Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A previa da xornada

A previa da xornada
Estamos xa en portas dunha nova xornada de liga, coa mirada posta en dous factores extraños: o cambio de hora de sábado tan proclive a despistes nos horarios dos encontros, e a xornada en día festivo de Preferente e liga xuvenil. Será para algúns equipos unha semana Champions, con 3 partidos en 7 días. A Esteirana continuará a persecución do liderato Os equipos de Preferente teñen que pillar autobús esta semana: o Sofán viaxa ó campo do dificilísimo filial do Lugo a tentar dar a sorpresa e traerse puntos para a casa, o Xallas quere comenzar a remontada despois dunha semana convulsa en Boimorto, e o Dumbría padecerá múltiples baixas para afrontar un difícil encontro no incómodo campo do Residencia de Lugo. En 1ª Galicia o que viaxa é o Baio a terras santiaguesas para enfrontar ó lider da competición, o Bastavales. Os outros tres representantes teñen partidos en terras costeiras: o San Lorenzo recibe ó Union de Rianxo co obxectivo de darlle continuidade á vitoria conquerida en Silleda. O Soneira terá no Chaián un rival duro pero asequible, e o Fisterra pelexará co potente Flavia para facerse forte no Ara Solis. O Camelle pretende facerse forte no Rodeiro Na Liga da Costa, coma sempre, partidos interesantísimos. O lider Mazaricos recibe ó perigoso Buño. O Puenteceso viaxa ó difícil campo do Coristanco, e a Esteirana recibe a un Baiñas que estrenará novo técnico e nova motivación. Outros puntos de interés estarán en ver se o Zas inicia a súa remontada en Camariñas, ou o que sae do apaixoante Muxía - Outes. Na 3ª Galicia, máis do mesmo. O Cabana defende o liderato en Cee ante o Ameixenda. En Muros o Volantes e Porteño seguro que darán espectáculo, e en Castriz o Muros pretenderá seguir coa súa xeira. O Camelle - Seaia ben seguro que atraerá bo número de siareiros e haberá un bo partido no Rodeiro.

Comentarios