Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Previa: chega a promoción de 3ª

A Previa: chega a promoción de 3ª
Xa temos aquí unha fin de semana marcada polo inicio da promoción de ascenso á Liga da Costa. Será o domingo, en horario matinal se ninguén o remedia no Camelle - Ameixenda, e pola tarde no Porteño - Cabana. Dous partidazos a pouca distancia pelexando por un premio moi apetecible. Analizamos de seguido ambos encontros. Nas outras categorías, o foco de atención estará na Preferente no Conco, con ese Dumbría - Betanzos vital para os da casa, e en 1ª nos partidos de San Lorenzo, Baio e sobre todo ese Tordoia - Fisterra, que se antolla decisivo para todos os equipos costeiros inmersos na loita pola salvación. Na 2ª Galicia, o líder viaxa a Camariñas nun partido a cara de can na loita polo título e o descenso, A mesma loita témola no apaixoante Mazaricos - Outes, e o sempre atraínte derbi Corme - Ponteceso. O Baíñas, á expectativa, visitará sábado ó Cerqueda. Na loita pola salvación son importantes ese Cee - Zas e o importantísimo Coristanco - Malpica, onde un dos dous pode firmar a saída da queima definitiva. No Muxía - Buño e no Monte Louro - Lira, os visitantes buscan tamén escapar de unha vez por todas dos últimos postos. PORTEÑO - CABANA Os da Ponte do Porto, que veñen de menos a máis, son un rival temible agora mesmo. Rematan a liga en excelente forma, con 4 vitorias en 5 partidos, e a pesar de ser o 6º clasificado, a forza que demostran na Grixa, e a recuperación de homes chave, fan del un equipo a ter moi en conta para o ascenso. Os veteranos Manu Castiñeiras, Cousillas, ou Wii, están ben acompañados por Pejo na defensa, regresado do Baíñas a media liga, ou o prometedor Rachón na zona ofensiva. Foron o segundo equipo máis realizador despois do Volantes de Baño, o que indica o seu potencial, sobre todo como locais. Os seus máximos goleadores foron Rachón, Pejo e Wii con 8 tantos. O defensa Manu  coméntanos que " a eliminatoria está moi igualada, nos temos a vantaxe do que representa a Grixa na ida. Eles son un equipo moi xoven que andan moi ben fisicamente". Unha alineación probable para domingo que pode presentar o Porteño sería a formada por: Jimy - Oli, Pejo, Caamaño, Manu - Espi, Cousillas, Vicente - Rachón, Porto e Chavín. Pola súa parte o Cabana, que coqueteou todo o ano co ascenso directo, ten a vantaxe campo nas dúas eliminatorias por ocupar o 3º posto na clasificación. Os seus partidos foron habitualmente moi igualados, tanto cos equipos de arriba como cos de abaixo. Sete das súas oito derrotas en liga foron a domicilio, asignatura pendente dos de Mingui. Tamén conta cunha nómina de veteranos incombustibles, caso de Fernando, Fariña ou Manolo do Cruceiro, pero rodéanse de rapaces novos da canteira, e coa incorporación de Cachadiña do Dumbría a metade de tempada, teñen unha liña ofensiva moi dinámica e perigosa. Os seus goleadores en liga foron Pablo Pose con 8 e Cristian con 5. Para o primeiro partido o adestrador Mingui ten as baixas de Fariña e Raúl por lesión e Reigía por traballo, e non poderá contar con José Angel, que se recupera dun accidente de tráfico. Mingui dinos que "debemos adaptarnos á herba natural da Grixa, e á presión ambiental. O Porteño fai moitas ocasións a balón parado e debemos estar moi acertados en ambas areas". A alineación máis probable é a formada por: Víctor, Fernando, Mateo, Duda, Isma - Diego, Manolo, Cachadiña, Laik- Cristian e Pablo Pose O Cabana venceu nos dous partidos directos, por 0-1 na Grixa e 2-1 en Cabana. CAMELLE - AMEIXENDA Tremenda a eliminatoria que nos ocupa, que xa empeza con polémica polo horario escollido polo Camelle para o partido de ida. O Camelle acabou 5 nun final de liga con tres derrotas en cinco partidos que lle fixo baixar dous postos e perder a vantaxe campo para ambas eliminatorias. O equipo apoiase como anos atrás no goleador Barreiro e o medio de calidade Miguel Riveiro. O arteixán é o motor dos do Rodeiro. O conxunto de Pupus faise forte no seu feudo, onde só levaron puntos este ano Nantón e Muros. Os máximos goleadores foron Barreiro con 15 tantos e Méndez con 6 dianas. O adestrador do Camelle Pupus coméntanos que "espero que o equipo sexa competitivo como o fomos ata o de agora, e intentaremos poñerllo difícil a un gran equipo como é o Ameixenda" O equipo está ó completo, polo que poderá presentar o seu once de gala que pode estar formado por David Caamaño - Sergio, Carlos de Dido, Pablo, Rodrigoe - Mario, Tedín, Alvaro Lema, Miguel Riveiro - Méndez e Barreiro O Ameixenda do mítico Manolín é un dos equipos máis atractivos, pola proposta de fútbol, da categoría. A pesar de ter algún bache no medio da tempada, o seu gran final situounos cuartos, e coas opcións de ascenso intactas. O equipo conta con xogadores de gran calidade, como Alex, Chucho, Piquero, Nes, Castreje e sobre todo o gran goleador Cristian, nunha forma incrible nas últimas semanas. Foi o pichichi destacadísimo da categoría con 21 tantos, e un dos mellores xogadores da liga sen dúbida. O míster Manolín ten moitas dúbidas no once posible para disputar o encontro, pero é posible que non difiera moito do formado por Papi, Bichiño, Oca, Alex, Samu -  Chucho, Piquero, Bruno - Castreje, Cristian, Nes Nos partidos ligueiros entre ambos equipos, o Ameixenda ganou ó Camelle 1-0 en Cee, e no Rodeiro venceu o Camelle por 4-0

Comentarios