Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Pipa: Punto e seguido

A Pipa: Punto e seguido
Ponteceso-San Lorenzo-Foto-SD Ponteceso O San Lorenzo conseguiu no Pinguel a 2ª praza e a Promoción a pesar da derrota-Foto-SD Ponteceso Finalizou o pasado fin de semana a competición de Liga en 1ª e 2ª Autonómicas, restando dúas xornadas en Preferente, e as fases de ascenso de fútbol base e autonómico. O final da competición trouxo consigo alegrías e decepcións, como é habitual logo das trinta e catro xornadas de competición, catro máis en preferente. As alegrías, sen dúbida, para o Dumbría, Baio, Muxía e Lira, os tres primeiros cos ascensos de categoría e os títulos de Liga, xa alcanzados antes do final do torneo. As decepcións, para os que, dunha ou outra forma, xa sexa de xeito directo ou por arrastres, perdan a categoría.

Liga da Costa

Co título decantado ao lado do Club Deportivo Baio, tras unha campaña excelente dos xogadores dirixidos por Pedro Gómez, a última xornada tiña as frontes abertas nos descensos por arrastres e a loita polo subcampeonato e a consiguiente clasificación para a promoción de ascenso. No máis alegre, o San Lorenzo de Verdillo alcanzou o que se lles negou noutras campañas, e é o alcanzar o subcampeonato e disputar a promoción de ascenso a Primeira Autonómica, da que estará moi pendente o Coristanco, pois deste ascenso depende o seu permanencia na Liga da Costa. Tiveron que sufrir os rojillos, pois perderon no terreo do Ponteceso, por 2-0, véndose beneficiados pola derrota do Corme en Castriz, por 1-0, e con penalti marrado polos azuis, que deixou fóra do subcampeonato aos cormeláns e non lle serviu do nada aos de Santa Comba que, perden a categoría de xeito sorprendente logo dunha primeira volta excelente e unha segunda para esquecer. Como xa comentamos, o Coristanco soubo gañar o seu compromiso ante o Mazaricos, en Piñeiro do Val, por 0-1, pero terá que apoiar e esperar a que o San Lorenzo alcance o ascenso para poder seguir na Liga da Costa, pois ocupa o posto de arrastre motivado polos descensos de Outes e Sporting Zas de Primeira Autonómica. Salvouse, moitísimo sacrificio e remontando o resultado o Buño, que venceu a un descendido Corcubión por 2-1, mentres que o pasou mal o Camariñas ante o Porteño, que chegou a colocar un amenazante 3-4 no marcador, e que daba cos locais nos postos de arrastre, pero o 4-4 final permitiu respirar aos xogadores do equipo presidido polo sempiterno Vicente Carril e asegurarse a súa presenza un ano máis na categoría. Os demais conxuntos, cos deberes feitos, tiveron unha xornada plácida, gozando de lograr os seus obxectivos e pensando nunha Copa que o mércores terá a ida dos dezaseisavos de final.

Preferente, todo case decidido

En Preferente, polo que respecta aos equipos da Costa, resolto o porvir de Xallas e Sofán, que a próxima campaña volverán repetir na categoría, de xeito máis que merecida e tras unha excelente tempada de ambos conxuntos, e con todos os merecimientos, o problema máis acuciante albérgao un Soneira que dixo adeus á permanencia absoluta, trala forte derrota encaixada ante o Estudiantil, e únicamente pode intentar saír do decenso directo, aínda que a permanencia sexa prácticamente unha quimera pensar en alcanzala. O descenso do Soneira, unido ao do Bertamiráns, por arrastres, si nas últimas xornadas non consegue saír da posición que ocupa actualmente, ten reflexo en Primeira, da que falaremos a continuación.

Adeus a 1ª do Zas e case do Outes

En Primeira, o Sporting Zas di adeus á categoría cun descenso cantado fai algunhas xornadas, e probablemente o acompañe un Outes ao que a derrota da pasada xornada cortoulle case todas as posibilidades de permanencia. Os da Serra poderían manter a categoría si logra o ascenso o Agolada e o Bertamiráns elude o descenso por arrastres. Calquera outra opción levaríalles a Segunda Autonómica, a pesar do excelente final de tempada realizado polos blanquinegros. Os outros conxuntos costeros alcanzaron os seus obxectivos. O Dumbría, co ascenso e título; o Fisterra, eludindo todo problema ao empatar na última xornada e conseguir o punto necesario para respirar e celebrar a súa estancia un ano máis en Primeira Autonómica.

Agora, a CopadaCosta e as Promocións

A partir desta semana, os equipos preparan a Copa da Costa e, o San Lorenzo e os conxuntos de base, as promociones de ascenso de categoría. Pero será unha nova historia contar a partir do próximo martes. A dos torneos da regularidad xa chegou ao seu fin. Morta a Liga, Viva a Copa!  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

A Pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios