Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A praia de Laxe acolleu a Concentración Galega de Pesca e Cásting

A praia de Laxe acolleu a Concentración Galega de Pesca e Cásting
Campionato de Pesca na Praia de Laxe-Foto-Oscar de Souto Campionato de Pesca na Praia de Laxe-Foto-Oscar de Souto Estaba deseñada para ir ata a Praia Langosteira de Fisterra. Pero finalmente a Concentración Autonómica convocada pola Federación Galega de Pesca e Cásting, celebrouse esta pasada fin de semana na praia de Laxe. A Bandeira Azul e a Q de Calidade e os servizos que garanten, seguro que son claves para estas eleccións, pois os bos pescadores da volta aseguran que outras zonas son tan boas ou mellores para a práctica como Carnota, Nemiña, as do Trece, Soesto, Traba, Razo… A verdade é que a Costa da Morte é toda unha potencia en materia de pesca deportiva, tanto de mar como de río. O caso é que ducias de pescadores de toda Galicia tiveron que botar as cañas para manter a máxima categoría. Só os 16 primeiros clasificados mantiveron a súa participación na Alta Competición,  o resto pasarán a competir no Autonómico. Son probas valedoras para o Campionato Galego, e estivo xente tan importante como a campiona do mundo, a coruñesa Sandra de la Fuente. Ata ás 0:00h estiveron pescando, cando rematou a segunda manga e tivo lugar a pesada. Falamos dun evento que supón un bo incentivo para a hostalería laxense, pois ademais desta data concreta, seguro que moitos volven cando saian pola súa conta. Campionato de Pesca na Praia de Laxe -Foto-Oscar de Souto Campionato de Pesca na Praia de Laxe -Foto-Oscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios