Ponteceso, que viu como un necesitado Corcubión superáballe no Novo Cubaleiro por 4-2, o que fai que os locais aínda que sigan en descenso automático, tomen un pouco de aire ante as próximas e decisivas xornadas. Tomou Cerqueda o Baiñas, que practicamente se aseguraba a permanencia na Liga da Costa un ano máis, tras un partido excelente ante o once local, e un 1-4 final que demostrou a recuperación dos de Vimianzo, cun Pablo Muiño inmenso, ben secundado por David Blanco, autores dos catro tantos verdes. Paso diante da Esteirana en Coristanco, onde sumou un triunfo que vale por catro, pois afasta un pouco aos de Esteiro do descenso e mete nel aos pupilos de Alberto Pensado. Tres goles na primeira metade, que deixaron o 1-2 no marcador pese aos intentos finais do Coristanco de alcanzar un empate que ao final non chegou. O Buño tamén quere salvar a categoría, e saltou a banca en Castriz. Cun 0-3 rotundo, os oleiros sumaron tres puntos que lles colocan un punto por encima do descenso. O partido foi de claro dominio visitante, onde os pupilos de Mauro mostráronse superiores a un Castriz que se está deixando ir nestes momentos d a competición. En Louro, o conxunto local e o Camariñas repartíronse os puntos que deixa a ambos equipos case coa permanencia asegurada a falta de cinco xornadas para o final da competición. Adiantouse o equipo de Oscar Leis a falta de dez minutos, empatando o Camariñas no último minuto da confrontación. Na próxima xornada, o partido da tempada será o que en fronte ao Baio e Corme no Pratas Reinoso, co San Lorenzo, que recibe ao Cerqueda moi pendente do que suceda en Baio, do mesmo xeito que o Mazaricos, que visita a un Castriz en horas baixas. Por abaixo, complicados encontros para Porteño, en Ponteceso; Coristanco, que visita ao Camariñas; e Corcubión, que visita ao Malpica; mentres que Buño, Esteirana e Baiñas recibirán nos seus terreos a Monte Louro, Cee e Laxe, respectivamente, todos eles coa necesidade imperiosa de sumar os tres puntos para eludir un descenso que se puxo moi caro.  

Complicaciones en Primeira

Mala xornada para Sporting Zas e Outes en Primeira, que coloca aos zaseiros en posición de descenso automático e aos de Cambeiro un punto por encima do mesmo, cun encontro menos disputado. Ambos conxuntos saíron derrotados nos seus encontros desta xornada, os primeiros en Padrón, ante o Flavia, mentres que o Outes sufría un forte 5-0 en Riveira, nun mal encontro dos blanquinegros. Non lles axudou en nada o empate do Dumbría ante ou Val do Ulla (0-0), que si lles vale aos pupilos de Julián Ferreiro para manter cómodamente o liderato, pero que fai que os locais superen ao Sporting Zas na clasificación. O Fisterra si sumou o triunfo, con claridade, en Ara Solís, por 1-0 ante o Poboa, colocándose na oitava praza da clasificación e encarando a fase final do torneo coa permanencia asegurada. Na próxima xornada, partidos de de necesidades para Zas, ante o Unión, e Outes, que recibe ao Flavia, mentres que o Dumbría medirase en Ou Conco ao Cordeiro e o Fisterra visitará ao descendido Escravitude.  

Balón de osíxeno para o Soneira

Importante triunfo do Soneira ante a Sarriana, aínda que siga o zona de descenso por arrastres, pero o balón de osíxeno sexa importante, pese a que a permanencia siga estando moi cara e a seis puntos dos soneiranes. Tropezo inesperado do Sofán, derrotado pola mínima en Bertamiráns, outro dos equipos inmersos na zona de descenso por arrastres, un punto por encima do Soneira, mentres que o Xallas sumou un novo triunfo, nesta oprtundiad ante un incómodo Escairón, por 1-0 con gol do sempiterno capitán, Doro, que deixa aos xalleiros na sexta praza. Na próxima semana, saída incómoda do Xallas a Noia, ante o líder e case terceira división. O Soneira visitará justamente ao equipo que ocupa o primeiro descenso por arrastres, Mugardos, e onde os de Vimianzo buscarán un triunfo que cheire a salvación. O Sofán recibirá en Ou Carral ao colista Sada en busca de tres puntos que poden asegurarlle definitivamente a permanencia.  

Nantón-Lira e Ameixenda-Volantes, polo ascenso

En Terceira, con todo case decidido, quedaba por coñecerse o cuarto clasificado para o play-off polo ascenso, con Volantes e Cabana en pos desa praza, e ao final foron os de Muros os que lograron colocarse nesa fase, onde se medirán ao Ameixenda, segundo clasificado, e co factor campo na volta para os de Cee. Lira e Nantón farano na outra eliminatoria, onde non hai favorito, aínda que o factor campo estea ao lado liracho. Na última xornada, o Muxía festexou o ascenso derrotando ao Cabana con grandes apuros, mentres que o Camelle vencía con claridade ao Seaia e o Nantón cara ao propio cun Outes B ao que a tempada fíxoselle moi longa. O Castrelo pechaba a campaña arrincando un empate sufrido en Muros, ante o Volantes, e o Lira derrotaba ao Ameixenda por 2-1.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

A Pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios