Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A previa da xornada: Corme - Muxía, partido de altura

A previa da xornada: Corme - Muxía, partido de altura
Nova fin de semana de fútbol costeiro, que se presenta intensa coma case todas. Infórmate dos horarios en www.futboldacosta.com, e ahí mesmo poderás seguir o carrusel de resultados costeiros ó minuto. En Preferente Norte, un necesitado Xallas recibe ó At. Arteixo en Fontenla. O Dumbría tentará prolongar a xeira no Conco ante o potentísimo Lugo B, e a S.D.Sofán en xornada matinal do domingo recibe o Agrupación Estudiantil da Estrada. En 1ª Galicia, viaxes para todos excepto para o Baio, que recibe no Platas Reinoso a todo un Lalín. O San Lorenzo vai a un complicado campo, o do Silleda, buscando a primeira vitoria. O Fisterra en Chaian, e o Soneira en Rianxo tentarán traer os puntos para a costa para non desengancharse das zonas altas. Un Corme campión. Repetirase a historia este ano? Na Liga da Costa, dous encontros chaman a atención: o encontro do lider en Cerqueda ante o rocoso equipo local, e o que enfronta a Corme e Muxía, un favorito e unha revelación, no Cairo. Puenteceso e Esteirana teñen partidos complicados contra Camariñas e Zas respectivamente, e temos tamén un interesante Lira - Buño que poñerá a proba as novas incorporacións lirachas. En 3ª Galicia, cada xornada é unha incógnita. Partidazo e derbi é o Cabana - Nantón. Non lle van á zaga o Porteño - Ameixenda, e o Corcubión - Volantes, e será interesante ver o nivel do Muros no seu enfrontamento co Laxe. Hai citas de interese en todas as categorías, non deixedes de acudir ós campos de fútbol¡ Como partido da xornada escollemos o Corme - Muxía. No Cairo veremos a un dos aspirántes claros ó título, o Corme, ante unha das revelacións, o Muxía. O Corme non pillou todavía a velocidade de cruceiro, e parece que está a notar duas sensibles baixas con respecto á tempada pasada, as de Brais Corral e Alejo. Calquera equipo as notaría, sen dúbida. Pero está claro que a presencia de xogadores como Sueiro, Lucas, Doldán, Toniño, xunto coas aportacións da nova fornada de xuvenis como Eloy, Samu ou Manu fan dos azuis un rival temible, mais na súa casa. E do Muxía fálanos o seu adestrador, Adrián Lema. O Muxía ven de ganar ó Cee con claridade QPC - Que Corme esperas o domingo no Cairo? O Corme é un equipo que lle gusta competir e que ten xogadores de moita calidade. No seu campo é moi difícil puntuar. Espero un Corme que vai a sair a polos tres puntos, coma sempre. QPC - Dende o lado muxián como se ve este partido? Pola semana dedicámonos a preparar as nosas armas, e intentaremos poñelas en práctica o domingo, sin mais alardes. QPC - Esperabas este bo arranque dos teus rapaces? Somos novatos na categoría, era unha prioridade para nos empezar ben. Teño total confianza nos rapaces e creo que podemos facer un bo papel. QPC - Cales son os vosos puntos fortes? Sen dúbida o grupo humano e as ganas de facelo ben QPC - Cal é o obxectivo do Muxía este ano? Puntuar cada partido e intertar estar o mais arriba posible, para non pasar apuros. Somos novos na categoría e nótase, temos ganas de facer ben as cousas.

Comentarios