A presenza dos clubs de Mazaricos no libro "50 anos do Fútbol da Costa"
16:59 13/11/15
O sábado 14 de novembro, á 17,30 h da tarde, preséntase na Picota (Mazaricos) “50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)”, obra enciclopédica na que tamén os dous clubs fundados en Mazaricos teñen presenza desde o ano das súas respectivas fundacións. O técnico cultural Xesús Jurjo fará a presentación dos autores.
A primeira tempada do Mazaricos F.C.
O Mazaricos F.C., formado no Pino de Val, empezou a participar na Costa na temporada 1991-92 (2ª Rexional), rematando en 6º lugar, cousa meritoria para un club novato. O seu artilleiro Sanchiño foi o 4º na táboa de goleadores, con 23 goles en 26 partidos. Non tardou o Mazaricos F.C. en ser un equipo respectado, pois na temporada 92-93 rematou en 2º lugar da 2ª Rexional do seu grupo, por detrás do Fisterra. A segunda volta o duelo entre mazaricáns e fisterráns fora emocionante, e decidiuse no partido Mazaricos-Fisterra para os segundos, para o que se chegou a solicitar un delegado federativo. A defensa mazaricá era un fortín, pois só encaixou 19 goles en 28 partidos. Pero o primeiro éxito do Mazaricos veu na tempada 93-94, na que se proclamou campión da 2ª Rexional (grupo IV) tras unha emocionante pugna co CD Baio. O partido decisivo foi o do 23-1-94 no Platas Reinoso baiés, no que o Mazaricos, adestrado por Celso Villar, venceu po 0-1. Foi unha fazaña de moito mérito, pois os do Pino de Val tiñan un dos presupostos máis baixos da categoría. As crónicas falan dunha rexa defensa e dous eficientes goleadores (Moreno e Moro), que os levou a que só perdesen un partido en toda a temporada. A directiva presidida por Jaime Esperante, con certas dúbidas, aceptaría a ascender á 1ª Rexional.O Rayo San Xirol, o outro equipo do concello
O club da Pena do Ouro descendería á tempada seguinte e manteríase na 2ª Rexional ata a 98-99, na que descendeu á 3ª Rexional por arrastres doutros equipos. Ó se proclamar campión desta categoría na tempada 2000-01, ascendería de novo á 2ª. Nesta tempada tivera como rival directo un novo equipo mazaricán, o Rayo San Xirol, que con só catro puntos foi propietario indiscutible do famoso farol vermello costeiro, cousa que non lles importou ós animosos directivos e xogadores, pois o equipo seguiu competindo ata a súa desaparición no ano 2006. Entre as múltiples anécdotas do seu periplo, dicir que foi protagonista do programa “O rei da comedia” da TVG. Entre os xogadores de maior proxección exterior da Costa figura o mazaricán Miguel Filgueira, que militou na 2ª División española nas filas do Levante de Valencia. Hoxe é o adestrador do At. Arteixo, da Preferente.- X.Mª Lema / X. Mª Rei Lema.
Novas relacionadas
- Sermos repasa os 50 anos do Fútbol da Costa co libro de Chema Rei e Lema Suárez.
- “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Héctor Pose: Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).