Venres. 19.04.2024
El tiempo

A previa da xornada

A previa da xornada
Non hai excusa para quedar na casa esta fin de semana, coa manchea de grandes partidos que hai espallados pola nosa xeografía futbolística. Varios derbis, encontros que xa empezan a ser importantes polos puntos en xogo, e puntos de inexcusable atención os que nos esperan sábado e domingo, tanto en fútbol senior como en base. A Esteirana pode ser a gra beneficiada da xornada, se consigue vencer o seu encontro   En Preferente Norte, os nosos tres representantes viaxan a terras lonxanas. O Xallas tentará de reafirmar as boas sensacións en Lugo ante un rival directo, o Residencia. O Dumbría busca romper a súa mala xeira nun difícil campo dun grande vido a menos, o Viveiro. O Sofán pola súa parte visita ó líder Paiosaco, nun encontro que está a levantar moita expectación, e que a bo seguro rexistrará un cheo nas gradas. En 1ª Galicia, o derbi Baio - Fisterra centra a atención da xornada. Chegan ambos equipos separados únicamente por un punto, na zona baixa da clasificación, e os puntos en xogo parecen vitais para os dous conxuntos. O Baio ven de caer en Cordeiro, e o Fisterra do estreno de Noé no banco con vitoria ante o Tordoia. O Soneira viaxa a Tordoia en xornada sabatina a tentar pescar na casa do colista, que non será nada fácil. Os de Tordoia dispoñen de novo adestrador, o carballés Barca, ex do Puenteceso. O San Lorenzo pola súa parte ten un rival difícil no Bertamiráns, e un campo incómodo polas dimensións e o tipo de fútbol que alí se soe ver. Na Liga da Costa un partido chama a atención por enriba dos outros: ese Corme - Mazaricos que medirá as posibilidades de ambos equipos de cara ó título de liga. Os dous chegan en bo momento, e o Cairo a bo seguro que vivirá unha desas xornadas que tanto nos gustan. Será o Corme o primeiro que derrote ó Mazaricos?. Outro derbi de máximo interese é o Puenteceso - Cerqueda, apaixoante pola rivalidade que teñen ambos equipos e por ver se os locais son capaces de seguir a estela do líder. Non lle vai á zaga o Baíñas - Muxía, por cercanía e posicións na tabla, clarificará moito para ambos equipos. Como vemos, tres encontros da máxima, que non nos podemos perder. Se queres ver todos os partidos e horarios, en www.futboldacosta.com. O Volantes busca manter o liderato no Sampaio de Refoxos En 3ª Galicia, a cita está en Cee, en ese Ameixenda - Volantes que se presenta de infarto. Dous clásicos nos banquiños, Sil e Manolín, sacarán toda a súa sapiencia para derrotar ó rival. O Cabana - Laxe, derbi histórico onde os haxa, non lle vai á zaga, pois os de Cabana teñen que repoñerse o tropezo en Outes e o Laxe seguir ascendendo na clasificación. O Porteño - Castriz é outro dos partidos de máximo interese, por ver se ambos equipos non se descolgan da zona noble. Hai para elixir, e o luns sorteo de Copa. Que mais queremos?

Comentarios