Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Pipa: Resultados rechamantes e primeira destitución nos banquiños

A Pipa: Resultados rechamantes e primeira destitución nos banquiños
Así celebrou o Muxía a súa vitoria ao Baíñas A xornada deste fin de semana trouxo resultados rechamantes e interesantes en todas as categorías, destacando o gran triunfo do Muxía no terreo do Baiñas, por 0-2, así como a primeira vitoria na Liga do Dumbría, por un rotundo 4-0 sobre o Bertamiráns, mentres que en 3ª, sobresae a marcha do Castriz e o Castrelo, que este ano parece decidido a estar nos postos de cabeza desde o principio.

2ª Galicia

En 2ª Autonómica da Costa, o partido máis interesante, a priori, disputábase en Vimianzo, onde o Baiñas recibía a visita do Muxía, e os rojillos souberon sacar adiante o complicado compromiso derrotando ao once verde por 0-2, con dous tantos de Manu Nogueira no tramo final da confrontación, pois a falta de dez minutos o 0-0 campeaba no marcador. Os dous equipos respectáronse moito e as ocasións non foron moitas, ademais dos dous goles do encontro, sendo a mellor un lanzamento ao pau do Baiñas aínda co marcador a cero. Non cede o Mazaricos, que nun encontro case sen historia, goleaba ao Ameixenda por 8-0, choque que xa quedou visto para sentenza na primeira metade, co 6-0 para os amarelos. Na segunda parte, o partido baixou de ritmo, pero aínda así chegarían dous novos tantos locais, ata pechar o resultado final. Partido moi disputado e emocionante nas Pedreiras, en Verdillo, onde un tanto de Cristian Méndez, aos 88 minutos, supuxo a primeira vitoria en Liga para o Cerqueda e que os tres puntos escapásenselle a un San Lorenzo que apertou, e moito, na segunda metade, especialmente en accións a balón parado, pero o bo labor defensivo dos homes de Periscal fixo que o triunfo caese ao lado branco. En Malpica, os locais sumaron o triunfo sobre un Lira moi mermado polas baixas e que se presentou con 11 futbolistas. Desde o principio o Malpica foi dominador e xa antes da metade do tempo adiantouse no marcador. Na segunda parte, un novo tanto, este cerca do final, supuxo que os tres puntos en xogo quedásense no casillero local. Merecido triunfo do Monte Louro sobre o Sporting Zas, onde os locais estiveron mellor asentados sobre o terreo de xogo. Malia todo, o Zas puido adiantarse no marcador antes do descanso, pero o Monte Louro supor reaccionar bo, convertendo ao meta visitante no mellor home. Tralo 1-0, os pupilos de Oscar Leis defendéronse con orde, sobre todo tras quedarse o Zas con dez xogadores, e nos últimos minutos sufriron para manter o 1-0 final. O derbi muradán caeu, e de que xeito, do lado do Volantes de Baños, que endosou un rotundo 4-1 ao Muros. Tras un primeiro tempo moi igualado, cun tanto postrero dos locais, na segunda metade, o Volantes puxo o 3-0, recortado polo Muros e aumentado ao final polo once de Sil. É de lamentar as lesións de Saúl e Alex Siaba tras un choque entre ambos. Bo triunfo do Ponteceso en Buño, que deixa ao once blanquiazul sen sumar puntos tralas tres xornadas disputadas. Un gol de Luca, na primeira metade, e outro de Matías, a falta de seis minutos, supuxeron o triunfo dun Ponteceso superior sobre o terreo de xogo, e que lle permite estar no trío de cabeza xunto con Mazaricos e Corme. Pola súa banda, o Corme, cun tanto do seu goleador Alejo, sumou os tres puntos no seu complicado compromiso en Cee, ante un Unión que traballou de xeito abondo para contrarrestar o potencial visitante, pero ao que o tanto antes do primeiro cuarto de hora, déixolle sen puntuar. E máis cando, aos 63 minutos, o Cee quedou con dez homes, o que fixo máis sinxelo o traballo de contención visitante. Na próxima xornada, o líder, Mazaricos, renderá visita ao Sporting Zas, nun dos duelos importantes da xornada, mentres que os seus inmediatos perseguidores, Ponteceso e Corme, recibirán ao Cee, os primeiros, e no outro gran encontro da xornada, ao Baiñas os cormelanes. O Muxía será o anfitrión dun complicado Monte Louro, do mesmo xeito que o Cerqueda co Volantes de Baños. O Buño, con novo adestrador tralo cese de Torrila e a chegada de Chema Ribadulla, visita ao Muros. Duelo de necesidades en Carnota, coa visita do San Lorenzo ao Lira, mentres que o Malpica intentará seguir na boa liña sumando os tres puntos en Cee ante o Ameixenda.

3ª Galicia

Comeza moi forte o Castriz en Terceira, xunto co Castrelo, e ambos equipos encabezan unha clasificación, onde o Cabana, vencedor do derbi do Concello en Nantón, séguelles a un punto e cun encontro menos disputado, empatado a puntos xustamente co Nantón e o Camelle. Os de Santa Comba sufriron moito para derrotar a un bo Corcubión en San Pedro. Pese a que aos 16 minutos o marcador sinalaba un 2-0 para os locais, o tanto de Iago Lema abría a contenda, pero pouco despois marcaba diferenzas o Castriz. O gol final do Corcubión serviu para levar a emoción nos últimos lances do partido. Partido grande en Camariñas, onde o once local viu como, no minuto final da contenda, o Outes remontaba o 1-0 que campeaba no marcador desde o minuto 13 de xogo. No minuto 89, a vantaxe mantíñase, pero dous zarpazos dos blanquinegros outorgáronlle un importante triunfo ao Outes, trala derrota da pasada xornada. O derbi de Nantón terminou coa imbatibilidade local e o asentamiento do Cabana nos postos altos da clasificación. Os lcoales foron por detrás no marcador desde o minuto 13, e aínda que empataría Pastor, o gol no tramo final de Iván Mato deulle o importante triunfo aos aurinegros. Espectacular encontro en Coristanco, onde o Laxe arrincou un empate logo de ir gañando por 0-1 e 1-2 ante un once local que, na segunda metade, puxo cerco á meta branca, pero o bo labor do meta do Laxe, así como o traballo defensivo do conxunto, fixo que o choque finalizase co reparto de puntos. Gran comezo de campaña do Castrelo, que tralo seu triunfo na Serra referendouno vencendo ao Seaia no Municipal de Vimianzo por 1-0. O tanto de Maikol, na segunda metade, a falta de pouco máis de 20 minutos, supuxo a sufrida vitoria local e a terceira derrota dun Seaia que traballou moito pero que segue sen obter premio ao seu esforzo. O derbi camariñán no Rodeiro, o Camelle, que viu como o Porteño adiantábase no marcador aos 17 minutos, daba a volta ao tanteador cun gol en propia meta e un segundo, a falta de pouco máis dun cuarto de hora. No tramo final, os pupilos de Varela buscaron un empate que non chegaría. Na próxima xornada, os dous primeiros clasificados xogan lonxe dos seus afeccionados, nos terreos do Corcubión, onde chegará o Castrelo, e na Ponte do Porto, co Porteño-Castriz. Gran partido en Cabana, onde os locais medirase ao Coristanco, así como en Laxe, onde chega un Camelle que aspira a todo. A Malpìca irá o Camariñas, rendendo visita ao Sporting Seaia, desprazándose a Camariñas o Nantón, para ser visitante do As Baleas.

Preferente

Xornada negativa en Preferente, onde ningún dos representantes costeros logrou o triunfo na mesma, cun empate, en Sofán, e unha derrota, en Santa Comba. No Carral, o Sofán e o Dubra, nun choque tremendamente disputado, repartíronse os puntos. O partido estivo marcado polas decisións arbitrais, que terminaron desquiciando a ambos equipos, e cun expulsado no Sofán e dous no Dubra, ademais do adestrador visitante. O Dubra colocou o 0-1 no marcador, empatando pouco antes do final o Sofán ao transformar un penalti. Na Fontenla, un forte Noia soubo sacar adiante o compromiso ante o Xallas con dous goles antes do descanso e un terceiro trala reanudación, que puxo un amplo 0-3 no marcador final, pese a que os xalleiros puideron adiantarse no marcador aos tres minutos de xogo. Tras este resultado, Néstor Romero deixa o banquiño verde, trala reunión mantida coa directiva xalleira. Na próxima xornada, o Sofán renderá visita á Sarriana, segundo clasificado, mentres que o Xallas irá a Poboa do Caramiñal, para enfrontarse ao equipo local, sétimo na táboa.

1ª Galicia

En Primeira, gran triunfo do Baio sobre o líder Sigüeiro por 2-0 no Pratas Reinoso, que coloca aos blanquiazuis na terceira praza da clasificación xeral, a dous puntos dos seus rivais. Os dous tantos de MC deron un xusto triunfo ao Baio, a pesar do dominio visitante, pero as contras e o gran labor defensivo local foi suficiente para sumar os tres puntos en xogo. Gran partido do Dumbría no Conco, onde pasou por encima do Bertamiráns, ao que supera na clasificación. Os pupilos de Julián pronto puxeron o 2-0 no marcador, e na segunda metade, dous novos tantos de Yuyo, marcaron as diferenzas existentes sobre o terreo de xogo. A falta de acerto cara ao gol sentenciou á Esteirana en Praiña, onde os pupilos de Geno tiveron mellores ocasións, pero o tanto sería local e os tres puntos quedaríanse en terras santiaguesas. O choque foi moi igualado, decidíndose nun balón longo que aproveitaría o once local para conseguir o seu único tanto. Bo empate do Fisterra no seu desprazamento a Cordeiro, onde un tanto de Makaay de penalti deulle aos pupilos de Canosa a posibilidade de igualar un partido no que o Cordeiro adiantábase á media hora de xogo. Pese a todo, o Fisterra foi dominador e gozou de moitas ocasións de gol, pero en cambio sería o once local, tamén nun penalti, o que puido conseguir o triunfo, pero o meta Iván Bouzón realizou unha gran parada. Derrota do Soneira no seu desprazamento a terreo do Piloño, segundo clasificado, por 1-0, decantado nos primeiros minutos da segunda metade co tanto de Martín Taboada, pese a que os de Vimianzo tiveron as súas oportunidades, pero seguen estando desacertados á hora da finalización, o que lles condena en derrotas inesperadas e inmerecidas. Na próxima xornada, o Baio renderá visita ao Val do Ulla (5º); derby en Esteiro, coa visita do Dumbría; o Fisterra quere seguir na boa senda vencendo ao Unión (8º) en Ara Solís e o Soneira buscará revertir a situación no Municipal ante o Tordoia (4º).
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Todas as crónicas do Fútbol da Costa

Comentarios